Metal sinfónico
Metal sinfónico | |
---|---|
Orixe musical | gothic metal, power metal, música clásica |
Orixe cultural | Comezos e mediados dos anos 1990 en Escandinavia e os Países Baixos |
Instrumentos típicos | guitarra eléctrica, baixo, teclado, piano, batería, violín, violoncello, voz |
O metal sinfónico é un subxénero do heavy metal que combina as súas características con diversos elementos da música clásica, como por exemplo instrumentos sinfónicos e coros. Os teclados típicos do power metal tamén adoitan estar presentes neste xénero. Os grupos de metal sinfónico teñen habitualmente vocalistas femininas adestradas no canto, o que deu lugar ao alcume opera metal, e tamén é común que estes grupos inclúan un segundo vocalista, habitualmente masculino, cantando con voz gutural, característica máis típica do gothic metal.[1][2]
Os grupos máis prominentes deste xénero son os fineses Nightwish,[3] os suecos Therion[4] e os neerlandeses Epica.[5][6] Moitos outros grupos deste xénero acadaron unha gran popularidade a comezos e mediados dos anos 2000, como por exemplo After Forever,[7] Delain,[8] Leaves' Eyes,[9] Xandria[10] e Edenbridge.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Symphonic Metal". Nuclear Blast. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015.
- ↑ Bakr, NJ. "Symphonic Metal (Part One)". Rock Era Magazine. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015.
- ↑ Bowar, Chad. "Highest Hopes review". About.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2008.
- ↑ Jurek, Thom. "Gothic Kabbalah review". Allmusic. Consultado o 25 de xullo de 2007.
- ↑ Campbell, Dave (1 de maio de 2014). "Epica - The Quantum Enigma". metal-temple.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2015.
- ↑ "Epica - The Quantum Enigma review". Metal Storm. 2 de maio de 2014.
- ↑ "After Forever". Metal Storm. Consultado o 1 de decembro de 2015.
- ↑ Hartmann, Graham (2 de decembro de 2014). "Delain Bassist Otto Schimmelpenninck Suffers Ruptured Testicle Onstage". Loudwire.
- ↑ "LEAVES' EYES Signs With AFM RECORDS". Blabbermouth.net. 19 de marzo de 2015.
- ↑ "Manuela Kraller Departs Xandria, Ex Libris Vocalist To Replace". Metal Underground. 25 de outubro de 2015.
- ↑ "EDENBRIDGE: 'The Bonding' Trailer Released". Blabbermouth.net. 17 de xuño de 2013.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |