Desert rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desert rock
Orixe musicalhard rock, blues rock, rock psicodélico, heavy metal, hardcore punk, rock alternativo
Orixe culturalcomezos dos 90 en Palm Desert

Desert Rock é un termo dado a varias bandas que proceden da escena musical da zona californiana de Palm Desert, polo que tamén é coñecida como escena de Palm Desert. Acotío catalogada tamén como stoner rock, a música contén fortes influencias latinas, ritmos de percusión repetitivos, e elementos de sicodelia. Josh Homme de Queens of the Stone Age fala ás veces tamén do termo robot rock para describir a música da súa banda.

O termo foi previamente aplicado, nos anos 80, a un tipo de punk sicodélico con doses de country, que xeralmente evocaban a zonas desérticas, caracterizado por pasaxes instrumentais épicas e letras que falaban de xente marxinal. Esta xeración de desert rockers estaba centrada na área de Arizona, particularmente en Tucson, a pesar de que moitas bandas tiñan fortes lazos coa escena musical dos Ánxeles, e moitas mudáronse a esta cidade.

Bandas notables da primeira xeración do desert rock[editar | editar a fonte]

Bandas contemporáneas de desert rock[editar | editar a fonte]