Mathcore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mathcore
Orixe musicalmetalcore, math rock, grindcore
Orixe culturalde principios a mediados dos 90 nos Estados Unidos
Instrumentos típicosvoces, guitarra eléctrica, baixo, batería

O mathcore é un tipo de metalcore ritmicamente complexo e disonante. Surdíu na primeira metade dos anos 90 de man de bandas como Converge, Coalesce, Botch,[1] The Dillinger Escape Plan,[2] e Candiria. O termo mathcore é suxerido por analoxía co math rock. Tanto o o math rock como o mathcore fan uso de tempos infrecuentes. Grupos de math rock como Slint, Don Caballero, Shellac, Drive Like Jehu e Dazzling Killmen teñen algunha influencia no mathcore, aínda que este estea máis relacionado co metalcore. Importantes bandas de mathcore teñen sido asociadas tamén co grindcore.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Un primeiro antecedente do mathcore foi practicado por Black Flag en 1984, co álbum My War. Os seus sete minutos de música lúgubre cun estilo próximo á fusión do seu tema "Scream" foron demasiado para moitos seareiros.[4] Moitos grupos da escena mathcore pagaron tribut a Black Flag no álbum tributo Black on Black: A Tribute to Black Flag, publicado no ano 2002.

Nos anos 90, os grupos que no presente se decriben como de mathcore agrupáronse na etiqueta "noisecore". Kevin Stewart-Panko de Terrorizer refírese a bandas como Neurosis, Deadguy, Cave In, Today Is the Day, The Dillinger Escape Plan, Converge, Coalesce, Candiria, Botch e Psyopus.[5] Stewart-Panko describe o son desas bandas como unha "mestura sen regras de hardcore, metal, math rock progresivo, grind e jazz dinámica, violenta, discordante, técnica, brutal e descentrada".

O termo "mathcore" enfatiza a influencia collida do math rock: math rock con hardcore. As primeiras bandas en gravar este híbrido son Rorschach, Starkweather, Botch e Converge. Ao longo dos 90 comezaron a aparecer outros grupos: Cave In dende Massachusetts, Cable dende Connecticut, Coalesce dende Kansas City ou Knut dende Suíza. O termo foi cuñado co lanzamento do álbum de estrea de The Dillinger Escape Plan, Calculating Infinity (1999). The Dillinger Escape Plan adoita a considerarse pioneira do mathcore.

A principios dos 2000 comezaron a aparecer novas bandas de mathcore. Estas raramente eran descritas como tal, pero comunmente relacionábanse cos pioneiros do xénero ou citabanos como influencia. Os primeiros discos de Norma Jean adoitan a ser comparados con Converge e Botch. Outras bandas novas de mathcore que citan a estes pioneiros como influencia ou son comparadas con eles son Car Bomb, The Locust, Daughters, Some Girls, Look What I Did ou The Number Twelve Looks Like You.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Reseña de We Are The Romans de Botch". About entertainment. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2011. Consultado o 6 de marzo de 2016. 
  2. "Mathcore band the 'Dillinger Escape Plan' visit NZ". Newshub. Consultado o 6 de marzo de 2016. 
  3. "Dillinger Escape Plan Bio". Epitaph Records (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 2020-04-02. 
  4. Blush, Steven (2001). American Hardcore: A Tribal History. Los Angeles: Feral House. pp. 66. 
  5. Kevin Stewart-Panko (2000). "The Decade in Noisecore". Terrorizer (75): 22–23.