Trouble é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de hard rockWhitesnake, liderada polo antigo vocalista de Deep PurpleDavid Coverdale. Foi publicado no mes de outubro de 1978 e acadou o número 50 nas listas británicas. Foi editado despois do EP de 4 temas Snakebite, que posteriormente estivo dispoñible como disco de importación na Europa continental.