Río Zapardiel
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | provincia de Ávila, España e provincia de Valladolid, España | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Castela e León, España | |||
| Localización | Río Douro | |||
| ||||
| Conca hidrográfica | Conca do Douro | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 1.051 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 1.445 km² | |||
O Zapardiel é un río do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe esquerda. O seu caudal é escaso e moi contaminado nalgúns tramos. Ten unha lonxitude de 103 km percorrendo as provincias de Ávila e Valladolid, en Castela e León.
O río Zapardiel nace na Lagoa de San Martín de las Cabezas, no municipio de El Parral (Ávila), pasa por Fontiveros e despois por Medina del Campo, para desembocar, a unha altura de 673 msnm, pola marxe esquerda, no Douro, preto de Tordesillas (Valladolid). Aínda que o Zapardiel nunca tivo un caudal permanente (salvo no inverno), nos últimos anos secouse practicamente de todo; é, polo tanto, o que se chama un río transitorio (está sempre seco agás cando hai grandes descargas torrenciais).
Actualmente está sumamente degradado debido á escorrentía de nutrientes, pesticidas e herbicidas agrícolas, as verteduras urbanas e industriais, os entullos, a sobreexplotación de acuíferos para regadío, a industria ou o consumo humano dos termos municipais polos que pasa.
