Saltar ao contido

Metalcore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metalcore
 Instancia de
 Subclase de
Datas
 Fundación / creación
1988 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/02z7f3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Metalcore é un xénero musical que combina varios elementos do metal extremo e o hardcore punk. O nome é unha mestura dos nomes dos dous xéneros. O termo colleu o seu actual significado cara mediados dos anos 90, describindo a bandas como Earth Crisis, Deadguy e Integrity. O primeiro destes en formarse, Integrity, comezou a actuar en 1988. Entre as actuais bandas que practican este estilo destacan Killswitch Engage, Underoath, All That Remains, As I Lay Dying e The Devil Wears Prada.

O metalcore distínguese doutras fusións de punk metal pola súa énfase nas rupturas: lentas e intensas partes que conducen ao mosh. Durante os últimos cinco anos houbo unha saturación de bandas do xénero, do cal os brasileiros Sepultura é considerado o grupo que asentou as bases para conformalo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.