Slo Burn naceu inicialmente como unha sesión de improvisación pero acabou transformándose nunha banda.[1] O grupo editou unicamente un EP titulado Amusing the Amazing. Estaba composta polo líder e vocalista de KyussJohn Garcia (voz), Damon Garrison (baixo), Chris Hale (guitarra) e Brady Houghton (batería).[2] Slo Burn estivo de xira co Ozzfest de 1997 pero separouse, antes de que rematase, no mes de setembro dese ano.
Slo Burn ten unha sonoridade semellante á de Kyuss, debido á característica voz de John Garcia e ao traballo de produción de Chris Goss no uníco traballo que editaron, o EP Amusing the Amazing. Con todo, a súa música é máis directa e menos complexa que a da Kyuss, que en moitas ocasións alcanzaba a sicodelia.
Despois da disolución da banda John Garcia uniríase á igualmente banda de curta vida Unida antes de converterse no vocalista de Hermano, coa que editou dous álbums de estudio e un en directo. Damon Garrison tocou nas bandas Casino, Vega, Zoo, sendo membro no presente de Brave Black Sea, onde tamén toca Chris Dale e o batería Alfredo Hernandez. Brady Houghton tocou nos grupos The Ross Sea Party e Life Leone[1]
No ano 2017 Slo Burn reuniuse e tocou en varios festivais europeos como o Desertfest de Londres[3] e o Freak Valley en Alemaña.[4] A banda tamén realizou un único concerto nos Estados Unidos no Psycho Las Vegas 2017.[1]