Estadi de Sarrià

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estadio de Sarrià")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Estadi de Sarrià
Sarrià.jpg
Datos
Localización Barcelona, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 18 de febreiro de 1923
Demolición 1997
Arquitecto Matías Colmenares
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 70 m
Capacidade 44.000
Propietario Espanyol
Localía Espanyol (1923–1997)
Eventos

O Estadi de Sarrià era un estadio de fútbol español, situado no barrio de Sarrià, na cidade de Barcelona. Serviu de sede habitual ao Reial Club Deportiu Espanyol durante décadas. Na actualidade, na extensión do antigo campo de fútbol sitúase un parque rodeado por novos edificios de vivenda que ocupan a área total do entón estadio.

Historia[editar | editar a fonte]

O Estadio de la Carretera de Sarriá, que por aqueles entón estaba localizado nos arredores de Barcelona, foi inaugurado no ano 1923 tras ser construído sobre un solar coñecido como Can Ràbia. A obra tivo un custo total de 170.000 pesetas e supuxo un enorme esforzo económico para o club perico que ata tivo que realizar unha xira por Sudamérica para axudar a financiar a obra.

Sarriá foi o escenario onde se logrou o primeiro gol da historia da Liga, obra de Pitus Prats na vitoria do RCD Espanyol ante o Real Unión de Irún (3-2).[1]

En 1937 albergou a final da Copa da España Libre entre o Valencia CF e o Levante UD con vitoria deste último por 1-0.

En 1982, o estadio foi o escenario onde se disputaron os encontros correspondentes ao Grupo 3 da segunda rolda do Mundial de Fútbol de 1982 celebrado en España acollendo un triangular entre as seleccións da Arxentina, Italia e o Brasil.

Dez anos despois foi á súa vez unha das subsedes onde se disputou o torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

A última tempada na que o RCD Espanyol disputou os seus encontros como local no Estadi de Sarrià foi a 1996/97. Os problemas económicos do club obrigaron a vender o estadio a empresas inmobiliarias. O último partido xogado en Sarrià foi o 21 de xuño de 1997, partido no que o Espanyol gañou por 3 goles a 2 ao Valencia CF, sendo o xogador do conxunto visitante Iván Campo o autor do último tanto oficial marcado no estadio.

Partidos do Mundial de 1982[editar | editar a fonte]

Italia Flag of Italy.svg 2:1 (0:0) Flag of Argentina.svg Arxentina 29 de xuño de 1982 – Estadi de Sarrià, Barcelona
Asistencia: 43.000 espectadores
Árbitro: Nicolai Rainea (Romanía)
Tardelli 55'
Cabrini 67'
Passarella 83'
 


Arxentina Flag of Argentina.svg 1:3 (0:1) Flag of Brazil.svg Brasil 2 de xullo de 1982 – Estadi de Sarrià, Barcelona
Asistencia: 44.000 espectadores
Árbitro: Mario Rubio Vázquez (México)
Díaz 89' Zico 11'
Serginho 66'
Junior 75'
 


Italia Flag of Italy.svg 3:2 (2:1) Flag of Brazil.svg Brasil 5 de xullo de 1982 – Estadi de Sarriá, Barcelona
Asistencia: 44.000 espectadores
Árbitro: Abraham Klein (Israel)
Rossi 5' 25' 74' Sócrates 12'
Falcão 68'
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. lavanguardia.es 80 anos de Liga consultado en agosto de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]