Saltar ao contido

Metal extremo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metal extremo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Influído por
Datas
 Fundación / creación
1977 Editar o valor en Wikidata
Localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/02yw26 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Metal extremo é un termo xenérico pouco definido para un gran número de subxéneros relacionados coa música heavy metal que se veñen desenvolvendo dende principios dos anos 80. Foi definido como un "cúmulo de subxéneros do metal caracterizados pola súa transgresión sonora, verbal e visual".[1]

O termo normalmente refírese a un estilo máis abrasivo, máis duro, underground, e non comercial asociado co speed metal, o thrash metal, o black metal, o death metal e o doom metal.[2] O hardcore punk considerouse unha parte integral do desenvolvemento do metal extremo con respecto á velocidade e á estrutura das cancións,[3] en todos os casos que non sexan doom metal.[2]

  1. Julian Schaap and Pauwke Berkers. "Grunting Alone? Online Gender Inequality in Extreme Metal Music" in Journal of the International Association for the Study of Popular Music. Vol.4, no.1 (2014) p. 101
  2. 1 2 Kahn-Harris, Keith, 1971- (2007). Extreme metal : music and culture on the edge. Oxford: Berg. ISBN 1-84520-399-2. OCLC 701719393.
  3. "Origins of Evil: The Birth of Extreme Metal". Metal Injection. 2015-09-01. Consultado o 2020-07-20.