Stoner rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stoner rock
Orixes do estilo: rock psicodélico, hard rock, doom metal, blues-rock
Orixes culturais: Principios dos 70 en Inglaterra
Instrumentos típicos: Guitarra, baixo, batería, teclados.
Popularidade: Moita popularidade entre os aficionados introducidos ao Rock, sobre todo nos anos 90.

Stoner rock (tamén stoner metal) é un termo empregado para describir un subxénero do rock que se caracteríza por ter riffs de guitarra graves e lentos. Con grande influencia do rock psicodélico de principios dos anos setenta. Está conectado co rock alternativo.

Historia[editar | editar a fonte]

Folla da mariguana

As veces confundido co sludge metal (ambos termos se intercambian frecuentemente debido ás súas similitudes), o stoner rock, frecuentemente chamado desert rock (expresión creada polos pioneiros no estilo, Kyuss), ou bong rock polas referencias obvias ao consumo de THC, caracterizase polo sonido duro, pesado e afinado en escalas baixas dos instrumentos empregados neste estilo, que provén do hard rock dos anos '65 - '73, sendo as súas influencias Jimi Hendrix, Blue Cheer, Mountain, Free, Nazareth ou Cream. O termo stoner rock provén da verba inglesa stoner, que en galego significa o que fuma mariguana. O uso da mariguana se ven asociando ao stoner rock. Isto se debe a que moitas das composicións dentro de este estilo se crearon baixo a influencia desta droga psicodélica. Con todo, non tódolos grupos de stoner rock teñen que ser considerados consumidores desta substancia, e viceversa, xa que, por exemplo, Pantera incluía imaxes da planta do cannabis nas camisetas das súas xiras, sendo este un grupo de thrash metal.

O stoner rock orixinouse en EE.UU. a principios dos ‘90, especialmente na cidade de Palm Springs, California. Os californianos Kyuss son considerados os inventores do xénero, aínda que bandas como Masters of Reality e Yawning Man xa experimentaran antes con riffs dos ‘70. Para algúns Kyuss é a única banda netamente stoner, ainda que eles o neguen.

Con todo é un estilo emparentado co grunge, pero non co grunge depresivo e estereotipado, senón con bandas máis oscuras como os primeiros Soundgarden, Mudhoney ou Alice In Chains. Hoxe en día existen bandas cunha gran dose de rock clásico, como foi Black Sabbath, con toques de psicodelia e incluso punk e pop. Todos se substentan en riffs intensos e no son dos grandes do rock clásico dos ‘70. O grupo máis famoso stoner rock actualmente é Queens Of The Stone Age, aínda que ultimamente se están afastando das súas raíces. Tamén podemos citar a Monster Magnet ou Fu Manchu. Porén, o xénero foise devaluando co paso do tempo, especialmente co fin da década dos '90.

Rock desértico[editar | editar a fonte]

O stoner rock está moi unido ao rock desértico, ou desert rock, un termo, máis que un xénero musical, co que se asocia, principalmente, ás bandas da escea musical de Palm Desert, California. O seu son se basa nunha importante influencia de música latina, ritmos de percusión repetitivos e elementos de psicodelia.

O termo foi previamente aplicado, nos anos 80, a un tipo de punk psicodélico con influencias de country, que xeralmente evocaban a zonas desérticas, caracterizado por pasaxes instrumentais e letras que fablaban de xente marxinal. Esta xeración de desert rockers estaba centrada na área de Arizona, particularmente en Tucson, a pesares de que moitas bandas tiñan fortes lazos de unión coa escea musical de California, trasladárose moitas de elas a cidaes coma Los Angeles.

Grupos de Stoner Rock[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Desert rock

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]