Sexismundo, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sexismundo
Pisanello 024b.jpg
Sexismundo retratado por un artista anónimo arredor de 1420.
Sacro Emperador Romano-Xermánico
1433 - 1437
Predecesor Carlos IV, Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Rei de Hungría (con María de Hungría)
1387 - 1437
Coroación 31 de marzo de 1387 en Székesfehérvár
Predecesor María de Hungría
Sucesor Alberte II de Alemaña

Coroación 31 de maio de 1433 en Roma
Nacemento 14 de febreiro de 1368
Nuremberg
Falecemento 9 de decembro de 1437
Znojmo
Sepultura Oradea
Cónxuxe/s María de Hungría
Barbara de Celje
Descendencia Sabela, Raíña de Bohemia
Proxenitores Carlos IV, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Sabela de Pomerania

Sexismundo de Luxemburgo, nado en Núremberg o 15 de febreiro de 1368 e finado en Znaim o 9 de decembro de 1437, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico de 1410 a 1437 e rei de Hungría e Bohemia, e derradeiro monarca da dinastía Luxemburgo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o segundo fillo do emperador Carlos IV. Foi marqués de Brandeburgo desde 1378, ao suceder ao seu pai, ata 1388 cando renunciou a favor do seu curmán Jobst de Moravia. Logo da morte deste, en 1411, Sexismundo volveu converterse en marqués de Brandeburgo ata 1415, cando agasallou co territorio desta marca a Federico I de Núremberg, dando lugar a que a familia dos Hohenzollern pasase a ser a máis importante de Alemaña.

Grazas ao seu casamento con María I de Hungría, Sexismundo ocupou o trono húngaro dende 1386. En 1396 fixo fronte aos turcos de Beyazid I que trataran de atacar o sur de Hungría pero as súas forzas foron derrotadas na Batalla de Nicopolis (actual Bulgaria) e o propio Sexismundo estivo a piques de ser capturado.

Contraeu un segundo matrimonio en 1406, con Barbara de Celje.

No ano 1410, falecido o emperador Roberto e tras unha complicada elección, foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano. Os seus opoñentes foron Wenceslao de Bohemia, que non aceptou a súa deposición como emperador dez anos antes de Jobst de Moravia, que resultou seleccionado pero faleceu poucos meses despois. Wenceslao renunciou a favor de Sexismundo, permitíndolle ser recoñecido emperador de xeito unánime.

Sexismundo reinou dende 1419 en Bohemia, ao suceder a Wenceslao pero estivo enfrontado cos husitas durante quince anos, e non foi recoñecido pola maior parte das faccións checas ata o ano 1437.

Tivo unha filla con Barbara de Celje, Sabela (1409-1442) quen casou co emperador Alberte II, que puido suceder ao seu sogro nos tronos de Hungría e Bohemia.


Predecesor:
{{{predecesor}}}
Rei dos Romanos
1410 - 1433
Sucesor:
{{{sucesor}}}
Predecesor:
{{{predecesor}}}
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
1433 - 1437
Sucesor:
{{{sucesor}}}
Predecesor:
{{{predecesor}}}
Rei de Hungría
1387 - 1437
Sucesor:
{{{sucesor}}}
Predecesor:
{{{predecesor}}}
Elector de Brandeburgo
1378 - 1388
Sucesor:
{{{sucesor}}}
Predecesor:
{{{predecesor}}}
Elector de Brandeburgo
1411 - 1415
Sucesor:
{{{sucesor}}}
Predecesor:
{{{predecesor}}}
Rei de Bohemia
1419 - 1421
1436 - 1437
Sucesor:
{{{sucesor}}}