Lago Mweru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago Mweru
Lago Mweru
Capacidade38,2 km³ hm³
Lonxitude131 km
Ancho56 km
Cota917 m msnm
Costa436 km km
Profundidade27 m m
Prof. media7,5 m m
Referencia* Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas.

O lago Mweru é un lago situado na fronteira entre a República Democrática do Congo (Katanga) e Zambia, a uns 150 km ó sur do lago Tanganica. Mide uns 96 km de longo por 45 km de largo, orientado en dirección nordés-suroeste, cunha superficie duns 4650 km². É alimentado polo río Luapula. O emisario do lago é o río Luvua, que alimenta o río Lualaba, nome que recibe o río Congo na súa parte superior. O lago comprende a illa de Kilwa na súa parte meridional.

O lago estivo illado durante moito tempo, e só se chaegaba a el a través de pistas forestais, tanto no lado de Zambia como no do Congo. En 1987 construíuse unha estrada asfaltada ata a aldea de Nchelenge en Zambia, e a poboación está a medrar rapidamente, aproveitando a pesca no lago.

As principais localidades da parte congolesa son Pweto e Kilwa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]