Xosé Ramón Gómez Besteiro
(2014) | |
Nome orixinal | (es) José Ramón Gómez Besteiro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de novembro de 1967 (56 anos) Lugo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
17 de agosto de 2023 – | |
Delegado do Goberno en Galicia | |
28 de marzo de 2023 – 14 de xuño de 2023 ← José Miñones Conde – Pedro Blanco Lobeiras → | |
Presidente da Deputación de Lugo | |
14 de xullo de 2007 – 24 de xuño de 2015 ← Francisco Cacharro Pardo – Elena Candia López → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - dereito |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Páxina web | destavaibesteiro.gal |
Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do Partido dos Socialistas de Galicia. Foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015. En 2024 foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia para as eleccións ao Parlamento de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xosé Ramón Gómez Besteiro é o menor de tres irmáns. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado ata o comezo da súa carreira política. Ten dous fillos.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Desenvolveu toda a súa carreira política no PSdeG-PSOE, partido ao que se afiliou tras rematar os estudos universitarios. Con 31 anos, cando estaba a exercer a súa profesión de avogado, entrou a formar parte do 1.º Goberno do PSdeG-PSOE na historia democrática da cidade luguesa, con Xosé López Orozco á fronte.
Entre 1999 e 2007 foi o voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo, concelleiro de Urbanismo e tamén deputado provincial. En 2000 asumiu a Secretaría Xeral da Agrupación Local do PSdeG en Lugo.
Tras as eleccións municipais de 2007, o 14 de xullo[1], Gómez Besteiro convertíase no primeiro militante do Partido Socialista en Galicia que presidía a Deputación de Lugo, sendo o número 102[2] da historia da institución provincial. Algúns dos aspectos máis significativos durante o seu primeiro mandato son o pagamento do canon hidroeléctico, a creación da UNED na capital,[3] a posta en marcha da rede provincial dos parques de bombeiros[4] ou a elaboración dun plan estratéxico provincial. Tamén puxo en marcha a rede provincial de residencias da terceira idade e centros de día e o primeiro centro público de recría de gando para o noroeste de España.[5]
Nas eleccións municipais de España de 2011, Gómez Besteiro revalidou o apoio da cidadanía. Converteuse entón no único presidente do PSdeG-PSOE en presidir unha deputación en Galicia,[6] e o único caso en toda España en que este partido gañou tanto o goberno provincial como o da capital.[7] Presidiu, ademais, un dos oito gobernos provinciais liderados polo Partido Socialista en España.
En febreiro de 2012, Gómez Besteiro entrou a formar parte do Comité Federal do Partido Socialista. Ese mesmo ano, tras pechar a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE, foi nomeado Secretario Xeral do PSOE na provincia de Lugo,[8] cargo que ocupou ata o 26 de outubro de 2013 cando foi relevado por Juan Carlos González Santín.[9]
O 13 de marzo de 2013 anunciou a súa intención de optar á Secretaría Xeral do PSdeG[10] . Presentouse ás eleccións primarias consultivas do 7 de setembro fronte ao alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez, e obtivo o 77% dos votos,[11] sendo ratificado o seu nomeamento no Congreso extraordinario do 29 de setembro de 2013.[12] Co 95 % dos votos, foi proclamado novo secretario xeral do PSdeG-PSOE.
O 12 de marzo de 2016 anunciou a súa renuncia a ser o candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia, logo de ser imputado pola xuíza Pilar de Lara como presunto autor de 6 delitos.[13] Os delitos que se lle imputaban eran suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás Administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de fondos públicos.[14] O 18 de marzo dimitiu da secretaría xeral do PSdeG-PSOE pola mesma causa. Finalmente, a causa que o levou a dimitir (coñecida como o "Garañón"), sería arquivada en febreiro de 2021.
Logo de arquivada a causa, comezou o seu regreso á vida política, e en marzo de 2023 foi designado polo goberno de Pedro Sánchez como máximo responsable da Delegación do Goberno en Galicia. Os xornais especulaban[15] daquela con que o posto sería un primeiro paso para a súa candidatura á presidencia da Xunta de Galicia.
En xuño do 2023 deixou o cargo de Delegado do Goberno en Galicia para encabezar a lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo ao Congreso dos Deputados, nas Eleccións Xerais do 23 de xullo. O 17 de agosto do 2023, tomou posesión como deputado no Congreso. O 19 de setembro, Gómez Besteiro xunto con Marta Lois de Sumar e Néstor Rego do BNG convertéronse oficialmente[16] nos primeiros parlamentarios en falar en galego no Congreso en Madrid.[17]
O 9 de outubro de 2023 anunciou que concorrería ao proceso de primarias do PSdeG para a elección do candidato á Presidencia da Xunta de Galicia. Finalmente, o 18 de outubro, foi proclamado candidato tras ser o único aspirante que logrou reunir os avais necesarios[18].
Cargos desempeñados
[editar | editar a fonte]- Concelleiro do Concello de Lugo (1999–2015).
- Deputado provincial (1999–2015).
- Concelleiro de Urbanismo do Concello de Lugo (1999–2007).
- Secretario Local do PSOE en Lugo (2000–2012).
- Presidente da Deputación Provincial de Lugo (2007–2015).
- Secretario provincial do PSOE de Lugo (2012–2013).
- Secretario Xeral do PSdeG-PSOE (dende o 29 de setembro de 2013 ata o 18 de marzo de 2016).
- Delegado do Goberno en Galicia (dende marzo de 2023 ata xuño de 2023).
- Deputado no Congreso (2023-actualidade).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O campo de fútbol da Fonsagrada leva o seu nome.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia: "Lugo, única Diputación que cambia de manos" ([cando?]) La Voz de Galicia.
- ↑ Juan Carlos Fernández Pulpeiro: Presidentes de la Diputación de Lugo en toda su historia. En Lucensia: miscelánea de cultura e investigación, ISSN 1130-6831, Vol. 17, núm. 34, 2007 , páxs. 79-98.
- ↑ "Diputación, Concello y Uned constituyen el consorcio que gestionará el centro asociado de Lugo" ([cando?]). El Progreso.
- ↑ Web do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo
- ↑ "Centro de Recría. Granxa Gayoso-Castro". Arquivado dende o orixinal o 18/6/2013. Consultado o 11/9/2013. Arquivado 18/6/2013, en Wayback Machine.
- ↑ "El PP recupera la Diputación de A Coruña y retiene las de Pontevedra y Ourense" ([cando?]. La Opinión de A Coruña.
- ↑ Ricardo Varela: "Somos la única provincia donde se gobierna en la Diputación y en la capital" El Mundo, 2/3/2012
- ↑ José Ramón Gómez Besteiro, nuevo secretario provincial del PSdeG de Lugo: "Recuperar la Xunta es el objetivo inmediato"
- ↑ "Santín, proclamado nuevo secretario xeral del PSOE de Lugo" ([cando?]), Europa Press.
- ↑ Besteiro anuncia su candidatura a secretario xeral, Faro de Vigo, 3/3/2013
- ↑ "Gómez Besteiro, nuevo secretario general del PSdG". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-09-07. Consultado o 2023-10-21.
- ↑ Besteiro proclama que «o PSdeG volve» para pelear por la Xunta, La Voz de Galicia, 29/9/2013
- ↑ "Besteiro descarta ser candidato a la Xunta y se presenta como víctima de una cacería política". La Voz de Galicia. 13 de marzo de 2016. (en castelán)
- ↑ "Pilar de Lara investiga a Gómez Besteiro por seis delitos en la operación Pulpo". La Voz de Galicia. 12/3/2016. (en castelán)
- ↑ Santamarta, Rubén; Gago, Xosé; Varela, Manuel (27/3/2023). "Besteiro será el nuevo delegado del Gobierno en Galicia tras la salida de José Miñones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28/3/2023.
- ↑ Foron os primeiros en falar galego de forma íntegra e sen ser interrompidos pola Presidencia do Congreso polo acordo de reforma do regulamento, votado dous días despois, o xoves 21. Noutras ocasións houbo no outras intervencións en galego, breves ou interrompidas.[1]
- ↑ SL, POMBAPRESS. "Besteiro, Lois e Rego, os primeiros parlamentarios en usar o galego no Congreso dos Deputados". GaliciaPress. Consultado o 2023-10-21.
- ↑ Besteiro será el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta sin necesidad de primarias
- ↑ Alberto López (21 de xullo de 2016). "Gómez Besteiro inaugura su campo de fútbol en A Fonsagrada". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Ramón Gómez Besteiro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Francisco Cacharro Pardo |
Presidente da Deputación de Lugo 2007-2015 |
Sucesor: Elena Candia |
Predecesor: Ricardo Varela Sánchez |
Secretario xeral do PSdeG-PSOE da Provincia de Lugo 2012-2013 |
Sucesor: Juan Carlos González Santín |
Predecesor: Pachi Vázquez |
Secretario xeral do PSdeG-PSOE 2013-2016 |
Sucesor: Gonzalo Caballero |
Predecesor: José Miñones |
Delegado do Goberno en Galicia 2023 |
Sucesor: Pedro Blanco Lobeiras |
- Nados en 1967
- Nados en Lugo
- Personalidades da política de Galicia
- Concelleiros de Lugo
- Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Políticos do PSdeG-PSOE
- Presidentes da Deputación de Lugo
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo
- Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura)
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Delegados do goberno en Galicia
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE