Mariah Carey
Mariah Carey | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Mariah Carey |
Nacemento | 27 de marzo de 1970 (50 anos) |
Orixe | Hutington, estado de Nova York ![]() |
Cónxuxe | Tommy Mottola e Nick Cannon |
Ocupación | cantante |
Xénero | R&B, pop, hip hop, soul, dance |
Tempo en activo | 1988 - presente |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mariah Carey, nada en Huntington (Estado de Nova York) o 27 de marzo de 1970, é unha cantante de pop e R&B, compositora, produtora musical e actriz estadounidense de ascendencia irlandesa-venezolana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo o seu debut discográfico no ano de 1990, baixo a dirección do executivo de Columbia Records, Tommy Mottola. A finais do ano 1994 publicou Merry Christmas, o "disco de Nadal" máis vendido da historia[1].
Durante a década de 1990, os seus álbums vendéronse en grandes cantidades, converténdose na "Artista con máis vendas da década.[2] Tamén galardoada como a "Artista Feminina do Milenio" por Billboard[3] e polo World Music Awards[4].
O 2000 deixa a Columbia Records, de Sony Music[5] e asina un contrato por máis 80 millóns de dólares coa compañía Virgin,[6], considerado como o máis grande da historia para unha artista feminina até ese ano. O fracaso comercial do primeiro álbum que editou con esta discográfica, obrigou aos executivos a romper o contrato. No 2002, Carey asinou con Island Records e despois dun período relativamente infrutuoso, regresou á vangarda da música no 2005 cun dos álbums máis exitosos da súa carreira, The Emancipation of Mimi[7].
Declarada en 2008 por Billboard como unha das "Mellores Artistas Femininas de Todos os Tempos",[8] é ademais a solista con máis sinxelos que alcanzaron o número un en Estados Unidos cun total de 19, superando a Elvis Presley.[9][10].
Os seus singles "One Sweet Day" (1995) e "We Belong Together" (2005) son as cancións que máis tempo estiveron no número uno do Billboard Hot 100 de Estados Unidos, cun total de 16 e 14 semanas respectivamente[11].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mariah Carey celebra sus 40", nova en El Mundo (en castelán).
- ↑ "10 artistas más importantes de los 90's según Billboard" Arquivado 04 de novembro de 2011 en Wayback Machine., artigo en mjhideout.com (en castelán).
- ↑ "Biografía en Billboard (en inglés).
- ↑ "Winners of the WORLD MUSIC AWARDS, maio 2000 (en inglés).
- ↑ "Mariah Carey firma un contrato multimillonario con Virgin" Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine., artigo en El País, abril de 2003 (en castelán).
- ↑ "Mariah Carey viene por la revancha", artigo en El Siglo de Torreón (en castelán).
- ↑ "Carey, on!", artigo en The Boston Globe (en inglés).
- ↑ "The Billboard Hot 100 All-Time Top Artists" (en inglés).
- ↑ Most No. 1s Overall", en Billboard (en inglés).
- ↑ "Mariah, Madonna Make Billboard Chart History", en Billboard (en inglés).
- ↑ "Songs with most Weeks nº 1", en Billboard (en inglés).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial (en inglés)