Saltar ao contido

Lourdes

Lourdes
 Nome orixinal
    Lourdes (fr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Lourdes (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
 Ten en propiedade
Localización
 Situado na entidade estatística
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
14.466 (2012)
14.644 (2013)
13.946 (2015)
13.976 (2016)
13.389 (2017) censo
13.210 (2018) censo
13.132 (2019) censo
13.247 (2020) censo
13.509 (2021) censo
13.266 (2022) censo
13.266 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   7.415 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   5.974 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   36,94 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
343 m punto máis baixo
960 m punto máis alto
445 m media
420 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal65100 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap399976 Editar o valor en Wikidata
VIAF260553612 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/018r3w Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+33-5-62-94-65-65 Editar o valor en Wikidata
 Correo
BNE: XX456899
Wikidata G:Commons C:Commons

Lourdes (en occitano Lorda) é unha cidade e comuna francesa situada nas chairas de Bigorre, ao sueste do departamento de Altos Pireneos, na rexión de Mediodía-Pireneos, a unha altitude de 400 metros. Está bañada polo río Gave de Pau que procede de Gavarnie. Os seus habitantes reciben o xentilicio en francés Lourdais.

Desde o século XIX é un importante centro relixioso católico de peregrinación, onde tiveron lugar as visións experimentadas pola nena Bernadette Soubirous. Nesta cidade atópase a Basílica do Rosario, dedicada á Nosa Señora de Lurdes.

Lourdes foi durante a Idade Media unha poboación fortificada, cuxa situación xeográfica fixo que fose unha importante praza forte do condado de Bigorre. O seu castelo data do século XIV, reedificado no XVI. A praza foi cedida aos ingleses polo tratado de Brétigny en 1360 e ata 1406 non foi recuperada.

Lenda do emperador Carlomagno

[editar | editar a fonte]

Cóntase que cando Carlomagno regresou da súa incursión en terras hispanas (logo da derrota de Roncesvalles), puxo sitio á praza de Lourdes que estaba ocupada polos musulmáns ao mando de Mirat. A lenda narra que durante o sitio viuse voar por encima da fortaleza unha aguia xigante que levaba no seu pico unha troita enorme que deixou caer aos sitiados. Mirat recolleu a troita e envioulla como agasallo a Carlomagno, asegurándolle que tiñan víveres suficientes para resistir o asedio. Carlomagno creuno e enviou ao seu bispo Turpin a entrevistarse co xefe da fortaleza. O resultado foi que o musulmán converteuse ao cristianismo e que tempo despois foi bautizado.

Heráldica

[editar | editar a fonte]
Escudo de Lorda.

Como consecuencia desta lenda o brasón da cidade de Lourdes está representado por un escudo de goles con 3 torres negras ameadas sobre unha rocha de prata. Unha aguia negra coas ás abertas e cunha troita de prata no seu pico voa por enriba da torre mediana; punta en azul con 6 montes que separan os 7 vales de Lavedan bañados polo río Gave.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno12.90013.20013.50013.80014.10014.40014.7002012201420162018202020222024LourdesEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Castelo do século XIV, reedificado no XVI. Residencia dos condes de Bigorre.
  • Torre defensiva do século XIV que garda no seu interior un bo museo de artes e tradicións populares dos Pireneos.
  • Santuario de Lurdes, centro de peregrinación católica entre os que destaca o Santuario da Nosa Señora de Lurdes.
  • Muíño de Boly. Aquí naceu Bernardette Soubirous o 7 de xaneiro de 1844. Os seus pais eran muiñeiros e coñecidos en Lourdes como os muiñeiros de Boly.
  • Casa paterna de Bernardette ou muíño Lacadé, onde vive a familia a partir de 1863. Nesta casa morreu a nai, Louise Castérot, o 8 de decembro de 1866.
  • Cachot, ou calabozo, na rúa de Petits-Fossés. Serviu de cárcere noutros tempos. Aquí viviu a familia de Bernardette nun único cuarto que medía 4,40 por 4 metros. Desde este lugar saíu Bernardette a buscar leña a primeira vez que tivo as visións, o 11 de febreiro de 1858.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]