Saltar ao contido

Río Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía físicaRío Congo
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
País da cuncaZambia, Angola, Burundi, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Gabón, Malaui, República do Congo, Ruanda, Sudán, Sudán do Sur, Uganda e Tanzania Editar o valor en Wikidata
División administrativaKongo-Central, República Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBoyoma Falls (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 11°46′16″S 26°30′46″L / -11.771, 26.51269
Afluentes
39
Conca hidrográficaConca fluvial do Congo Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude32 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións4.700 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica401.450.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal41.800 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Congo (no pasado tamén coñecido como río Zaire)[1] é o río máis grande da África central. Cos seus 4 380 km é o segundo río máis longo de África, só superado polo Nilo, de tormarmos o río Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo do Amazonas. No río atópanse máis de 4 000 illas.

O río dá nome a dous estados, a República Democrática do Congo e a República do Congo e ao antigo reino do Congo. Entre 1971 e 1997 o goberno do entón Zaire deulle o nome de río Zaire.

O Congo en Maluku, preto de Kinshasha

As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como nos lagos Tanganica e Mweru.

A foz do Congo visitouna por primeira vez o nevegante e explorador portugués Diogo Cão en 1482,[2] remontando o seu curso até ás fervenzas de Ielala, preto da actual cidade de Matadi. A palabra Matadi significa "pedra" en lingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en 1485 para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.

No ano 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.

Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.

Denominación

[editar | editar a fonte]

Antes da colonización portuguesa da zona, os nativos denominaban ao río, Nzere ou Nzadi, que na lingua da etnia bakongo, significaba «o río que traga os demais ríos». O explorador portugués Diogo Cão, que foi o primeiro europeo que percorreu a súa desembocadura, chamouno río Zaire, por deformación do nome dado polos indíxenas. Esta denominación persistiu ata o século XVIII, en que comezou a ser nomeado como río Congo, pola etnia Congo ou bankongo, que dominaba case toda a cunca do río.[3]

Entre 1971 e 1997, o goberno de Zaire, nome que tiña a República Democrática do Congo durante a ditadura de Mobutu Sese Seko, quixo cambiar a denominación do río Congo a río Zaire, pero ese cambio foi ignorado por moitos países, entre os cales cabe destacar a veciña República do Congo.

Historia natural

[editar | editar a fonte]
O comezo das cataratas Livingstone preto de Kinshasa
Mercado nas beiras do río en Kisangani

O curso actual do río Congo formouse hai entre 1,5 e 2 millóns de anos, durante o Plistoceno.[4]

A formación do Congo puido levar á especiación alopátrica do bonobo e do chimpancé común a partir do seu devanceiro común máis recente.[5] O bonobo é endémico dos bosques húmidos da rexión, do mesmo xeito que outras especies emblemáticas como o Allenopithecus nigroviridis, Cercopithecus dryas, Genetta piscivora, ocapi e Afropavo congensis.[6][7]

En termos de vida acuática, a conca do río Congo ten unha moi alta riqueza de especies e nela obsérvanse uns dos máximos niveis coñecidos de concentración de especies endémicas.[8] Ata agora, rexistráronse preto de 700 especies de peixes na conca do Congo, e grandes seccións permanecen virtualmente sen estudar.[9] Debido a isto e ás grandes diferenzas ecolóxicas entre as rexións da conca, a miúdo divídese en varias ecorrexións ecolóxicas (no canto de tratala como unha única ecorrexión). Entre estas ecorrexións, só a dos rápidos do baixo Congo conta con máis de 300 especies de peixes, incluíndo aproximadamente 80 especies endémicas,[10] mentres que a parte suroeste (Conca do Kasai) por si soa ten máis de 200 especies de peixes, dos cales ao redor dun cuarto son endémicas.[11] As familias de peixes dominantes -polo menos nalgunhas partes do río- son Cyprinidae (carpa/ciprínidos, como Labeo simpsoni, Mormyridae (peixes elefantes), Alestidae (tetras africanos), Mochokidae (bagres squeaker) e Cichlidae (cíclidos).[12] Entre os nativos no río está o enorme e altamente carnívoro, peixe tigre xigante. Dous dos cíclidos endémicos máis raros son os esbrancuxados (non pigmentados) e cegos Lamprologus lethops, que se cre que vive a unha profundidade de 160 m por baixo da superficie,[10] e o Heterochromis multidens, que parece estar máis estreitamente relacionado cos cíclidos das Américas que con outros cíclidos de África.[13] Tamén hai numerosas ras endémicas e caracois.[12][14] Está prevista a construción de varias represas hidroeléctricas no río que poden conducir á extinción de moitos dos endemismos.[10]

Exploración do río

[editar | editar a fonte]
Mapa do século xvii do estuario do río Congo
Neste mapa de África de 1853, a rexión inexplorada (Unexplored Region) restante corresponde esencialmente á conca do Congo

Toda a conca do Congo está poboada por pobos bantús, divididos en varios centos de grupos étnicos ou tribais (ver grupos étnicos da República Democrática do Congo (en inglés)). A expansión bantú estímase que chegaría ata o Congo Medio ao redor do 500 a. C., e ao Congo Alto ao comezo da era común. Restos da poboación aborixe desprazada pola migración bantú, pigmeos/abatwa do phylum ubangiano, permanecen nas zonas forestais remotas da conca do Congo.

O reino do Congo formouse ao redor do 1400 na beira esquerda do río Congo Baixo. O seu control territorial ao longo do río mantívose limitado ao que hoxe corresponde coa provincia Congo Baixo. A exploración europea do Congo comezou en 1482, cando o explorador portugués Diogo Cão descubriu o estuario do río (probablemente en agosto), que sinalou cun padrão ou alicerce de pedra (que aínda existe, pero só en fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba establecendo contacto co reino de Congo e chegando ás cataratas de Yellala, o límite navegable, onde erixiu outro padrão. Cão morreu no río perseguindo a un crocodilo. O curso do río permaneceu descoñecido durante todo o período moderno temperán.[15]

Henry M Stanley cos oficiais da Columna Advance, no Cairo, 1890. De esquerda a dereita: Dr. Thomas Heazle Parke, Robert H. Nelson, Henry M. Stanley, William G. Stairs e Arthur J. M. Jephson.

A conca alta do Congo corre ao oeste desde o Rift Albertino aínda que a súa conexión co Congo permaneceu descoñecida ata 1877. O extremo nordés da conca do Congo alcanzouse pola expansión nilótica nalgún momento entre os séculos xv e xviii, polos antepasados dos falantes de Luo meridional do pobo Alur. Francisco de Lacerda seguindo o río Zambeze logrou chegar en 1796 á parte máis alta da conca do Congo (ao reino de Cazembe na parte superior da conca do río Luapula).

A exploración europea continuou co intento británico de James Kingston Tuckey que en 1816, tratou de remontar o río Congo desde a súa desembocadura, logrando avanzar 480 km río dentro pero non chegou a superar as cataratas Livingstone que frearon o seu avance.

O río Congo superior, coñecido como río Lualaba, alcanzarono por primeira vez os escravistas árabes no século xix. A localidade de Nyangwe foi fundada como posto de avanzada dos traficantes de escravos cara a 1860.

No século xix ninguén podía imaxinar que o Lualaba, que avanza implacablemente en dirección norte e o Congo que corría cara á parte suroccidental ata desembocar no Atlántico, despois de atravesar a metade do continente, fosen o mesmo río. Pensábase que o primeiro podía formar parte da corrente principal do Nilo, esta tese era defendida entre outros polo explorador David Livingstone, que percorreu o Lualaba na súa expedición de 1866, mentres que o segundo foi confundido coa desembocadura do río Níxer polo explorador e naturalista Mungo Park que entre finais do século xviii e principios do xix, percorreu o río Níxer.

Livingstone foi o primeiro europeo en chegar a Nyangwe en 1871. Livingstone propuxo demostrar que o Lualaba conectaba co Nilo, pero o 15 de xullo, foi testemuña do masacre duns 400 africanos por escravistas árabes en Nyangwe, unha experiencia que o deixou demasiado arrepiado e disuadiuno de continuar a súa misión de atopar as fontes do Nilo, polo que volveu de novo ao lago Tanganica.[16][17]

O curso medio do Congo permaneceu sen explorar, tanto desde o leste como polo oeste, ata a expedición de 1876-1877 de Henry Morton Stanley. No momento era unha das últimas preguntas abertas da exploración de África (ou de feito do mundo), a cuestión de se o río Lualaba alimentaba o Nilo (teoría de Livingstone), o Congo[18] ou mesmo o Níxer. Financiada en 1874, a primeira exploración trans-africana de Stanley comezou en Zanzíbar e chegou ao Lualaba o 17 de outubro de 1876. Por terra chegou a Nyangwe, o centro dunha zona sen lei na que había tribos caníbales e na que Tippu Tip desenvolvía o seu comercio de escravos. Stanley logrou contratar a unha forza de Tippu Tip, para protexelo nos seguintes 150 km ou polo menos, durante 90 días. A partida deixou Nyangwe por terra a través da densa selva Matimba. O 19 de novembro chegaron ao Lualaba de novo. Dado que ir polo bosque era demasiado pesado, Tippu Tip deu a volta coa súa partida o 28 de decembro, deixando a Stanley pola súa conta, con 143 persoas, entre elas 8 nenos e 16 mulleres. Tiñan 23 canoas. O seu primeiro encontro cunha tribo local foi cos caníbales wenya. En total Stanley informaría de 32 encontros hostís no río, algúns violentos, a pesar de que tentou sempre negociar unha travesía pacífica polas súas terras. Pero as tribos eran desconfiadas e cautelosas xa que a súa única experiencia con estranxeiros era cos traficantes de escravos, e non podían entender o motivo da exploración.

O 6 de xaneiro de 1877, despois de 640 quilómetros, chegaron ás cataratas Boyoma (chamadas cataratas Stanley durante algún tempo despois), que consta de sete cataratas nun tramo de 100 quilómetros que tiveron que pasar por terra. Levoulles ata o 7 de febreiro chegar ao final das cataratas. Aquí Stanley decatouse de que o río se chamaba Ikuta Yacongo,[19] o que demostraba que chegaran ao Congo, e que o Lualaba non alimentaba o Nilo.

A partir deste punto, non encontaron máis tribos caníbales, pero si tribos con armas de fogo, ao parecer resultado da influencia portuguesa. Unhas catro semanas e 1900 quilómetros máis tarde chegaron a Stanley Pool (agora Pool Malebo), o lugar no que se atopan as actuais cidades día Kinshasa e Brazzaville. Augas abaixo chegaron ás cataratas Livingstone (mal chamadas Livingstone que nunca estivo no Congo), unha serie de 32 caídas e rápidos cunha caída de 270 metros en máis de 350 quilómetros. O 15 de marzo comezaron o descenso das cataratas, o que lles levou cinco meses e custoulles numerosas vidas. Desde as cataratas Isangile, cinco caídas desde o pé, vararon as canoas e o Lady Alice e deixaron o río, co obxectivo posto en alcanzar o posto de avanzada portugués de Boma a través de terra. O 3 de agosto chegaron á aldea Nsada. A partir de aí Stanley enviou catro homes de avanzada con cartas a Boma, pedindo comida para a súa xente que estaba a morrer de fame. O 7 de agosto chegaron auxilios, sendo enviados por representantes da firma comercial de Liverpool Hatton & Cookson. O 9 de agosto chegaron a Boma, 1001 días desde que saíran de Zanzíbar o 12 de novembro de 1874. A partida consistía entón en 108 persoas, entre elas tres nenos nados durante a viaxe. O máis probable (as propias publicacións de Stanley dan cifras inconsistentes) é que perdesen 132 persoas por enfermidade, fame, afogamento, morte e deserción.[20]

Kinshasa foi fundada como un posto comercial por Henry Morton Stanley en 1881 e nomeada Leopoldville en honra a Leopoldo II de Bélxica. A conca do Congo foi reclamada por Bélxica como Estado Libre do Congo en 1885.

Durante a época colonial grandes vapores de rodas foron transportados peza a peza aos ombreiros de carrexadores desde a costa ata a parte navegable do Congo para salvar as temibles cataratas de Livingstone.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Conca do Congo.

O río Congo ten a súa orixe nas montañas do val do Gran Rift, na África oriental, como os lagos Tanganica e Moero, que alimentan o río Lualaba, que se converte no Congo por baixo das cataratas Boyoma. O río Chambeshi, en Zambia, é xeralmente considerado como a fonte do Congo, segundo o criterio frecuente da fonte máis afastada da desembocadura, como é o caso do Nilo.

O Congo discorre, en xeral, en dirección oeste a partir de Kisangani, xusto debaixo das cataratas, e despois aos poucos vólvese ao sur-oeste, pasando por Mbandaka, uníndose co río Ubangi, e precipitándose no lago Malebo (Pool Malebo, antes Stanley Pool). As cidades de Kinshasa (anteriormente Leopoldville) e Brazzaville están situadas nos lados opostos do río, no lago Malebo. A partir de alí, o Congo contráese e descende a través dunha serie de cataratas creadas por profundos canóns e coñecidas colectivamente como cataratas Livingstone. A continuación, corre en dirección a Matadi e Boma, e logo desemboca no océano Atlántico no pequeno pobo de Muanda.

O río Congo na súa maior parte ten unha profundidade de entre 15 e 30 m, aínda que nun tramo do curso baixo chega a alcanzar unha profundidade de 230 m.

Tradicionalmente, o Congo dividiuse nos seguintes tramos:

  • Cabeceira: o río Lualaba — da fonte a Kisangani, onde terminan as cataratas Boyota: considerado como o curso superior, con 1800 km. O río é a miúdo estreito, tortuoso e cortado por fervenzas ou rápidos por mor das montañas e mesetas que atravesa, e discorre sempre en dirección norte.
  • Curso medio: comprende o Alto Congo e o Medio Congo. Neste percorrido de 1700 km aproximadamente, o río xira cara ao oeste formando unha gran curva e atravesa a inmensa chaira central do país. O seu percorrido é pausado e está sementado de illas e bancos de area. A súa anchura chega ata os 25 a 30 km, en Makanza, formando unha rede, xunto aos seus afluentes, duns 13.000 km de vías navegables.
  • Alto Congo, que vai desde Kisangani ata Mbandaka.
  • Medio Congo, desde Mbandaka a Brazzaville/Kinsasa.
  • Curso inferior ou Baixo Congo, desde Brazzaville/Kinsasa ata a desembocadura. Divídese en dúas partes:
  • De Kinsasa a Matadi (350 km), o río atravesa os montes de Bangu, tamén denominadas montañas de Cristal, e ten 32 fervenzas que fan a navegación imposible.
  • De Matadi ao océano (137 km), o río acougado permite remontar os barcos desde o mar. Entre Boma e Banana, illas baixas e pantanosas dividen o río en múltiples brazos.

Principais illas

[editar | editar a fonte]

Afluentes

[editar | editar a fonte]
O río Congo e os seus afluentes (e secundarios de máis de 200 km)
 
Tramo Ramal Nome do afluente Desembocadura Lonxitude (km) Conca (km²) Caudal (m³/s) País polo que flue
Río Lualaba
(da fonte a Kisangani)
E - Río Lubudi Lualaba República Democrática do Congo
- D Río Lufira[21] Lualaba 630 República Democrática do Congo
E - Río Lovoi Lualaba República Democrática do Congo
- D Río Kalumengonko Lualaba República Democrática do Congo
- D Sistema LuvuaLuapulaChambeshi[22] Lualaba 1.400 296.600 280 República Democrática do Congo
- D - Luvua Lualaba 350 296.600 280 República Democrática do Congo
- - - Lago Mweru Luvua 90 Zambia Zambia
República Democrática do Congo
- - - Río Luapula Lago Mweru 560 Zambia Zambia
República Democrática do Congo
- - - Río Chambeshi Luapula 480 Zambia Zambia
República Democrática do Congo
E - Río Luvidjo Lualaba República Democrática do Congo
- D Sistema Lukuga-lago Tanganica-Ruzizi-lago Kivu[23] Lualaba 910 República Democrática do Congo
- D - Sistema Lukuga-Niembe[24] Lualaba 560 270.900 271 República Democrática do Congo
- D - Río Lukuga Lualaba 350 270.900 271 República Democrática do Congo
- - - Río Luizi Lukuga República Democrática do Congo
- - - Río Niembe Lukuga República Democrática do Congo
- - - Lago Tanganica Lukuga 350[24] 231.000 República Democrática do Congo
- - - Río Ruzizi Lago Tanganica 117 República Democrática do Congo
Burundi Burundi
Ruanda Ruanda
- - - Lago Kivu Ruzizi 89 República Democrática do Congo
- - - Río Malagarasi Lago Tanganica 475 130.000 Burundi Burundi
Tanzania
- D Río Luama Lualaba República Democrática do Congo
- D Río Elila Lualaba 400 República Democrática do Congo
E - Río Kasuku Lualaba República Democrática do Congo
- D Río Ulindi Lualaba 450 República Democrática do Congo
- - - Río Lugulu Ulindi 560 República Democrática do Congo
- D Río Lowa Lualaba 390 República Democrática do Congo
- - - Río Lubutu Lowa República Democrática do Congo
- - - Río Oku Lowa República Democrática do Congo
- - - Río Oso Lowa República Democrática do Congo
- - - Río Luka Lowa República Democrática do Congo
- D Río Maiko Lualaba República Democrática do Congo
- D Río Lindi Lualaba 515 República Democrática do Congo
- - - Río Tshopo Lindi República Democrática do Congo
Alto Congo
(Kisangani a Mbandaka)
E - Río Lomami Alto Congo 1.500 95.830 837 República Democrática do Congo
- D Río Aruwimi (incluído o Ituri)[25] Alto Congo 1.287 República Democrática do Congo
- - - Río Lulu Aruwimi República Democrática do Congo
- - - Río Nepoko Aruwimi República Democrática do Congo
- - - Río Ituri Aruwimi 1.030 República Democrática do Congo
- - - Río Epulu Ituri República Democrática do Congo
- - - Río Ibina Ituri República Democrática do Congo
- - - Río Shari Río Ituri República Democrática do Congo
- D Río Itimbiri (coa súa fonte, o río Rubi)[26] Alto Congo 535 República Democrática do Congo
- - - Río Tele Itimbiri República Democrática do Congo
- - - Río Likati Itimbiri República Democrática do Congo
- D Río Mongala (co Ebola) Alto Congo 510
- - - Río Dua Mongala 225 República Democrática do Congo
- - - Río Ebola Mongala 225 República Democrática do Congo
E - Río Lulonga (coa súa fonte, o río Maringa) Alto Congo 705 República Democrática do Congo
- - - Río Lopori Lulonga 470 República Democrática do Congo
- - - Río Maringa Lulonga 515 República Democrática do Congo
E - Río Ikelemba Alto Congo
Medio Congo
(de Mbandaka a Brazzaville/Kinshasa)
E - Río Ruki-Tschuapa Medio Congo 1.025 República Democrática do Congo
- - - Río Tshuapa Ruki 925 República Democrática do Congo
- - - Río Salonga Tshuapa República Democrática do Congo
- - - Río Yenge Salonga República Democrática do Congo
- - - Río Lomela Tshuapa 560 República Democrática do Congo
- - - Río Momboyo-Luilaka Ruki 535 República Democrática do Congo
- - - Río Lokolo Momboyo República Democrática do Congo
- - - Río Luile Momboyo República Democrática do Congo
- - - Río Luilaka Momboyo República Democrática do Congo
- D Sistema UbangiUele[27][28] Medio Congo 2.272 754.830 5.936 República Democrática do Congo
República Centroafricana
República do Congo
- D - Río Ubangi [28] Medio Congo 1.120 754.830 5.936 República Democrática do Congo
República Centroafricana
República do Congo
- - - Río Giri Ubangi
- - - Río Lua Ubangi República Democrática do Congo
- - - Río Lobaye Ubangi 520 36.970 321 República do Congo
República Centroafricana
- - - Río Mbaéré Lobaye República do Congo
República Centroafricana
- - - Río Ouaka Ubangi 550 República Centroafricana
- - - Río Kotto Ubangi 660 78.400 447 República Centroafricana
- - - Río Mbomou[28] Ubangi 966 156.950 1.130 República Democrática do Congo
República Centroafricana
- - - Río Mbari Mbomou República Centroafricana
- - - Río Chinko Mbomou 420 52.308 397 República Centroafricana
- - - Río Ouara Mbomou República Centroafricana
- - - Río Uele[27][28] Ubangi 1.150 135.400 1.530 República Democrática do Congo
- - - Río Uere Uele República Democrática do Congo
- - - Río Bomokandi Uele República Democrática do Congo
- - - Río Kibali Uele República Democrática do Congo
- D Sistema Sangha-Kadeï[29] Medio Congo 790 213.400 2.471 Camerún Camerún
República Centroafricana
República do Congo
- D - Río Sangha[29] Medio Congo 790 213.400 2.471 Camerún Camerún
República Centroafricana
República do Congo
- - - Río Ngoko Sangha
- - - Río Moumba Ngoko
- - - Río Dja Ngoko 720 80.000 800 Camerún Camerún
República do Congo
- - - Río Kadeï[29] Sangha 510
- - - Río Mambéré Kadeï
- D Río Likouala Medio Congo
- - - Río Kouyou Likouala
- - - Río Lengoué Likouala
- - - Río Mambili Likouala
- D Río Alima Medio Congo
- - - Río Mpama Alima
E - Río Lokoro Medio Congo
- - Río Nkéni Medio Congo
- - Río Léfini Medio Congo
E - Río Kasai Medio Congo República Democrática do Congo
- - - Río Fimi-Lukenie[30] Río Kasai República Democrática do Congo
- - - Río Kwango Kasai 1.100 República Democrática do Congo
- - - Río Wamba Kwango Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Bakali Wamba República Democrática do Congo
- - - Río Culio Kwango Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Kwilu Kasai República Democrática do Congo
- - - Río Inzia Kwilu República Democrática do Congo
- - - Río Luie Inzia República Democrática do Congo
- - - Río Kwenge Kwilu Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Lutshima Kwilu República Democrática do Congo
- - - Río Lubalo Kwilu Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Loange Kasai 1.150 Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Luele Loange Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Sankuru Kasai 1.150 República Democrática do Congo
- - - Río Lubefu Sankuru República Democrática do Congo
- - - Río Lubilandji Sankuru República Democrática do Congo
- - - Río Luilu Lubilandji República Democrática do Congo
- - - Río Lubi Lubilandji República Democrática do Congo
- - - Río Luembe Lubilandji República Democrática do Congo
- - - Río Mbuji-Mayi Lubilandji República Democrática do Congo
- - - Río Lubishi Lubilandji República Democrática do Congo
- - - Río Lulua (o Luluwa) Kasai 900
- - - Río Lovua Kasai Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Chicapa (o Tshikapa) Kasai 870 Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Luachimo Kasai Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Lubembe Kasai Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Chiumbe Lubembe Angola Angola
República Democrática do Congo
- - - Río Lueta Kasai
E - Río Nsele Medio Congo
Baixo Congo
(de Brazzaville/Kinshasa á desembocadura)
E - Río Inkisi Baixo Congo 400 República Democrática do Congo
E - Río Mpozo Baixo Congo
- - Río Bundi Baixo Congo
  1. FAO. "The inland waters of Africa the Congo/Zaire System". Consultado o 19 de decembro de 2010. 
  2. Markham, Sir Clements Robert, ed. (1875): Discovery of the Course of the Congo. The Geographical magazine, Volume 2. London: Trübner & Co.
  3. Forbath, Peter. El río Congo. Fondo de Cultura Económica. ISBN 84-7506-508-2. 
  4. Leonard C. Beadle (1981). The inland waters of tropical Africa: an introduction to tropical limnology. Longman. p. 475. ISBN 978-0-582-46341-7. Consultado o 2 de abril de 2011.  "It is hypothesized that in the late Pliocene or early Pleistocene, a coastal Lower Guinean river captured Malebo Pool, connecting the previously interior Congo Basin to the ocean." Thieme et al., Freshwater Ecoregions of Africa and Madagascar: A Conservation Assessment Ecoregions Assessments, Island Press, 2005, p. 297.
  5. Caswell JL, Mallick S, Richter DJ; et al. (2008). "Analysis of chimpanzee history based on genome sequence alignments". PLoS Genet. 4 (4): e1000057. PMC 2278377. PMID 18421364. doi:10.1371/journal.pgen.1000057. 
  6. Kingdon, Jonathan (1997). The Kingdon Guide to African Mammals. London: Academic Press Limited. ISBN 0-1240-8355-2. 
  7. BirdLife International (2008). "Afropavo congensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2 de maio de 2011. 
  8. Dickman, Kyle (3 de noviembre de 2009). "Evolution in the Deepest River in the World". Science & Nature. Smithsonian Magazine. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2011. Consultado o 04 de marzo de 2017. 
  9. Freshwater Ecoregions of the World (2008). Sudanic Congo – Oubangi. Arquivado 05 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Accessed 2 May 2011.
  10. 10,0 10,1 10,2 Norlander, Britt (20 de abril de 2009). "Rough waters: one of the world's most turbulent rivers is home to a wide array of fish species. Now, large dams are threatening their future". Science World. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 04 de marzo de 2017. 
  11. Freshwater Ecoregions of the World (2008). Kasai. Arquivado 05 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Accessed 2 May 2011.
  12. 12,0 12,1 Freshwater Ecoregions of the World (2008). Upper Lualaba. Arquivado 05 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Accessed 2 May 2011.
  13. Kullander, S.O. (1998). A phylogeny and classification of the South American Cichlidae (Teleostei: Perciformes). pp. 461–498 in Malabarba, L., et al. (eds.), Phylogeny and Classification of Neotropical Fishes, Porto Alegre.
  14. Freshwater Ecoregions of the World (2008). Lower Congo Rapids. Arquivado 05 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Accessed 2 May 2011.
  15. The Dieppe maps of the mid 16th century show the Congo only as a minor river, while having the Nile run throughout the continent, rising in Southern Africa. The same interpretation is in essence still found in Jan Blaeu's Atlas Maior of 1660. Jacques Bellin's map of the Congo in Histoire Generale Des Voyages by Antoine François Prévost (1754) shows awareness of the river reaching further inland, to the inclusion of the provinces of Sundi and Pango, but has no detailed knowledge of its course.
  16. Livingstone, David (2012). Livingstone's 1871 Field Diary. A Multispectral Critical Edition. UCLA Digital Library: Los Angeles, CA. Disponible en: <http://livingstone.library.ucla.edu/1871diary/ Arquivado 05 de setembro de 2014 en Wayback Machine.>
  17. Véxase tamén Jeal, Tim (1973). Livingstone. New Haven, CT: Yale University Press. Pax. 331-335.
  18. Jeal, 2007 p. 188-219.
  19. Jeal, 2007 p. 199; febreiro 7, 1877
  20. Jeal, 2007 p. 217. Stanley, Henry M. (1988). Through the Dark Continent. Dover Publications. pp. 432 pages. ISBN 0-486-25667-7. 
  21. A lonxitude segundo a Encyclopedia Britannica é de 500 km. No The Inland Waters of Africa, op. cit., 630 km.
  22. Este sistema está formado polo río Luvua (350 km), o lago Mweru, o río Luapula (480 km), o lago Bangweulu e o río Chambeshi (480 km).
  23. O río Lukuga é o emisario de lago Tanganica e ten unha lonxitude de 350 km. A fonte máis lonxana do Tanganica é o lago Kivu (89 km de longo), que drena a través do río Ruzizi (117 km). O tramo a través do lago Tanganica que une as bocas de ambolos ríos é de uns 350 km.
  24. 24,0 24,1 O río Lukuga, é o emisario do lago Tanganica e ten 350 km, ainda que considerando unha das súas fontes, o río Niembe, o sistema Lukuga-Niembre chega ata os 560 km.
  25. O Aruuwimi ten unha lonxitude de só 380 km, pero coa súa fonte, o río Ituri, de 750 km, chega aos 1030 km. The Inland Waters of Africa, de Robin L. Welcomme. Publicación da FAO, CIFA Tech. Pap., de 1972, 117 p. Dispoñible en liña en: FAO. Consultado o 2 de xullo de 2010.
  26. O Itimbiri ten unha lonxitude de 220 km, pero ca súa fonte, o río Ribi, de 315 km, alcanza os 535 km. The Inland Waters of Africa, op.cit..
  27. 27,0 27,1 O río Ubangi ten unha lonxitude de só 1.120 km, pero coa súa fonte, o río Uele, de 1.152 km, alcanza os 2.272 km.
  28. 28,0 28,1 28,2 28,3 J. Callede, Y. Boulvert, J-P. Thiebaux: Le bassin de l'Oubangui Arquivado 27 de abril de 2013 en Wayback Machine.
  29. 29,0 29,1 29,2 O Sangha (790 km), cunha das súas fontes, o río Kadéi, alcanza os 1.300 km.
  30. The Inland Waters of Africa, op.cit..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]