Serra de Gredos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 40°15′00″N 5°13′00″O / 40.25000, -5.21667

Cara sur do pico Almanzor, o máis alto da serra de Gredos.

A serra de Gredos é unha serra do centro de España pertencente ao Sistema Central, situada entre as provincias de Salamanca, Cáceres, Ávila, Madrid e Toledo. A súa máxima altitude dáse na provincia de Ávila na Praza do Mouro Almanzor a 2.592 msnm, que divide os termos municipais de Zapardiel de la Ribera e Candeleda.

Está declarada parque rexional dentro de Castela e León, e é o único parque rexional, xunto co de Picos de Europa en León, da comunidade autónoma. Gredos é unha das serras máis extensas do Sistema Central e está composta por cinco vales fluviais: Alto Tormes, Alto Alberche, Tiétar Oriental, Tiétar Occidental e a Vera, e val do Ambroz.

En torno ás súas grandes moles graníticas basculan tres comunidades autónomas: Castela e León, Estremadura e Madrid; estendéndose de leste a oeste dende San Martín de Valdeiglesias a Hervás e de norte a sur do val do Tormes a Rosarito. O seu agreste relevo serviu de refuxio á tribo celta máis meridional, os vetóns, e a outros rebeldes históricos como El Empecinado ou o maquis.