Saltar ao contido

Monster Magnet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monster Magnet
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1989 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1989 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF168169839 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000011528469X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/013ps1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm1672652 Facebook: monstermagnet Twitter: monstermagnetnj MySpace: monstermagnet Bandcamp: monstermagnetofficialSouncloud: monster-magnet Spotify: 4hvwEwrCmGj22uURGVET7Q Last fm: Monster+Magnet Musicbrainz: a0955511-1324-4e9b-834f-e1e140502850 Songkick: 526020 Discogs: 12211 Allmusic: mn0000495455 Deezer: 3095 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Monster Magnet é unha banda estadounidense de stoner rock procedente de Red Bank, Nova Jersey. Foi fundado por Dave Wyndorf (voces e guitarra), John McBain (guitarra), Tom Diello (batería) e Tim Cronin (voces e baixo) en 1989. O grupo tivo primeiro o nome de "Dog of Mystery" e posteriormente "Airport 75" antes de quedar co definitivo "Monster Magnet", collido dun xoguete dos anos 60 que lle gustaba a Wyndorf cando era neno.

En 1989 Monster Magnet editou dúas casetes demo: Forget About Life, I'm High on Dope e I'm Stoned, What Ya Gonna Do About It?. O primeiro lanzamento "oficial" da banda sería un EP auto-titulado publicado polo selo alemán Glitterhouse Records. O EP contiña os temas "Snake Dance" e "Nod Scene" (que aparecerían despois en Spine of God) e "Tractor" (re-gravado posteriormente para Powertrip).

En 1991 a banda asinou un contrato con Caroline Records e lanzou o seu primeiro álbum, Spine of God, en 1992. O álbum é considerado como un dos clásicos do xénero stoner rock. O traballo contén o sinxelo "Medicine" (que sería regravado anos máis tarde en God Says No), que tamén foi o primeiro videoclip do grupo. A banda comezou unha xira xunto con Soundgarden, e esta permitiu que Monster Magnet asinase un contrato co selo A&M Records.

A súa última edición con Caroline Records foi un EP titulado Tab que incluía, entre outras dúa longas cancións, un tema de 32 minutos chamado "Tab...". McBain deixou a banda pouco despois e foi substituído polo guitarrista de Atomic Bitchwax Ed Mundell.

En 1993 apareceu o álbum Superjudge a través de A&M Records, pero non tivo moito éxito comercial. As cancións "Twin Earth" e "Face Down" foron lanzadas como sinxelos (acompañadas dos seus respectivos videoclips), pero pouco fixeron para axudar a promover o álbum.

O seu seguinte traballo, Dopes to Infinity', aparecido en 1995, tivo o éxito "Negasonic Teenage Warhead", e o seu video apareceu regularmente na MTV. Aínda así o álbum non tivo o éxito que a banda agardaba.

Despois da xira de Dopes to Infinity, Wyndorf mudouse a Las Vegas, Nevada para comezar a traballar en Powertrip. O álbum lanzouse en 1998 e foi un éxito que lle deu á banda un disco de ouro. O guitarrista Phil Caivano uniuse ao grupo nese mesmo ano. "Space Lord", o primeiro sinxelo do novo traballo, foi un hit nas radios e a banda saíu de xira con Aerosmith, Metallica, Rob Zombie e Marilyn Manson. As cancións "Powertrip", "Temple of Your Dreams" e "See You In Hell" tamén foron emitidas frecuentemente en radios de rock. O álbum acadou o posto 97 na lista Billboard 200.

Despois de dous anos de xira para promover Powertrip, a banda editou God Says No no ano 2000, acadando o número 153 da Billboard. Porén, non tivo o mesmo éxito comercial que o anterior traballo do grupo. Despois do lanzamento, Joe Calandra e Jon Kleiman deixaron Monster Magnet. Estes serían substituídos por Jim Baglino e Michael Wildwood, que gravaron Monolithic Baby!. Despois dun breve período Wildwood foi substituído polo antigo batería de Love Among Freaks Bob Pantella. O grupo tamén deixou A&M Records durante este tempo.

Monster Magnet compuxo e interpretou "Live For The Moment", que vén sendo o tema oficial da estrela da WWE Matt Hardy dende 2002. A canción tamén apareceu no recompilatorio WWF Forceable Entry.

En 2003, Monster Magnet editou Greatest Hits, un dobre álbum cos seus mellores temas, algunhas rarezas, e vídeos musicais da súa etapa con A&M. Entón asinaron co selo europeo SPV, e a principios do 2004 publicaron Monolithic Baby! en Europa. A edición estadounidense foi no mes de maio a través de SPV America. A banda tivo un éxito menor coa canción "Unbroken (Hotel Baby)".

En marzo do 2005 Caivano marchou despois de sete anos no grupo. Para marzo do 2006 agardábase a continuación de Monolithic Baby!, para coincidir coa súa xira europea, xunto coas re-edicións de Spine of God e Tab, porén, a xira e as edicións non se levaron a cabo.

O 27 de febreiro do 2006 Dave Wyndorf tivo unha sobredose de medicamentos recetados.

En 2007 anunciouse que Monster Magnet lanzaría un novo álbum, 4-Way Diablo, que se atrasou un ano debido á sobredose de Wyndorf. O disco foi gravado posteriormente ese mesmo ano. Tamén en 2007 apareceu un nomo recompilatorio de grandes éxitos, 20th Century Masters - The Millennium Collection: The Best of Monster Magnet.

Antes da xira europea de Monster Magnet do 2008, Caivano regresou á banda.

O 24 de novembro do 2009 anunciouse que Monster Magnet asinara un novo contrato con Napalm Records. A banda tamén anunciou que entraría no estudio en xaneiro do ano seguinte para gravar un novo disco que sería editado cara ao verán.

O novo traballo, titulado Mastermind, foi publicado no mes de outubro do 2010. A banda iniciou unha xira europea en agosto, e que continuou en novembro e decembro, para promover o novo disco.

O 3 de novembro Dave Wyndorf anunciou que Ed Mundell deixara a banda por razón persoais e que Garrett Sweeny sería o encargado de ocupar o seu lugar na xira.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Spine of God1991Caroline Records
Superjudge1993A&M Records
Dopes to Infinity1995A&M Records
Powertrip1998A&M Records
God Says No2001A&M Records
Monolithic Baby!2004SPV
4-Way Diablo2007SPV
Mastermind2010Napalm Records
Last Patrol2013Napalm Records
Mindfucker2018Napalm Records
A Better Dystopia2021Napalm Records

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]