Crossover thrash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Crossover thrash
Orixe musicalhardcore punk, thrash metal, speed metal, punk rock
Orixe culturalprincipios dos 80 nos Estados Unidos
Instrumentos típicosvoces, guitarra eléctrica, baixo, batería
Derivadosmetalcore

O crossover thrash (ás veces abreviado como crossover) é unha forma de thrash metal e hardcore punk que mestura ámbolos dous xéneros xuntos ou ten influencias doutros. O estilo atópase a camiño entre o heavy metal e o punk rock. Outros xéneros do mesmo estilo teñen elementos significativamente comúns co crossover thrash, e ademais dos traditionais hardcore punk e thrash metal, inclúe estilos relacionados como thrashcore, grindcore e skate punk.

Ambigüidade do termo[editar | editar a fonte]

O xénero adoita a confundirse co thrashcore, que é esencialmente un hardcore máis rápido en vez dunha forma de metal máis orientada cara o punk. Durante a primeira metade da década dos 80, o termo "thrash" usouse acotío como un sinónimo de hardcore punk (como no recompilatorio New York Thrash de 1982). O termo "thrashcore" para distinguir artistas deste xénero de outros no foi cuñado ata polo menos o ano 1993. Moitas bandas de crossover bands, como D.R.I., comezaron como influentes grupos de thrashcore. O sufixo "-core" de "thrashcore" úsase ás veces para distinguilo do crossover thrash e do thrash metal, chamándoselle a este último frecuentemente só "thrash", termo que á súa vez non se adoita a usar para referirse ao crossover thrash ou ao thrashcore. Thrashcore ás veces é usado pola prensa musical para falar do thrash metal que descende do metalcore.