Dozer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dozer
OrixeBorlänge, Suecia
Período1995 - presente
Xénero(s)stoner rock, stoner metal
Selo(s) discográfico(s)MeteorCity, Man's Ruin Records, Molten Universe, Small Stone Records
MembrosFredrik Nordin
Tommi Holappa
Johan Rockner
Olle Mårthans
Antigos membrosErik Bäckwall
Daniel Lidén
Artistas relacionadosUnida, Greenleaf, Demon Cleaner
Na rede
http://www.dozermusic.com/
Facebook: 520384321330341 Instagram: dozer_band MySpace: dozerrock Spotify: 57VFYrmiB0eCM2qXZmV96N Last fm: Dozer Musicbrainz: 340cbd2f-a20d-4b99-86d2-1621e8f2d828 Songkick: 522930 Discogs: 454893 Allmusic: mn0000206257 Editar o valor em Wikidata

Dozer é unha banda de stoner rock sueca procedente da cidade de Borlänge e fundada no ano 1995.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Despois da súa fundación en 1995, Dozer comezou a tocar en centros xuvenís locais e a actuar de abreconcertos dalgúns grupos que pasaban pola súa cidade natal. En 1998 a banda gravou un EP compartido co grupo estadounidense Unida. O EP foi orixinalmente editado polo selo MeteorCity e foi reeditado en 2005.

Chegada ao éxito[editar | editar a fonte]

Intentando asegurar un contrato discográfico enviaron unha cinta demo a Man's Ruin Records, un selo moi influente na escena do stoner rock da época. Frank Kozik, o dono de Man's Ruin, quedou realente impresionado e a banda rapidamente gravou un álbum. No ano 2000 Dozer publicou o seu álbum de estrea, In The Tail of a Comet, que foi gravado por só 500 dólares. O seu segundo traballo, Madre De Dios, foi publicado a través de Man's Ruin en 2001, xunto cunha versión en vinilo lanzada por Molten Universe. Man's Ruin Records botaría o peche pouco despois desa edición.

Para o seu terceiro disco o grupo traballou co produtor sueco Chips Kiesbye, coñecido polo seu traballo con bandas como The Hellacopters. Call It Conspiracy apareceu no ano 2003 a través do selo local Molten Universe e foi ben recibido polos medios. Pouco despois do lanzamento do álbum Erik Bäckwall deixou o grupo e foi substituído por Karl Daniel Lidén de Demon Cleaner. nese tempo Dozer tamén rodou un vídeo para o sinxelo "Rising".

Tempos recentes[editar | editar a fonte]

En 2005 Dozer gravou o seu cuarto álbum, Through The Eyes Of Heathens, nos Seawolf Studios en Helsinqui. O disco foi publicado a través de Small Stone Records, selo co que a banda asinara anteriormente ese mesmo ano. O álbum inclúe o tema "Until Man Exists No More" que conta coas voces de Troy Sanders de Mastodon. A comezos de 2006 Lidén deixou a banda e foi substituído por Olle Mårthans.

Dozer publicou o seu quinto álbum, Beyond Colossal, a finais do ano 2008, ao que lle seguiu unha pequena xira por Europa. Dozer adoita saír de xira frecuentemente e ten realizados máis de 300 concertos xunto con bandas como Mastodon, Rollins Band, Hellacopters, Spiritual Beggars, Clutch, Unida, Zeke, Nebula ou Entombed.

En novembro de 2009 Dozer tocou o que, segundo o seu guitarrista Tommi Holappa, podería ter sido o seu derradeiro concerto. A banda entrou nun hiato indefinido debido a que o vocalista Fredrik Norden regresou aos seus estudos, continuando o resto dos membros traballando cos seus proxectos paralelos. O 21 de novembro de 2012 a banda anunciou a través da súa web a súa volta á actividade.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
In the Tail of a Comet 2000 Man's Ruin Records
Madre de Dios 2001 Man's Ruin Records
Call It Conspiracy 2003 Molten Universe
Through the Eyes of Heathens 2006 Small Stone Records
Beyond Colossal 2008 Small Stone Records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]