Stille Nacht, heilige Nacht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Stille Nacht, heilige Nacht»
Canción de Franz Xaver Grubber (compositor)
Joseph Mohr (letrista)
do Panxoliña de Nadal
Lanzamento 1818
Formato {{{formato}}}
Gravada {{{gravación}}}
Xénero musical panxoliña
Lingua(s) Alemán; versións noutras 45 linguas
Duración {{{duración}}}
Discográfica {{{discográfica}}}
Produtor(es) {{{produtor}}}
Escritor(es) Franz Xaver Grubber (música)
Joseph Mohr (letra)
Miscelanea {{{miscelanea}}}
Capela memorial Stille-Nacht-Gedenkkapelle.

"Stille Nacht" , de título completo "Stille Nacht, heillige Nacht", literalmente en galego "Noite silenciosa, noite santa", é unha cancións de Nadal austríaca, unha das máis populares do mundo. Foi considerada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO en 2011.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Portada da partitura no seu centenario.

A letra foi escrita polo párroco Joseph Mohr e a melodía foi composta por Franz Xaver Gruber en 1818, na cidade de Oberndorf, onda Salzburgo, Austria, sendo interpretada por primeira vez na misa do Galo dese ano na parroquia de San Nicolás. A igrexa xa non existe, derrubada a principios do século XX por sufrir constantes inundacións. No seu lugar construíuse a capela memorial Stille-Nacht-Gedächtniskapelle, nunha cota 800 metros máis alta, e a pesar de albergar só 20 persoas, recibe arredor de 7.000 peregrinos ao ano.

Algunhas fontes din que Mohr creara a letra dous anos antes, en 1816; outros, que a escribiu camiño de Gruber, porque, en verdade, Mohr non estaba detrás do músico, senón dun instrumento para a misa de medianoite de 1818, xa que o órgano da súa parroquia tería roído o fol por ratas. Nesta versión, Mohr estaría moi preocupado pola falta dun instrumento e tería inspirado as súas letras no humilde nacemento en Belén.

A canción foi composta orixinalmente para guitarra e frauta. Un arranxo vocal de Mohr apareceu en 1820. En 1845 aparece o primeiro arranxo para orquestra e en 1855 aparece un novo arranxo para órgano. Novos arranxos de Franz Gruber chegaron pouco antes da súa morte (1863).

Max Reger cita a canción na sección de Nadal dos seus órganos en Sieben Stücke, op. 145.

Alfred Schnittke compuxo un arranxo para violín e piano en 1978, como un saúdo de vacacións para o violinista Gidon Kremer. A miniatura causou un escándalo en Austria polo seu carácter disonante e "aterrador".[2] [3]

Recepción[editar | editar a fonte]

Ten versións traducidas a polo menos 45 idiomas e foi gravada por moitos cantantes, de todo tipo de xéneros musicais, entre eles Andrea Bocelli, Britney Spears, Celtic Woman, Christina Aguilera, Cliff Richard, Destiny's Child, Connie Talbot, Cyndi Lauper, Dean Martin, Demi Lovato, Dionne Warwick, Elvis Presley, Enya, Fifth Harmony, Frank Sinatra, Fats Domino, Johnny Cash, Josep Carreras, Plácido Domingo, Pavarotti, Justin Bieber, Reba McEntire, Laura Pausini, Mariah Carey, Michael Bublé, Miley Cyrus, Nat King Cole, Neil Diamond, Olivia Newton-John, Sarah Brightman, Simon & Garfunkel, Tarja Turunen, Take 6, The Corrs ou Whitney Houston.

A versión cantada por Bing Crosby é o 3º sinxelo máis vendido de todos os tempos, con preto de 30 millóns de copias vendidas en todo o mundo.[4]

Peter Husty, comisario da exposición "Silent Night 200 - The Story. The Message. The Present", no Museo de Salzburgo, afirmou que "Stille Nacht" transcende a relixión: "Narra a historia do nacemento de Xesucristo. Polo tanto, é unha canción relixiosa ao mesmo tempo que é pola paz no mundo ".[5] A canción transcendeu tamén as súas orixes austríacas desde o século XIX, influenciando diversas culturas e tradicións musicais a nivel mundial, entre elas, a galega. En 1900, a canción xa era coñecida en todo o mundo.

Na Lusofonía[editar | editar a fonte]

En Galiza[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Österreichische UNESCO-Kommission – Nationalagentur für das Immaterielle Kulturerbe – Austrian Inventory". Consultado o 25 de dezembro de 2014. 
  2. Guerrieri, Matthew (20 de dezembro de 2014). "With 'Stille Nacht,' Schnittke couched protest in tradition". Consultado o 24 de dezembro de 2017. 
  3. Ross, Alex (28 de setembro de 1992). "Connoisseur of Chaos: Schnittke". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2017. Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  4. Murrells, Joseph (1978). The Book of Golden Discs (2ª ed. ilustrada). Barrie & Jenkins. ISBN 0-214-20480-4
  5. "A pouco conhecida história de 'Noite Feliz', uma das mais famosas músicas de Natal". G1 (en portugués). 2018-12-24. Consultado o 2023-10-09. 
  6. "Frei Pedro Sinzig, o tradutor de Noite Feliz - Memória Rondonense". Consultado o 2021-07-31. 
  7. "Noite Feliz - Concerto de Natal - Camerata Les Ensembles Coral e Orquestra". Consultado o 2023-10-09. 
  8. "14 - Aline Barros - Noite de Paz". Consultado o 2023-10-09. 
  9. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2023-10-09. 
  10. "Cantos de Nadal Galegos...enxordecidos". www.felipesenen.gal. Consultado o 2023-10-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]