Death metal melódico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Death metal melódico
Orixe musical Death metal, NWOBHM, thrash metal, black metal, power metal
Orixe cultural Anos 1990 en Escandinavia e Reino Unido
Instrumentos típicos Guitarra eléctrica, baixo, batería, teclado
Derivados Metalcore melódico

O death metal melódico é un estilo que presenta características inspiradas na New Wave of British Heavy Metal, en particular os rápidos riffs e liñas harmónicas de guitarra, pero incorporando os elementos máis habituais do death metal como a distorsión de guitarras, rápidos padróns rítmicos de batería e en ocasións ritmos blast beat.[1] O estilo vocal deste xénero combina as voces limpas, os gritos e as voces guturais.[2]

Gran parte da súa orixe e popularidade atribúese a grupos como At the Gates, In Flames e Dark Tranquillity, que definiron o xénero a comezos dos anos 1990 sentando as bases da escena musical do metal de Gotemburgo,[2] escena a que o escritor Garry Sharpe-Young denominou "a salvación comercial do death metal".[3] Outro dos pioneiros foi o grupo británico Carcass, clasificado dentro do grindcore nos seus primeiros discos pero que evolucionou ata este estilo nos álbums Necroticism – Descanting the Insalubrious de 1991 e Heartwork de 1993.[4][5][6] Outros exemplos de grupos incluídos neste xénero son Amon Amarth,[7] Soilwork[8] e Arch Enemy.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Purcell, Natalie J. (2003). Death Metal Music: The Passion and Politics of a Subculture (en inglés). McFarland. p. 9. ISBN 9780786484065. 
  2. 2,0 2,1 Marsicano, Dan. "What is Melodic Death Metal". About.com. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  3. Sharpe-Young, Garry (2007). Metal: The Definitive Guide. Jawbone Press. p. 162. ISBN 9781906002015. 
  4. Bowar, Chad. "Carcass". About.com. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  5. "Can You Feel The Forceps: Carcass, Surgical Steel And Heartwork Revisited". The Quietus. 16 de setembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  6. McIver, Joel (2008). The 100 Greatest Metal Guitarists. Jawbone Press. p. 122. ISBN 9781906002206. 
  7. Ramanand, Liz (28 de febreiro de 2014). "Amon Amarth Drummer Fredrik Andersson Talks ‘Deceiver of the Gods,’ Longevity + More". Loudwire. Consultado o 17 de outubro de 2014. 
  8. Huey, Steve. "Soilwork - Biography". Allmusic. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  9. Law, Sam (17 de xaneiro de 2015). "Kreator plus: Arch Enemy, Shining, Marty Friedman". Kerrang! (1551): 50. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.