Selección de rugby de Austria
Austria | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Steinböcke | ||
Unión | Österreichischer Rugby Verband | ||
Adestrador | David Holby | ||
Capitán | Omar El Agrebi | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 88 (28 de outubro de 2019) | ||
Estrea internacional | |||
Hungría ![]() ![]() 3 de maio de 1992 | |||
Maior vitoria | |||
Austria ![]() ![]() 12 de maio do 2001 | |||
Maior derrota | |||
Austria ![]() ![]() 14 de maio de 1994 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | Ningunha |
A selección de rugby de Austria representa a Austria nas competicións oficiais de rugby. Actualmente se encontra na terceira división da clasificación de seleccións internacionais da IRB, ocupando o posto número 79. A selección austríaca comezou a xogar partidos internacionais a principios dos anos '90. Austria nunca participou na European Nations Cup nin na Copa do Mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]Austria xogou o seu primeiro partido oficial o 3 de marzo de 1992 fronte á Hungría, caendo por 23 a 9. O combinado austríaco tivo outro partido contra Hungría ese mesmo ano (o seu primeiro partido a domicilio e terceiro da súa historia e no cal perdeu por 3 a 5), así como dous partidos contra Eslovenia.
A primeira vitoria de Austria chegou nun partido contra Serbia e Montenegro en 1996. Austria conseguiu gañar máis partidos, e so perder algúns partidos esporádicamente a finais dos '90. Logo de non gañar ningún partido no 2002, Austria gañou tódolos partidos do 2004, creando un muro irrompible que so foi roto por Dinamarca no 2005.
Rexistros
[editar | editar a fonte]- Máis vitorias consecutivas: 5 (entre o 22 de maio do 2004 e o 16 de outubro do 2004
- Máis derrotas consecutivas: 11 (entre o 3 de maio de 1992 e o 5 de novembro de 1995
- Enfrontouse a 21 equipos diferentes, dos cales nunca conseguiu bater a tres deles, e 9 deles nunca puideron bater a Austria.
Outros
[editar | editar a fonte]O 3 de maio do 2008 tivo lugar un incidente no centro de Vilnius (Lituania), onde ao redor de 20 membros do equipo austríaco protagonizaron un infrecuente e non oficial acto, ao beberen espidos. Logo disto, a Federación Austríaca de Rugby condenou esta actitude e a tachou de inaceptable.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en alemán)