Deathcore
Aparencia
Deathcore | |
---|---|
Orixe musical | Death metal, hardcore punk, metalcore |
Orixe cultural | Comezos dos anos 2000 en Norteamérica |
Instrumentos típicos | Voz, guitarra eléctrica, baixo, batería |
O deathcore é un xénero de fusión que combina as características do death metal e do metalcore.[1][2][3][4] O xénero fai uso dos riffs e blast beats típicos no death metal, así como os breakdowns máis habituais no metalcore,[5][6] mentres que as vocalizacións máis comúns son as voces guturais e gritos en tons graves.[5][7] Aínda que hai precursores do concepto do death metal fusionado con elementos metalcore/hardcore nos anos 90, o propio deathcore xurdiu a principios da década de 2000 e gañou a súa maior popularidade no suroeste dos Estados Unidos, especialmente nas zonas de Arizona e no interior do sur de California. Algúns dos grupos con máis éxito deste xénero son Carnifex,[7] Despised Icon,[4] Suicide Silence[8] e Whitechapel.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Henderson, Alex. "Desolation of Eden". AllMusic. Consultado o 26 de xuño de 2015.
- ↑ Rivadavia, Eduardo. "Heaven Shall Burn". AllMusic. Consultado o 25 de marzo de 2011.
- ↑ Henderson, Alex. "Burning Skies". AllMusic. Consultado o 25 de marzo de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 Gorania, Jay H. "Despised Icon - 'Day Of Mourning'". About.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 Lee, Cosmo. "Job for a Cowboy - Doom". AllMusic. Consultado o 25 de marzo de 2011.
- ↑ Marsicano, Dan. "Rose Funeral - 'The Resting Sonata'". About.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2011.
- ↑ 7,0 7,1 "CD Review: CARNIFEX Until I Feel Nothing". Metal Injection. 27 de outubro de 2011.
- ↑ True, Chris. "Suicide Silence". Allmusic. Consultado o 6 de abril de 2009.
- ↑ Monger, James. "This Is Exile – Whitechapel". Allmusic. Consultado o 1 de maio de 2015.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |