Saltar ao contido

Groove metal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Groove metal
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Influído por
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/06bpt_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O groove metal (tamén coñecido como post-thrash ou neo-thrash) é un subxénero da música heavy metal. Os xornalistas musicais e seareiros usan o termo para definir a bandas como Pantera,[1] Exhorder e Machine Head.[2] O groove metal colle a intensidade e cualidades sónicas do thrash metal e interprétaas a tempos medios, coa meirande parte das bandas facendo só ocasionais incursións cara tempos rápidos.[3]

Características e orixe

[editar | editar a fonte]
Membros de Pantera

Pantera's O álbum Cowboys from Hell (1990) de Pantera foi descrito como "innovador" e "definidor dos planos" para o xénero groove metal.[4] A banda King's X foi chamada a proxenitora do xénero e o seu álbum de estrea de 1988 Out of the Silent Planet adoita a ser citado como unha das maiores influencias do groove metal. Ian Christe lle atribue ao Chaos A.D. de Sepultura e a Pantera o crear a música groove metal derivada do death metal, influenciando a posteriores grupos do xénero durante os anos 90.[5] A estrea de Exhorder, Slaughter in the Vatican, tamén está considerado un dos primeiros álbums de groove metal, sendo publicado en 1990. Os grupos de groove metal incorporaron tamén thrash metal e crossover thrash. Tommy Victor de Prong afirma que a actitude do groove metal procede de Bad Brains.[6]

O estilo asociouse a bandas como Machine Head,[7] Pantera,[8] Exhorder,[2] White Zombie, Fear Factory, King's X, Lamb of God,[9] Sepultura,[10][11] Soulfly,[12] Cavalera Conspiracy, Gojira,[8][13] Throwdown,[14] Alien Weaponry, Nevermore,[15] Byzantine,[16] o último período da era Bush de Anthrax,[9] Spiritual Beggars,[17] Texas Hippie Coalition e Five Finger Death Punch.[18] A veterana banda de thrash Annihilator deixouse levar por Roadrunner Records en 1993, cando a tendencia groove metal comezou a ser promovida polo selo.[19] Durante os anos 90 o termo foi ocasionalmente usado para describir a bandas de metal alternativo con influencias funk como Primus[20] e Jane's Addiction.

Influencia noutros xéneros

[editar | editar a fonte]

Bandas pioneiras do groove metal como Pantera (orixinalmente un grupo de glam metal e speed metal nos 80)[3][4] e Sepultura (orixinalmente tocando thrash metal e death metal)[10] sentaron as bases para o nu metal nos 90 e algúns desenvolvementos do metalcore nos 2000.[21] O nu metal é un subxénero do metal alternativo[21] que utiliza riffs con afinacións máis baixas, un compás máis influenciado polo hip hop accesible para rapear e facer turntablism[22], e ritmos groove metal,[23] carecendo normalmente de solos de guitarra e arranxos complexos.[24] O metalcore enfatiza as características xerais do heavy metal ademais dos breakdowns,[25] que son pasaxes máis lentos e intensos que conducen ao moshing.[26]

  1. "Biografía de Pantera". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Simmonds, Jeremy (2008). The Encyclopedia of Dead Rock Stars: Heroin, Handguns, and Ham Sandwiches (en Encyclopedia). Chicago Review Press. p. 535. ISBN 978-1-55652-754-8. 
  3. 3,0 3,1 "Best Pantera Albums". ThoughtCo. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Pantera - Projects in the Jungle". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  5. Christe, Ian (2003). Sound of the Beast: The Complete Headbanging History of Heavy Metal. HarperEntertainment. pp. 264. ISBN 978-0060523626. 
  6. "Rediscovered Steel - Prong's 'Beg to Differ'". Noisecreep. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  7. "Biografía de Face Down". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 "Gojira - Terra Incognita". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Lazarus A.D. - Black Rivers Flow". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  10. 10,0 10,1 "Best Sepultura Albums". ThoughtCo. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  11. "Ankla: Steep Trails". PopMatters. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  12. "Soulfly - Conquer". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  13. "Biografía de Gojira". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  14. "Throwdown - Deathless". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  15. "Nevermore". Encyclopaedia Metallum. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  16. "Byzantine - Oblivion Beckons". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  17. "Spiritual Beggars - Mantra III". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  18. "Five Finger Death Punch – ‘American Capitalist’ review". ZME Music. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  19. "Annihilator Haven’t Played North America Since 1993". Noise Creep. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  20. "Primus To Tour U.S. In November". MTV. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  21. 21,0 21,1 "Alternative Metal". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  22. "History and Styles of Heavy Metal". ThoughtCo. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  23. Tompkins, Joseph (2009). "What's the Deal with Soundtrack Albums? Metal Music and the Customized Aesthetics of Contemporary Horror". Cinema Journal 49 (1). 
  24. Pieslak, Jonathan (2008). "Sound, text and identity in Korn's 'Hey Daddy" 27. Popular Music: 35–52. 
  25. "Live: Trivium, the Jackson 5 of Underground Metal". The Village Voice. Archived from the original on 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  26. Blush, Steven (2001). American Hardcore: A Tribal History. Feral House. p. 193. ISBN 9780922915712.