Conversa:Selección de rugby de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Selección feminina e selección masculina[editar a fonte]

Este artigo ignora por completo a existencia da Selección feminina de rugby de Galicia. --Ifrit 10:42, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

Movín o artigo a selección masculina de rugby de Galicia, para aclarar o contido. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:41, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)
O título implica outro artigo para a selección en xeral e outro para a selección feminina?! Eu preferiría unha solución doutro tipo, tendo en conta que non variou nada (Selección de rugby de Galicia segue a apuntar cara o mesmo contido).
Devolvería o artigo o seu título e crearía un apartado relativo a selección feminina (se non se quere ou non se pode achegar contidos ao apartado pódeselle poñer o marcador {{deporte en progreso}} (Artigo ou sección nos seus primeiros pasos. ...) --. HombreDHojalata.conversa 16:04, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

Alecrín[editar a fonte]

  • A alecrín é o romeiro romeu ¿onde se chama alecrín á flor do toxo? Pedro --Lameiro (conversa) 11:29, 14 de xaneiro de 2012 (UTC) Corrixo, I'm sorry, Pedro --Lameiro (conversa) 12:05, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)
Fixo que hai nalgún sitio que lle chaman así (só em Galiza, que em portugués só ten as primeiras acepcións) http://estraviz.org/alecrim http://www.priberam.pt/dlpo/firefox.aspx?pal=alecrim http://www.youtube.com/watch?v=u4JHxcb-SjU --Ifrit 17:57, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Arranxos[editar a fonte]

Polo que vexo o artigo ten algún erro e algunha inexactitude, así como ausencia total de referencias á selección feminina. Nos próximos días procurarei traballar neste artigo. Se alguén mais se anima podemos facer un bo traballo. JonnyJonny 11:47, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • Levo un par de horas buscando fotografías e información en internet para darlle unha boa man de información ó artigo. A miña proposta era traballar neste artigo para facer que nel se falase de todo, da sección feminina (como no artigo Selección de baloncesto de España, no cal se fala da sección masculina e feminina), das categorías cadete e infantil, e tratar que non quedase nada sen tratar, pero de súpeto vexo que o nome do artigo agora só se refire á sección masculina, ignorando por completo a miña invitación, así que xa non fago nada. A verdade é que non comprendo porqué se teñen que facer así as cousas. Supoño que Estevo(aei) agora terá que trocar o nome de tódolos artigos referidos a seleccións de rugby, non?. ¿Ou cal é o criterio co que se fan aquí as cousas?. Se é que hai algún criterio aparte do que cada un de nós ten. -- JonnyJonny 16:37, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)
Non creo que haxa ningún problema en revertir o do nome da páxina, non te preocupes, se non hai ninguén en conra pódemolo facer nun momento.--Adorian (fálame) 23:45, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)
Paréceme correcta a reversión do título, seguramente me precipitei ao movelo sen un acordo previo.
Ao meu entender, habería que revisar a política de criterios para definir os títulos dos artigos de seleccións deportivas a moitos niveis (de feito, habería que crear tal política).
No caso de que un artigo inclúa información sobre as dúas seleccións en categoría sénior (masculina e feminina), o título debe ser xenérico, como por exemplo selección de baloncesto de Galicia. Se só se refire a unha das dúas, debe ser indicado no título ("selección masculina <ou feminina> de tal deporte de tal país"). Isto implicaría cambios en moitos artigos de seleccións de numerosos deportes, a verdade, pero paréceme xusto.
Outro tema no que debería haber acordo é na inclusión do termo nacional, pois temos selección nacional de balonmán de Galicia e selección nacional de tenis de mesa de Galicia. Quizais cumpriría trasladar esta conversa a outra páxina. --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:19, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
A verdade é que estaría moi ben aclarar eso. Eu creei varias páxinas sobre seleccións de hóckey a patíns masculinas (tiña pensado crear as das femininas, mais polo momento non tiven tempo para facelo), se van ser tratadas no mesmo artigo hai que reestruturalo todo nas de hóckey a patíns, que repito son masculinas (exemplo Selección de hóckey a patíns masculina de Mozambique. Saúdos, Piquitoconversa 2:27, 16 de xaneiro de 2012

O problema é que Selección de fútbol asúmese que é Selección masculina absoluta de fútbol, eses presupostos errados son os que hai que arranxar. Creo que a opción de facer os títulos o máis descriptivos posíbeis é a mellor. Para traballar mellor, organizarnos e que isto non sexa o salvaxe oeste das edicións para diante e para atrás podíase traballar cos artigos como están e engadindo aí a información das versións femininas e das inferiores. O de se as seleccións son nacionais, rexionais, autonómicas ou parroquias dependerá das distintas federacións deportivas e a orixe da selección. Alédame ver que o meu comentario deu pé a novos comentarios e que esperemos remate por mellorar a calidade dos artigos ;) --Ifrit 17:57, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Selección de rugby de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 03:51 (UTC)[responder]