Saltar ao contido

James Hingston Tuckey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames Hingston Tuckey
Biografía
Nacementoagosto de 1776 Editar o valor en Wikidata
Mallow, Irlanda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1816 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Río Congo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, botánico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Gran Bretaña Editar o valor en Wikidata
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerras da Revolución Francesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaTuckey Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
A Compendium of Irish Biography (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1759807

James Hingston[1] Tuckey, nado en Greenhill, preto de Mallow (Condado de Cork), en agosto de 1776 e finado o 4 de outubro de 1816, foi un explorador británico e capitán da Royal Navy.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo o seu inicio militar contra os neerlandeses e os franceses na India e Sri Lanka, tamén combateu contra os franceses no mar Vermello. En 1802 axudou a expandir a colonia británica de Nova Gales do Sur en Australia. En 1805 cando escoltaba un convoi inglés desde a illa de Santa Helena, foi apresado polos franceses, permanecendo encarcerado nove anos. Durante o seu cativerio escribiu Maritime Geography and Statistics, no que ofrecía unha visión integra dos diferentes fenómenos do océano.

En 1816 tratou de explorar o río Congo nunha expedición organizada polo Almirantado británico, que tiña por obxecto a exploración do río Congo e investigar se existía unha conexión entre este río e o río Níxer coas concas da África Occidental e Central. Tuckey navegou dende a súa desembocadura, pero constatou que a parte inicial do río non era navegábel debido aos rápidos existentes, posteriormente chamados Cataratas Livingstone, sobre Matadi, a 160 km do mar. Só atopou ruínas de colonias portuguesas e misioneiros católicos moribundos.

Propuxo enviar misioneiros protestantes ao río Congo. Explorou río arriba, até chegar a 480 km do mar. A maioría da tripulación e dos seus oficiais, morreron de febre, e o mesmo Tuckey morreu o catro de outubro de 1816 en Moanda, na actual República Democrática do Congo. A expedición foi un fracaso pero concitou o interese da exploración do continente africano.

  1. Algunhas fontes o refiren como Kingston Tuckey.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]