Selección de rugby de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Italy.svg
Italia
Campión do Mundo
Actual campión do Seis NaciónsCampión do Seis Nacións
Campión do Tri Nations
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Unión Federazione Italiana Rugby
Fundación: 1928
Emblema: O Loureiro e a Tricolore
Alcume: Squadra Azzurra
Azzurri (Azuis)
Estadio: Stadio Flaminio, Roma (32.000)
Adestrador: Flag of France.svg Jacques Brunel
Capitán: Sergio Parisse
Estrea internacional
España Flag of Spain.svg 9:0 Flag of Italy.svg Italia
20 de maio de 1929
Maior vitoria
Italia Flag of Italy.svg 8:104 Flag of the Czech Republic.svg Chequia
18 de maio de 1994
Maior derrota
Sudáfrica Flag of South Africa.svg 101:0 Flag of Italy.svg Italia
19 de xuño de 1999
Copa do Mundo de Rugby
Participacións 6 (primeira en 1987)
Mellor resultado Nunca pasou da fase de grupos
Seis Nacións
Participacións 10
Mellor resultado 0 campión

A Selección de rugby de Italia representa a Italia intenacionalmente no deporte do rugby. O equipo, tamén coñecido coma os Azzurri (os Azuis), leva xogando ao rugby dende finais dos anos 20 do século XX, e hoxe en día está considerado coma un dos equipos punteiros do rugby europeo. Italia compite anualmente no torneo das Seis Nacións con Escocia, Francia, Gales, Inglaterra e Irlanda.

Os Azzurri sacan de centro

Posibelmente o rugby italiano acadou a súa meirande transcendencia internacional cando, no ano 2000, Italia pasou a formar parte do torneo das Cinco Nacions, creando o que hoxe se coñece coma o RBS 6 Nations. Orixinariamente os italianos só sufrían humillantes derrotas neste torneo mais, pouco a pouco, as tornas van cambiando e os Azzurri chegaron a quedar cuartos en 2007 e aínda nas derrotas non son tan amplas coma nos primeiros anos, non obstante hoxe ocupan a duodécima posición na listaxe mundial[1].

Italia tamén competiu en tódolos mundiais festexados até a date de hoxe dende a sú primeira edición en 1987, aínda que nunca conseguiron pasar a primeira ronda. A súa mellor actuación foi nos dous últimos mundiais celebrados, o de 2003 e o de 2007 onde conseguiron dúas vitorias na fase de grupos.

O seu adestrador actual é o ex-Springbok Nick Mallett.

Equipamento[editar | editar a fonte]

Escudo da selección na camisola
Escocia - Italia 18 a 16

Italia xoga con camisola azul, que dende 2007 está elaborada pola compañía piemontesa Kappa e o banco italiano Cariparma (Cassa di Risparmio di Parma e Piacenza S.p.A.) é o seu patrocinador oficial.

Rexistros[editar | editar a fonte]

Copa do Mundo de Rugby[editar | editar a fonte]

Participacións de Italia na Copa do Mundo.

Edición Organizador Posto
1987 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia e Flag of Australia.svg Australia Primeira Fase
1991 Flag of England.svg Inglaterra[2] Primeira Fase
1995 Flag of South Africa.svg Sudáfrica Primeira Fase
1999 Flag of Wales.svg País de Gales[3] Primeira Fase
2003 Flag of Australia.svg Australia Primeira Fase
2007 Flag of France.svg Francia[4] Primeira Fase

Seis Nacións[editar | editar a fonte]

  Flag of Scotland.svg
Escocia
Flag of France.svg
Francia
Flag of Wales.svg
Gales
Flag of England.svg
Inglaterra
IRFU flag.svg
Irlanda
Flag of Italy.svg
Italia
Torneos 115 80 115 113 115 10
Vitorias (compartidas) 14 (8) 16 (8) 24 (11) 25 (10) 11 (8) 0 (0)
Grand Slam 3 8 10 12 2 0
Triple Coroa 10 N/A 19 23 10 N/A

Rexistros de xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos coa selección[editar | editar a fonte]

Italia

A listaxe seguinte recoller os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección italiana[5]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalas que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. O xogador que máis partidos xogou até o momento cos Azzurri é Alessandro Troncon, retirado da selección en 2007, con 101 convocatorias, o que o converten no sétimo xogador con máis partidos coa súa selección da historia. En negra xogadores en activo coa selección italina.

  1. Alessandro Troncon - 101
  2. Carlo Checchinato - 84
  3. Andrea Lo Cicero - 78
  4. Mauro Bergamasco - 74
  5. Marco Bortolami - 74
  6. Diego Dominguez - 74

Máis ensaios[editar | editar a fonte]

Marcello Cuttitta é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Italia[6].

  1. Marcello Cuttitta - 25
  2. Paolo Vaccari - 22
  3. Carlo Checchinato - 21
  4. Manrico Marchetto - 21
  5. Alessandro Troncon - 19
  6. Serafino Ghizzoni - 17

Puntos[editar | editar a fonte]

O record de puntos marcados posúeo Diego Dominguez con 983 puntos[7], sendo o terceiro xogador da historia en número de puntos coa súa selección nacional despois do galés Neil Jenkins e do inglés Jonny Wilkinson (xogador aínda en activo).

  1. Diego Domínguez - 983
  2. Stefano Bettarello - 483
  3. Luigi Troiani - 295
  4. Ramiro Pez - 254
  5. David Bortolussi - 147
  6. Ennio Ponzi - 133

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IRB Ranking, consultado a 29 de marzo de 2009 (en inglés)]
  2. coa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
  3. coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
  4. coa asistencia de País de Gales e Escocia
  5. Estatísticas en SuperRugby, consultado o 25 de marzo de 2009 (en inglés)
  6. Estatísticas en SuperRugby, consultado o 25 de marzo de 2009 (en inglés)
  7. Estatísticas en SuperRugby, consultado o 25 de marzo de 2009 (en inglés)