Latin metal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Latin metal
Orixe musicalHeavy metal, música latina
Orixe culturalFinais dos anos 1970 en Latinoamérica
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería, voz, percusión latina

O latin metal é unha denominación dentro do heavy metal atribuída a aqueles grupos que teñen unha orixe, influencias ou instrumentacións adaptadas dende a música latina, como por exemplo a inclusión de voces en español, instrumetos de percusión latina e ritmos adaptados dente outros xéneros como a salsa. A súa orixe remóntase aos anos 1970 e 1980 en países de Latinoamérica grazas a cada vez maior influencia e popularidade mundial do heavy metal e do rock da época.[1] Nos Estados Unidos comezou a destacar comercialmente a partir dos anos 1990, con diversos selos discográficos buscando beneficiarse da medrante popularidade do pop latino,[2] coma por exemplo na compilación Metalo do selo Grita! Records, que incluíu temas de Ill Niño e Puya entre outros.[3]

Grupos como Sepultura e Soulfly adoitan citarse como predecesores deste estilo.[4] Ill Niño é probablemente o expoñente máis coñecido do xénero, ao acadar certo éxito comercial cos seus dous primeiros álbums e obter unha forte difusión radiofónica en diversas zonas dos Estados Unidos, coma por exemplo na área de San Antonio.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wallach, Jeremy; Berger, Harris M.; Greene, Paul D. (2011). Metal Rules the Globe: Heavy Metal Music Around the World (en inglés). Duke University Press. p. 44. ISBN 9780822347330. 
  2. Burr, Ramiro (24 de xuño de 2000). "Are You Ready to Rock Pesado? Latinos Struggle to Prove their Metal". Billboard 112 (26): 52–54. ISSN 0006-2510. 
  3. MTV news staff (25 de xuño de 1999). "Puya, Armored Saint Lead Latin Metal Surge On Metalo". MTV. Consultado o 11 de agosto de 2009. 
  4. Peiken, Matt (31 de xullo de 2001). "Bang Your Head: Latin Metal is Next 'Revolucion'". Sun Herald. Consultado o 11 de agosto de 2009. 
  5. Burr, Ramiro (30 de novembro de 2003). "Latin Notes: Ill Nino's confessional Latin metal band rages about missing fathers, betrayals, and loving and hating". San Antonio Express-News. p. J.8. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.