Arenas de San Pedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArenas de San Pedro
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°12′32″N 5°05′28″O / 40.208888888889, -5.0911111111111Coordenadas: 40°12′32″N 5°05′28″O / 40.208888888889, -5.0911111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Ávila Editar o valor em Wikidata
CapitalArenas de San Pedro Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación6.464 (2023) Editar o valor em Wikidata (33,17 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie194,85 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Tiétar, Arenal, Ramacastañas River (en) Traducir e Pelayo Editar o valor em Wikidata
Altitude510 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoLa Mira (2.343 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJuan Carlos Sánchez Mesón (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal05400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE05014 Editar o valor em Wikidata

Sitio webarenasdesanpedro.es Editar o valor em Wikidata
Instagram: aytoarenasdesanpedro Editar o valor em Wikidata
Castelo de Arenas de San Pedro

Arenas de San Pedro (coñecida como A Andalucía de Ávila[1]) é unha cidade e municipio de España situada no sur da provincia de Ávila, comunidade autónoma de Castela e León. Trátase da capital da comarca do Valle del Tiétar, pertencente ás antigas Tierras de Talavera.[2] A altitude do municipio alcanza os 2 343 m no pico de La Mira, na serra de Gredos. O municipio conta cunha poboación de 6 556 habitantes (INE 2017), o que o converte na terceira poboación en número de habitantes da provincia, por detrás de Ávila e Arévalo. Os núcleos de poboación de Ramacastañas, La Parra e Hontanares pertencen ao municipio baixo a forma de pedanías. Boa parte do municipio pertence ao espazo protexido do parque rexional da Serra de Gredos, sendo o municipio máis poboado da contorna do parque. As festas patronais da localidade celébranse na honra á Virxe do Pilar (8 de setembro) e a San Pedro de Alcántara (19 de outubro).

As orixes do municipio remóntanse á Idade Media, cando un grupo de poboadores dun núcleo anterior fundou a poboación na localización actual. Recibiu o título de vila en 1393, baixo o reinado de Henrique III de Castela. Durante o resto da Idade Media e a Idade Moderna foi cabeza dun señorío que agrupaba a Arenas de San Pedro e ás aldeas de El Arenal, Guisando, Hontanares, El Hornillo, La Parra, Poyales del Hoyo e Ramacastañas. No século XVIII a vila foi testemuña da presenza da familia do infante Luis Antonio de Borbón e Farnesio e a súa pequena corte de artistas (Francisco de Goya, Luigi Boccherini e Ventura Rodríguez entre outros) que o acompañaron durante un tempo no palacio neoclásico que o infante mandou construír na localidade.

Topónimo e símbolos[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo Arenas remóntase canto menos ao momento da fundación da poboación, a Idade Media. Arenas fai referencia á formación de areais nos leitos das correntes de auga.[3] Inicialmente a localidade denominouse Arenas de las Ferrerías de Ávila, debido á proximidade coa antiga mina de ferro da La Tablada, que deu nome no seu tempo á comarca de Las Ferrerías de Ávila.[4][5] O padronazgo do santo Frai Pedro de Alcántara na nomenclatura foi un engadido do século XVII, a raíz da canonización do santo, que viviu na localidade. Existen algúns topónimos similares na zona: o Río Arenal —que atravesa a localidade—[3][6] e o municipio de El Arenal.[3]

Ao longo da súa historia, a localidade foi saqueada en numerosas ocasións —durante a guerra de Independencia e a Primeira Guerra Carlista—. Esa é a razón pola que o escudo do municipio incorpora o castelo incendiado de Arenas de San Pedro e o lema Siempre Incendiada y Siempre Fiel (Sempre Incendiada e Sempre Fiel).[7]

Escudo de Arenas de San Pedro.

O escudo aprobado por decreto o 8 de outubro de 1994 que define o escudo heráldico que representa o municipio é o seguinte:

Escudo de forma española. Sobre campo de prata, castelo na súa cor, "donjonado" de dous "donjones", o dereito máis alto, almenado, mazonado de sable, aclarado de goles, ardente en goles e ouro e terrazado en sinople. Bordadura en ouro con anagrama en sable (cruz) sempre incendiada e sempre fiel, ao timbre. Coroa real de España.

A descrición textual da bandeira municipal, aprobada de xeito simultánea ao escudo, é a seguinte:

Bandeira cadrada, de proporción 1x1, de cor carmesí, e no seu centro o escudo municipal.

Boletín Oficial del Estado nº 282 de 25 de novembro de 1994.[8]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización[editar | editar a fonte]

A localidade de Arenas de San Pedro está situada no sur da provincia de Ávila, a 86 km da capital provincial, na comunidade autónoma de Castela e León. O municipio limita ao sur coa provincia de Toledo (Castela-A Mancha) e está a 47 km de Talavera de la Reina. As coordenadas da localidade son 40°12′31″N 5°5′28″O / 40.20861, -5.09111.[9] O punto máis alto do termo municipal, cuxo vértice xeodésico está situado a 2343 msnm,[10] é o pico de La Mira, que constitúe o límite municipal entre Arenas de San Pedro, Guisando, El Hornillo e Hoyos del Espino.[11] Dentro do termo municipal encóntranse as pedanías de Hontanares, La Parra e Ramacastañas.

Noroeste: San Juan de Gredos e Hoyos del Espino Norte: El Arenal, Guisando e El Hornillo Nordés: Mombeltrán
Oeste: Poyales del Hoyo e Candeleda Leste: Santa Cruz del Valle e Lanzahíta
Suroeste: Oropesa (Toledo) Sur: Navalcán (Toledo) e Parrillas (Toledo) Sueste: Velada (Toledo) e Montesclaros (Toledo)

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A serra de Gredos en inverno vista dende Arenas de San Pedro.

O Sistame Central, ao que pertence a serra de Gredos, conformouse tal e como é agora no pregamento alpino, está formada por rochas plutónicas. Arenas de San Pedro encóntrase situada nunha zona de metamorfismo de material sedimentario que se remonta ao período cámbrico inferior (cuarcitas, micacitas e esquistos) e de afloramentos graníticos hercinianos. Existen algúns terreos calizos na parte sur do municipio. Os materiais sedimentarios terciarios concéntranse na val do Tiétar (material arcósico compactado) mentres que os depósitos cuaternarios —principalmente de tipo periglaciar e torrencial— danse principalmente na zona de serra e as terrazas do Tiétar.[12][6]

Debido á orientación da vertente sur de Gredos e ás fortes pendentes, non son de importancia xeolóxica os fenómenos glaciares, aínda que si os periglaciares. O relevo da ladeira sur presenta características dunha forte erosión de tipo torrencial influída pola elevada pluviometría.[13][14]

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Polo municipio discorren o río Tiétar e varios dos seus afluentes —Arbillas, Arenal e Ramacastañas—, que descenden rapidamente dende a serra de Gredos;[6] tamén outros tributarios menores como o río Pelayos, o regato Avellaneda ou o río Riocuevas.[15] Todos estes cursos de auga pertencen á Conca Hidrográfica do Texo, constituíndo a serra de Gredos un dos maiores aportadores de caudal á conca, consecuencia dunha escorra importante da vertente sur desta serra no contexto do Texo.[16]

O encoro do pantano de Arenas de San Pedro.

Arenas de San Pedro cota como fonte principal para a subministración de auga corrente cunha presa de gravidade construída en 1975 denominada «Pantano de Arenas de San Pedro», con capacidade de 10 hm³. Situado a menos de 1 km do núcleo urbano, o encoro, cunha superficie de 9 ha, represa a auga do Riocuevas.[17]

Clima[editar | editar a fonte]

O concello de Arenas de San Pedro encóntrase nunha zona de mediterráneo continentalizado, determinado como de tipo Csa (temperán con verán seco e caloroso)[18] segundo a clasificación climática de Köppen;[19] mais este encóntrase moi condicionado polas condicións orográficas aos pés da vertente sur da serra de Gredos, cuns parámetros de precipitacións totais similares aos dun clima oceánico. É característico deste clima un período estival moi seco durante os meses de xullo e agosto que contrasta coas fortes precipitacións invernais. O réxime de pluviometría con máximo invernal é propio da fachada atlántica da Península Ibérica[20] e acentúase pola orientación do municipio ao sur da serra de Gredos, dado que a orografía ocasiona precipitación por retención[21] das frontes que entran polo suroeste en situacións nas que vórtices do jet polar desgáxanse da corrente principal e entran polo suroeste peninsular principalmente a finais de outono ou principios do inverno.[22] A localidade presenta un valor de precipitación anual media de 1232 mm.[23] A temperatura media anual está entre 10 e 15 °C.[23] O mes máis frío presenta unha temperatura media de 6 °C, mentres que o máis cálido de 28º C.[23]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Arboleda no camiño ao Santuario de San Pedro de Alcántara.

As especies de árbores características das masas forestais existentes no municipio de Arenas de San Pedro son o piñeiro (Pinus pinaster, Pinus sylvestris e Pinus pinea), o castiñeiro (Castanea sativa) e o cerquiño (Quercus pyrenaica).[24] Nos cumios máis altos —entre os 1800 e os 2000 msnm— o piso de vexetación oromediterráneo corresponde ao piorno serrano e ao cambrón, que son substituídos máis abaixo polo piñeiro silvestre. Descendendo a menor altitude o piñeiro marítimo substituíu ou preséntase mesturado co cerquiño, que presenta poucas poboacións ben conservadas, concentradas principalmente no proindiviso con Candeleda. No piso mesomediterráneo máis baixo a aciñeira (Quercus Ilex) e a sobreira (Quercus Suber) conforman poboacións mesturadas, a miúdo dehesadas.[25]

Cabra montesa (Capra pyrenaica) na serra de Gredos.

O termo municipal pertence de xeito parcial ao espazo natural protexido pola declaración do parque rexional da Serra de Gredos.[26] Entre a fauna salvaxe característica da localidade, encóntrase a cabra montesa (Capra pyrenaica victoriae), que habita as zonas máis altas da serra de Gredos e outras especies de vertebrados como o lagarto verdinegro (Lacerta schreiberi), a lagarta da serra (Iberolacerta monticola), a salamandra de Gredos (Salamandra salamandra almanzoris) ou o gato montés (Felis silvestris).[27] A serra de Gredos é un punto quente de biodiversidade no contexto ibérico, chegando a concentrar entre o 50 e o 64 % das especies de vertebrados terrestres da Península Ibérica.[26]

Historia[editar | editar a fonte]

Imaxe do rolo xudicial ou picota de Arenas de San Pedro.

Prehistoria e Idade Antiga[editar | editar a fonte]

O val do Tiétar ten un longo historial de presenza humana a pesar de non ter sido obxecto dunha forte investigación arqueolóxica. No termo municipal de Arenas de San Pedro, na cova do Castañarejo —pretos das Cuevas del Águila de Ramacastañas— encontrouse un xacemento neolítico con fragmentos de cerámica decorados.[28][29]

Existen indicios dun asentamento vettón no xacemento de El Berrocal.[30] Logo da conquista e pacificación definitiva da zona por parte dos romanos no ano 59 a. C. os habitantes de ambas vertentes da serra de Gredos foron obrigados a abandonar os castros fortificados. No enclave dos Llanos encontráronse varias moedas e fragmentos de cerámica de orixe romana. Tamén sospéitase que un balsamario de bronce zoomorfo, que se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional, encontrado a finais do século XIX na localidade, procede desta área.[31] A zona a partir desta época desocúpase, entrando en decadencia ata o século V.[32]

Idade Media[editar | editar a fonte]

Alta Idade Media[editar | editar a fonte]

Non existen no termo municipal indicios da presenza visigoda, a pesar doutros achados desta época no sur da provincia de Ávila, como Mijares, Postoloboso (Candeleda) ou El Tiemblo.[33]

Segundo o cronista local do primeiro terzo do século XX José Serrano Cabo o lugar actual de Arenas de San Pedro dataría do século XI. Anteriormente tería existido outro núcleo de poboación no enclave actual dos Llanos, entón zona mineira. Segundo conta la lenda o cambio dun lugar a outro «produciuse logo da aparición da Virxe en 1054, cando unha praga de termitas arrasou boa parte das vivendas levantadas no núcleo antigo e obrigou aos seus habitantes a trasladarse cara o lugar coñecido como Ojo de la Jara, lugar boscoso e abrupto, cheo de mananciais e enclave da localidade actual».[34] Esta fundación —mesturada coa lenda— tan temperá no tempo relativa aos acontecementos da Reconquista non está tan clara. A aparición de imaxes marianas é un dos tropos favoritos da imaxinería popular cristiá,[35] e pódese contextualizar toda a situación en xeral dentro do tratamento pouco científico ou difuso baseado en mitos e tradicións populares das orixes das poboacións na Alta Idade Media.[36]

Outros autores máis modernos como Carmelo Luis López e de xeito lateral Troitiño Vinuesa —concernendo á descrición da repoboación cristiá do val do Tiétar— establecen unhas datas máis tardías para a fundación dos primeiros asentamentos cristiáns.

Vista exterior da igrexa da Nosa Señora da Asunción.

Durante o primeiro milenio a contorna comarcal tería unicamente importancia polas explotacións mineiras nas proximidades do río Tiétar. É esa a razón pola cal, máis adiante, mentres avanzaba a Reconquista, teríase comezado a coñecer á comarca de Arenas na vertente sur da serra de Gredos co nome de Las Ferrerías de Ávila[37] —a mención a Ávila por pertencer neses séculos todo o val do Tiétar ao alfoz abulense—.[38]

Luis López e Troitiño Vinuesa mencionan ademais a relativa pouca importancia previa dada á zona polos musulmáns do distrito islámico de Talavera —pertencente á Marca Media de al-Andalus— do que tería formado parte a vertente sur da serra de Gredos. Durante este período posterior á caída do califato de Córdoba toda a serra de Gredos, territorio escasamente poboado, constituíu unha terra de ninguén que operaba como unha zona de seguridade. O principal interese musulmán eran os diversos pasos montañosos —portos do Pico e Tornavacas— polos cales enviaban expedicións militares ao norte.[39]

O concello medieval de Ávila chegou a ocupar un enorme territorio, estendéndose ao sur do Sistema Central.

Con todo, na zona existiron algúns núcleos previos —como o de El Colmenar, actual Mombeltrán— de poboación tanto mozárabe como musulmá adicados ao pastoreo.[40] Luis López non só non detalla ningunha fundación cristiá relevante antes da conquista de Toledo por Afonso VI en 1085, senón que hai que esperar ata xa entrados os séculos XII e XIII para a evidencia dos diversos núcleos de repoboación. Trala conquista de Toledo, o concello ou terra de Ávila expandiuse moito cara ao sur, ocupando ademais da provincia contemporánea, partes das actuais provincias de Cáceres e Toledo, entre as que se incluían os importantes núcleos de Plasencia e Béjar.[41] Con todo, máis adiante —durante o reinado de Afonso VIII— configuráronse mediante diferentes disgregacións uns límites do concello abulense máis pequenos e similares aos da provincia actual, aos que se sumaban a comarca do Campo Arañuelo (esta última principalmente na provincia de Toledo).[42] A ocupación do territorio non foi firme: esta feble repoboación viuse reforzada pola incerteza provocada pola toma musulmá de Talavera en 1109.[43]

A situación da zona, logo de pasar esta última un pico de despoboamento máximo despois do resultado da batalla de Alarcos en 1195,[44] mudou de xeito definitivo a raíz da vitoria cristiá na batalla das Navas de Tolosa en 1212,[39] a partir da cal o —ata este momento relativamente feble e cheo de altibaixos— esforzo repoboador consolidouse, ao non existir ameaza externa nin constituír o val do Tiétar fronteira con territorios musulmáns. Así a zona quedou libre para o desenvolvemento. En 1250 menciónase de xeito explícito o nome da aldea de Arenas xunto ao doutros núcleos.[45] En 1274 o concello de Ávila outorgou terreos ao de Arenas.[46] Neste novo contexto, no século XIII o val do Tiétar converteuse nunha comarca agrícola-gandeira-forestal moi próspera da Coroa de Castela ao mesmo tempo que se produciu unha importante deforestación da comarca e en última instancia a señoralización do val do Tiétar nos séculos XIII e XIV.[47]

Demografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 194,85 km², unha poboación de 6.778 habitantes, na que están incluídos os habitantes das súas pedanías (INE 2006) e unha densidade de poboación de 34,29 hab/km².


Evolución da poboación de: Arenas de San Pedro desde 1991 ata 2006

1991 1996 2001 2004 2006

6.413 6.609 6.395 6.549 6.989

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ayuntamiento de Arenas de San Pedro: Saludo de la Alcaldesa" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  2. "Arenas y Talavera buscan unir más sus lazos para «solucionar problemas comunes»". Diario de Ávila (en castelán). 17 de outubro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 García Sánchez, Jairo Javier (4 de agosto de 2004). "Castilla y León y sus topónimos (IV)". Rinconete (en castelán) (Centro Virtual Cervantes). ISSN 1885-5008. 
  4. Serrano Cabo 1989, pp. 14-15.
  5. Troitiño Vinuesa 1995, p. 68.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Mapa Geológico de España E. 1:50.000. Hoja 578 (Arenas de San Pedro)" (en castelán). Instituto Geológico y Minero de España. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  7. "Boletín de la Real Academia de la Historia, Tomo CLXXI" (1). Madrid: Real Academia de Historia. 1974: 205. Este (escudo), segundo se aclara taxativemente na axeitada ilustración aducida polo concello interesado, está composto simplemente, —por fortuna—, dunha torre en chamas, evocadora dos destrozos, incendios e outros estragos cometidos polas tropas napoleónicas en tan aguerrida localidade; e en posteriores adversidades, xa de carácter intestino, tamén sufridas por Arenas de San Pedro [...] Aclárese, non obstante, que dito escudo debe timbrarse de coroa real e só acompañado do lema que indica —Sempre Incendiada E Sempre Fiel—. 
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome bocylsim
  9. "Situación de Arenas de San Pedro". Consultado o 18 de outubro de 2012. 
  10. Servicio de Programas Geodésicos - Subdirección General de Geodesia y Cartografía, ed. (10 de novembro). "Reseña del Vértice Geodésico de La Mira" (pdf). Instituto Geográfico Nacional. Consultado o 15 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  11. "Mapa guía del Macizo Central de Gredos 1:50.000". Madrid: Ministerio de Obras Públicas, Transportes y Medio Ambiente - Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG). 
  12. Instituto Geológico y Minero de España (ed.). "Mapa geológico de España 1:50000 (Hoja 578)" (PDF). Consultado o 5 de abril de 2022. 
  13. Troitiño Vinuesa 1995, p. 128.
  14. Iglesias López, María Teresa (2002). "Efectos de los incendios forestales sobre las propiedades del suelo en un pinar de repoblación (pinus pinaster), en Arenas de San Pedro". UCM (Tesis doctoral). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2013. Consultado o 5 de novembro de 2012. 
  15. Ministerio de Medio Ambiente y Rural y Marino (ed.). "Visor de información geográfica de la Confederación Geográfica del Tajo". Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  16. Confederación Hidrográfica del Tajo (ed.). "Demarcación del Tajo: Recursos Hídricos". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de maio de 2018. 
  17. "Estado de los embalses y pantanos de España. Pantano de Arenas de San Pedro". Consultado o 16 de outubro de 2012. 
  18. VV.AA. (2011). Axencia Estatal de Meteoroloxía, ed. Atlas climático ibérico (pdf). p. 79. ISBN 978-84-7837-079-5. 
  19. Critchfield, H.J. (1983). University of Idaho, ed. "Criteria for classification of major climatic types in modified Köppen system". General Climatology (en inglés) (4 ed.). Prentice Hall. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2009. Consultado o 25 de maio de 2018.  Consultado o 2 de decembro de 2012.
  20. Martín Vide & Estrada Mateu 1998, p. 89.
  21. Sánchez Martín 1996, pp. 105-135.
  22. Capel Molina 1978, p. 12.
  23. 23,0 23,1 23,2 "Portal de Salud de la Junta de Castilla y León, Estaciones de medición". Consultado o 18 de outubro de 2012. 
  24. «Plantarase preferentemente poboación autóctona, así como aquela empregada tradicionalmente para o uso urbano en Arenas, Ramacastañas, La Parra e Hontanares. Considéranse especies autóctonas a aquelas orixinarias da zona ou aclimatadas dende hai séculos como por exemplo o cerquiño, castiñeiro, piñeiro silvestre, piñeiro piñoneiro, piñeiro pinaster». Normas urbanísticas municipais de Arenas de San Pedro.
  25. Troitiño Vinuesa 1995, p. 133.
  26. 26,0 26,1 Troitiño Vinuesa 1998.
  27. "Flora y Fauna". Página web del Ayuntamiento. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2018. Consultado o 3 de outubro de 2912. 
  28. Fernández Gómez & Martino Pérez 1999, pp. 67-80: «En el conjunto de cuevas del Castañarejo, cercano a las de El Águila, en el término de Arenas de San Pedro, se han recogido fragmentos de cerámica decorados con ungulaciones e impresiones propias de este periodo»..
  29. Troitiño Vinuesa 1995, p. 24.
  30. Troitiño Vinuesa 1995, p. 34.
  31. Fernández Gómez & Martino Pérez 1999, pp. 67-80.
  32. Troitiño Vinuesa 1995, p. 36.
  33. Troitiño Vinuesa 1995, p. 40.
  34. Serrano Cabo. 1989, p. 27.
  35. Echevarría 2003, p. 63.
  36. Sánchez Hernández et al. 1993, p. 348.
  37. Serrano Cabo 1989, p. 15.
  38. Tejero Robledo 1990, p. 10.
  39. 39,0 39,1 Troitiño Vinuesa 1995, p. 205.
  40. Luis López 2002, p. 15.
  41. Luis López 2002, p. 19.
  42. Luis López 2002, pp. 20-23.
  43. Luis López 2002, pp. 25.
  44. Luis López 2002, pp. 28-29.
  45. Luis López 2002, pp. 32-33.
  46. Luis López 2002, p. 35.
  47. Luis López 2002, pp. 33,38,45.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]