Saltar ao contido

Folk metal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folk metal
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
Localización
Identificadores
Freebase/m/0jrgr Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O folk metal é un xénero de fusión do heavy metal e a música folk tradicional xurdido en Europa nos anos 1990. A música deste xénero caracterízase pola mestura de diversos estilos de heavy metal coa música folk, sendo habitual o uso de instrumentos folclóricos xunto aos tradicionais do heavy metal,[1] en ocasións incluíndo estilos de canto tradicionais.[2] Algúns grupos tamén empregan teclados para simular o son dos instrumentos tradicionais.[3][4] As letras das cancións neste xénero adoitan tratar sobre temas como a fantasía,[5][6][7] mitoloxía,[8][9] paganismo,[10] historia[8][9] e natureza.[1]

Considérase aos grupos Skyclad, Moonspell e Amorphis como os pioneiros deste xénero.[11][12][13][14] A mediados dos anos 1990 outros grupos comezaron a xurdir en diversas zonas de Europa, como por exemplo os irlandeses Cruachan e os alemáns Subway to Sally, cada un deles encabezando as variacións de estilo que serían denominadas celtic metal e medieval metal respectivamente.[15][16] Malia as contribucións destes primeiros grupos, non foi ata comezos dos anos 2000 que o xénero acadou unha gran popularidade, particularmente en Finlandia con grupos como Finntroll,[17] Ensiferum,[18] Korpiklaani,[19] Turisas[20] e Moonsorrow.[21]

  1. 1 2 Bowar, Chad. "Folk Metal Artists". About.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2008.
  2. Lehtinen, Arto. "Interview with Jonne Järvelä of Korpiklaani". Metal-rules.com. Consultado o 15 de marzo de 2008.
  3. Bush, John. "AMG Skyclad". AllMusic. Consultado o 10 de marzo de 2008.
  4. Sharpe-Young, Garry. "Tuatha de Danann". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 13 de decembro de 2008.
  5. Dujardin, Audrey. "Interview with Markus Toivonen and Petri Lindroos of Ensiferum". Tartareandesire.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2007. Consultado o 20 de marzo de 2008.
  6. Fisher, Mark. "Interview with Carmen Espanæs of Midnattsol". Musicaldiscoveries.com. Consultado o 13 de marzo de 2008.
  7. Stefanis, John. "Interview with Keith Fay of Cruachan". Getreadytorock.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2008. Consultado o 20 de febreiro de 2008.
  8. 1 2 Bolther, Giancarlo. "Interview with Keith Fay of Cruachan". Rock-impressions.com. Consultado o 10 de marzo de 2008.
  9. 1 2 Dieters, Frank. "Interview with Chrigel Glanzmann of Eluveitie". Lordsofmetal.nl. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2008.
  10. Sharpe-Young, Garry. "Skyclad". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 13 de decembro de 2008.
  11. Boylin, Alex. "Skyclad Biography". Metalstorm.ee. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008.
  12. O'Neill, Wade. "Skyclad". Metaleater.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008.
  13. Bowar, Chad. "Under Satanae Review". About.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2008.
  14. Begrand, Adrien. "Far From the Sun Review". PopMatters. Consultado o 10 de marzo de 2008.
  15. Rivadavia, Eduardo. "Cruachan". AllMusic. Consultado o 10 de marzo de 2008.
  16. von Viereck, Matthias (12 de novembro de 2007). "Modern Minstrels: Medieval Rock on the Rise". Goethe-Institut. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008.
  17. Sharpe-Young, Garry. "Finntroll". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2009. Consultado o 2008-12-13.
  18. Rivadavia, Eduardo. "AMG Ensiferum". AllMusic. Consultado o 16 de marzo de 2008.
  19. Sharpe-Young, Garry. "Korpiklaani". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2009. Consultado o 13 de decembro de 2008.
  20. Deming, Mark. "AMG Turisas". AllMusic. Consultado o 2008-03-16.
  21. Rivadavia, Eduardo. "AMG Moonsorrow". AllMusic. Consultado o 16 de marzo de 2008.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.