Selección de rugby de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Selección galega de rugby»)
Galicia
Alcume(s)O XV do Toxo
EmblemaA Flor do Toxo
UniónFederación Galega de Rugby
AdestradorCarlos Bernardos Vallejo
Evaristo Martínez Barallobre
EstadioManuel Anxo Cortizo, Lalín (8.000)
Casa
Fóra
Estrea internacional
Galicia Galicia : Portugal Portugal
1999
Maior vitoria
Navarra Navarra 5:45 Galicia Galicia
17 de decembro de 2006
Maior derrota
País Vasco País Vasco 59:0 Galicia Galicia
21 de decembro de 2003
Copa do Mundo
Participacións0
Mellor resultado-

A Selección de rugby de Galicia representa a Galicia no deporte de rugby en competicións internacionais de carácter oficial e amigábeis[1], independentemente de que os xogadores participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola IRB.

Historia[editar | editar a fonte]

A Federación Galega de Rugby data do ano 1983, malia que houbo algúns clubs anteriores á fundación da federación coma o Club de Rugby Arquitectura Técnica da Coruña. Hoxe en día os recursos do rugby galego son moi limitados e a nivel de clubs o rugby galego non pasa por un bo momento, a pesar diso o XV do Toxo está a xogar a un grande nivel estando entre as mellores do estado[2], e chegando a participar en competicións internacionais de rugby oficiais, sendo a primeira selección galega en acadalo[3].

O seu primeiro partido foi unha derrota fronte a potente Selección de rugby de Portugal en Santa Isabel na capital galega, os seguintes partidos que xoga a selección son no Campionato de Seleccións territoriais, campionato no que nunca venceu pero no que ten acadado moi boas clasificacións, que a levaron a xogar na Copa de Europa de rexións, onde até o de agora saíu derrotada en tódolos partidos.

O seu debut nun partido internacional foi contra o equipo de Bearn, equipo que representa a esta rexión do Iparralde de fala gascona, no estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín. Os do Toxo saíron derrotada 8 a 26 nunha data histórica para o deporte galego, ao ser o primeiro partido oficial disputado por unha selección do país.

Os símbolos[editar | editar a fonte]

Flor do toxo, símbolo da selección.[Cómpre referencia]

A Flor do Toxo[editar | editar a fonte]

O símbolo da selección galega de rugby é a flor do toxo, a chorima (tamén coñecido coma xorima, e outras formas dialectais) a cal é considerada flor nacional de Galiza[4], debido a súa abundancia nas terras galegas e ao seu significado, unha fermosa flor que xermina entre espiñas.

O himno[editar | editar a fonte]

O himno da selección é "Os Pinos", coma himno de Galicia, con trazas do celtismo (común a grandes seleccións europeas de rugby coma Irlanda, Escocia ou Gales) e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal.

Estadios representativos do XV do Toxo[editar | editar a fonte]

A selección galega ten disputado xogos por toda Galicia. Os primeiros partidos do equipo foron xogados en Santa Isabel, en Santiago de Compostela. Este estadio foi inaugurado o 22 de setembro de 1963, tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas e capacidade para 8.000 espectadores. O equipo de fútbol SD Compostela xogou neste campo até 1993. En 2003, o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel.

Posteriormente pasa a xogar partidos tanto en Vigo coma en Culleredo, na cidade olívica no Estadio Universitario e na cidade da comarca coruñesa no Complexo Deportivo de Acea de Ama. Os partidos internacionais xogados até o de agora en territorio galego foron xogados no Estadio Manuel Anxo Cortizo en Lalín, na comarca do Deza, estadio moderno (recentemente en remodelación), e con capacidade para 8.000 seareiros.

Rexistros[editar | editar a fonte]

Relación de tódolos partidos xogados pola Selección de rugby de Galiza en campionatos estatais e internacionais[5]

Partidos amigábeis[editar | editar a fonte]

Data Lugar Equipo Local Equipo Visitante Resultado
1999 Santa Isabel, Compostela Galicia Galicia Portugal Portugal
-

Campionato de seleccións territoriais[editar | editar a fonte]

Data Lugar Equipo local Equipo visitante Resultado
12-10-2003 Campo Municipal de Santa Isabel, Santiago de Compostela Galicia Galicia Cataluña Cataluña
20 - 26
21-12-2003 País Vasco País Vasco Galicia Galicia
59 - 0
10-10-2004 La Foixarda, Barcelona Cataluña Cataluña Galicia Galicia
23 - 3
18-12-2004 As Lagoas-Marcosende, Vigo Galicia Galicia País Vasco País Vasco
6 - 65
16-01-2005 Campos de Pepe Rojo, Valladolid Galicia Galicia Asturias Asturias
26 - 22
29-10-2005 Acea de Ama, Culleredo Galicia Galicia Navarra Navarra
7 - 0
27-11-2005 Instalacións Deportivas UNBE, Éibar País Vasco País Vasco Galicia Galicia
51 - 0
25-11-2006 Acea de Ama, Culleredo Galicia Galicia País Vasco País Vasco
5 - 37
17-12-2006 Nafarroako Unibertsitate Publikoa, Pamplona Navarra Navarra Galicia Galicia
5 - 45
13-01-2007 Las Mestas, Xixón Galicia Galicia Castela e León Castela e León
25 - 26
22-09-2007 Estadio Universitario, Vigo Galicia Galicia Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana
24 - 29
29-09-2007 Plaiaundi, Irún País Vasco País Vasco Galicia Galicia
35 - 7
16-12-2007 Santa Bárbara de Llaranes, Avilés Galicia Galicia Castela e León Castela e León
9 - 10

Copa de Europa de Rexións[editar | editar a fonte]

Data Lugar Equipo local Equipo visitante Resultado
07-10-2006 Manuel Anxo Cortizo, Lalín Galicia Galicia Bearn
8 - 26
04-11-2006 Antoine Béguère, Lourdes Armagnac-Bigorre Galicia Galicia
43 - 8
22-12-2007 Manuel Anxo Cortizo, Lalín Galicia Galicia Armagnac-Bigorre
22 - 51

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Nosa Terra". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2008. Consultado o 07 de marzo de 2009. 
  2. "Entrevista a Manuel Espiña" en Vieiros.
  3. "Cal é a primeira Selección Galega que ten un partido internacional oficial?"[Ligazón morta] Nova en www.xornal.com.
  4. "Flores nacionais", no Setestrelo do Portal das Palabras, 25 de xullo de 2014.
  5. FER Outras Competicións (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]