Henry Morton Stanley
(1872) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) John Rowlands 28 de xaneiro de 1841 Dinbych |
| Morte | 10 de maio de 1904 Londres |
| Lugar de sepultura | St Michael and All Angels Churchyard (en) |
| Membro do 26º Parlamento do Reino Unido | |
| 15 de xullo de 1895 – 17 de setembro de 1900 (disolución do parlamento) Lexislatura: 26th Parliament of the United Kingdom (en) Circunscrición electoral: Lambeth North (en) | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Londres |
| Ocupación | xornalista, político, explorador, escritor |
| Partido político | Liberal Unionist Party (en) |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | guerra civil estadounidense |
| Participou en | |
| Henry Morton Stanley's first trans-Africa exploration (en) |
|
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Dorothy Tennant (1890–1904) |
| Fillos | Denzil Stanley |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Стэнли Генри Мортон) Enciclopedia Soviética Armenia |
Sir Henry Morton Stanley, nado en Denbigh (Gales) o 28 de xaneiro de 1841 e finado en Londres o 10 de maio de 1904, foi un explorador e periodista galés nacionalizado estadounidense famoso polas súas expedicións na daquela ignota África central, nunha das cales atopou ao desaparecido David Livingstone.
Primeiros anos de vida e o seu traslado aos Estados Unidos
[editar | editar a fonte]Stanley naceu en Denbigh, País de Gales, cando a súa nai, Elizabeth Parry, tiña 19 anos. Segundo o seu certificado de nacemento era fillo ilexítimo e o estigma da ilexitimidade supuxo unha pesada carga para el, durante toda a súa vida. Tivo unha infancia chea de maltratos e de loita pola súa existencia, foi criado polo seu avó ata a idade de cinco anos. Cando este morreu, viviu durante un curto período con algúns curmáns e sobriños maternos, pero pouco despois foi enviado a St. Asaph Union Workhouse, institución de acolleita para pobres, onde o hacinamiento e a falta de control daban lugar a frecuentes abusos dos mozos maiores e dos reitores da institución. Cando tiña dez anos, a súa nai e dous irmáns permaneceron durante un tempo nesta institución, sen que Stanley soubesen quen eran. Alí permaneceu ata os quince anos, momento en que foxe da institución e marcha á súa aldea natal. Aquí completa unha educación elemental e colabora como axudante de profesor nunha escola nacional. En 1859, é contratado no porto de Liverpool, no barco Windermeer, con rumbo a Nova Orleáns. No barco tamén sofre unha dura travesía, que o leva a saltar a terra en canto avistan Nova Orleáns, sen esperar a cobrar os seus xornais pendentes.
En Nova Orleáns, tomou o apelido Stanley ao ser adoptado por un comerciante norteamericano, participou na Guerra Civil Americana.
Ao finalizar a guerra, comezou a súa carreira como xornalista, escribindo como correspondente desde o oeste americano. En 1868 acompañou como cronista ás tropas británicas a Abisinia, na expedición que realizaban os ingleses contra o Negus Teodoro II de Etiopía, máis tarde emprendeu expedicións ao Imperio Otomán, visitando Grecia, Esmirna, Beirut e Alexandría; tamén é enviado a España, onde presencia a guerra carlista e asiste á caída da raíña Isabel II e aprende un perfecto castelán.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morales Padrón, Francisco (1959). Planeta, ed. Henry Morton Stanley, (Forjadores del mundo contemporáneo) (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henry Morton Stanley |
| A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Vidas Contadas en RNE (en castelán).
