Saltar ao contido

Palacio da Bolsa do Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio da Bolsa do Porto
Fachada do Palacio da Bolsa do Porto
Tipopalacio, patrimonio cultural e antiga câmara municipal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estiloneoclasicismo Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
OcupanteCâmara Municipal do Porto (pt) Traducir e Associação Comercial do Porto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquitecto/aJoaquim da Costa Lima Júnior Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°08′29″N 8°36′56″O / 41.141369, -8.615686
EstadoPortugal
DistritosDistrito do Porto
ConcelloPorto
FreguesíaCedofeita, Santo Ildefonso, Sé, Miragaia, São Nicolau e Vitória Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSão Nicolau Editar o valor en Wikidata
RúaPraça do Infante D. Henrique (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Monumento nacional de Portugal
Identificador70402
Contacto
Páxina WEBpalaciodabolsa.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Palacio da Bolsa do Porto, Portugal (en portugués, Palácio da Bolsa) é un edificio (pazo urbano) neoclásico que comezou a se construír en 1842 polo arquitecto Joaquim da Costa Lima como sede da Asociación Comercial do Porto. Atópase situado na Rúa Ferreira Borges, á beira da Igrexa de San Francisco (São Francisco), centro histórico da cidade, clasificado pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Planeado por Gonçalves de Sousa, salienta a ampla e pintoresca Sala Arábiga, inspirada no Palacio da Alhambra de Granada en España, cuxa construción empezou en 1862 onde a súa rica decoración se ve potenciada pola iluminación, que produce uns fermosos efectos cromáticos. Tamén están o Patio das Nacións (Pátio das Nações) completamente acristalado, a Sala do Presidente, a Biblioteca con máis de 10.000 volumes, as esculturas de Soares dos Reis e Teixeira Lopes e as pinturas de António Ramalho, Veloso Salgado, António Carneiro and Henrique Medina. É a sede da Cámara de Comercio e Industria do Porto.[1]

Serviu de recepción de grandes mandatarios e alberga diferentes eventos e actividades. É unha das atraccións arquitectónicas máis importantes da cidade, visitada por máis de 200.000 turistas ao ano. Está clasificado como Monumento Nacional.

Medidas das salas:

  • Patio das Nacións: 506 m²
  • Sala Árabe: 315 m²
  • Habitación Asemblea Xeral: 153 m²
  • Auditorio: 127 m²
  • Sala do Presidente: 42 m²

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]