Whitney Houston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Whitney Houston
Flickr Whitney Houston performing on GMA 2009 4.jpg
Nome completo Whitney Elizabeth Houston
Alcume Nippy e The Voice
Nacemento 9 de agosto de 1963
  Newark
Falecemento 11 de febreiro de 2012
  Beverly Hilton Hotel
Causa afogamento, Doenza arterial coronaria e Abuso de substancias
Soterrada Fairview Cemetery
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Afroamericano
Relixión Baptismo
Ocupación cantante, actriz, produtora, pianista, música, actriz de cinema, Modelo, Produción musical, compositora e produtor
Nai Cissy Houston
Cónxuxe Bobby Brown
Fillos Bobbi Kristina Brown
Irmáns Gary Garland
Premios Premios Emmy do Primetime
editar datos en Wikidata ]

Whitney Elizabeth Houston, nada en Newark o 9 de agosto de 1963 e finada en Los Angeles o 11 de febreiro de 2012, foi unha cantante estadounidense de R&B, soul, pop e gospel, aínda que tamén destacou como actriz, compositora, produtora, empresaria e modelo. Segundo Libro Guinness dos Récords é, até a data, a artista máis galardoada de todos os tempos, con dous premios Emmy, seis premios Grammy, trinta premios Billboard Music Awards e vinte e dous American Music Awards, para un total de 415 premios na súa carreira. Tamén é unha das artistas musicais que vendeu un maior número de discos no mundo: máis de 170 millóns de álbums, sinxelos e vídeos. Desde os seus inicios viuse influenciada por destacadas cantantes de soul como a súa nai Cissy Houston, as súas curmás Dionne Warwick e Dee Dee Warwick e a súa madriña Aretha Franklin. Aos once anos empezou a súa formación musical nun coro infantil dunha igrexa en Nova Jersey, pero o seu talento foi descuberto tempo despois por Clive Davis, presidente de Aresta Records, na época en que cantaba xunto á súa nai en clubs nocturnos de Nova York.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]