Saltar ao contido

Camp Municipal de Rugbi La Foixarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camp de rugbi La Foixarda
Barcelona e Montjuïc Editar o valor en Wikidata
Cataluña La Foixarda
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Ocupante
Datas e cronoloxía
 Fundación
1921 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
Dimensión
Capacidade800 Editar o valor en Wikidata
Capacidade máxima800 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 País
Wikidata C:Commons

O Camp Municipal de Rugbi La Foixarda é un recinto deportivo de Barcelona adicado á práctica do rugby no que xoga como local o Barcelona Universitari Club e antigamente tamén o Futbol Club Barcelona e a Selección de rugby de España.

O estadio orixinal foi construído nunha antiga canteira chamada "La Foixarda" situada ós pés de Montjuïc. No momento da súa inauguración en 1921 foi o maior estadio da cidade (aínda non existían o Estadi de Montjuïc nin o Camp de Les Corts) cunha capacidade para acoller 25 000 persoas.[1] A intención era que fose unha das sedes dos Xogos Olímpicos de 1924 que a cidade de Barcelona pretendía organizar.

O FC Barcelona construíu o Camp de Les Corts en 1922 e en 1933 foi construído o campo de rugby de La Bordeta, de xeito que despois dunha tempada como parque de atraccións La Foixarda foi abandonada e mesmo empregada como cemiterio de coches. En decembro de 1953 La Foixarda foi reinaugurado como campo de rugby, acollendo a competición de rugby durante os Xogos Mediterráneos de 1955, e foi nove veces a sede da final da Copa do Rei de Rugby.

Co tempo as remodelacións reduciron a capacidade das bancadas até menos de mil asentos, e en 2013 o terreo de xogo de herba natural foi cambiado por outro sintético mais axeitado para soportar o alto número de encontros de rugby que nel se xogan.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]