Demi Lovato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Demi Lovato
Demi Lovato, Future Now 2016 (Cropped).jpg
Demi Lovato en setembro de 2016.
Nome completo Demetria Devonne Lovato
Nacemento 20 de agosto de 1992 (25 anos)
Orixe Albuquerque, Novo México, Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupación(s) Compositora, cantante e actriz
Xénero Pop, Rock, Pop rock, R&B
Instrumento(s) Voz, piano e guitarra
Selo(s) discográfico(s) Hollywood Records (2008 - actualidade)
Tempo en activo 2002 - actualidade
Na rede
http://demilovato.com/
editar datos en Wikidata ]

Demetria Devonne Lovato, coñecida artisticamente como Demi Lovato, nada o 20 de agosto de 1992 en Albuquerque, Novo México, é unha actriz e cantante estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Demi Lovato naceu en Albuquerque, Novo México, e criouse en Dallas, Texas. Filla de Patrick Lovato e Dianna de la Garza (Hart, de solteira), é de ascendencia mexicana, irlandesa e italiana. Ten unha irmá máis vella, Dallas Lovato que tamén é cantante, e unha media-irmá, Madison de la Garza que tamén é actriz. Súa nai foi unha Dallas Cowboys Cheerleader e unha cantante country famosa na súa cidade local. Seu pai trasladouse a Novo México despois de divorciarse da súa anterior esposa en 1994.

Demi estudou na escola de ensino secundario Cross Timbers, pertencente ao distrito escolar independente Grapevine-Colleyville, onde foi á clase de coro tres anos. Gañou un diploma de ensino medio mediante educación no fogar en xullo de 2009. Empezou a tocar o piano á idade de sete anos.

Carreira como actriz[editar | editar a fonte]

Comezou en 2002, con 10 anos, na serie infantil Barney & friends, que foi emitida nos anos 2003 e 2004. En 2006, Demi Lovato fixo un capítulo da serie Prison Break, onde interpretaba o papel de Danielle Curtin. Tamén interpretou a Nicole na segunda temporada de Just Jordan, no episodio Slippery When Wet. No ano 2007 conseguiu o seu primeiro papel protagonista, na serie de Disney Channel As the Bell Rings.

No ano 2008, protagonizou o filme Camp Rock que a levaría á fama internacional. O seu papel foi o de Mitchie Torres, unha adolescente de 14 anos que tiña como soño ser cantante e ir ao campamento musical de verán Camp rock. O filme, só nos EEUU conseguiu na estrea 8,9 millóns de espectadores. En 2009, protagonizou a serie orixinal de Disney Channel, Sonny with a Chance, onde facía de Sunny Monroe, unha humorista no programa en vivo So random!

No ano 2009 volveu protagonizar outro filme de Disney Channel, esta vez xunto coa súa amiga e estrela adolescente Selena Gomez, Princess Protection Program, onde fixo da Princesa Rosalinda. En 2010 protagonizou Camp Rock 2: The final jam.

Discografía[editar | editar a fonte]

Titulo Ano
Don't Forget 2008
Here we go again 2009
Unbroken 2011
Demi 2013
Confident 2015

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]