Noela Blanco
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Noela Blanco | |
---|---|
Nacemento | 1981 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Cádiz |
Ocupación | política |
Pai | Etelvino Blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Noela Blanco Rodríguez, nada en Ourense en 1981, é unha política galega do PSdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do sindicalista Etelvino Blanco. Licenciouse en Ciencias Ambientais pola Universidade de Cádiz e traballou como técnica en prevención de riscos laborais en Sogama desde 2008 ata 2015. En maio de 2015 substituíu a Pachi Vázquez no Parlamento de Galicia.[1] Nas eleccións autonómicas de 2016 foi elixida deputada pola provincia de Ourense. No ano 2017 foi candidata á Secretaría provincial do PSdeG de Ourense perdendo as primarias fronte a Rafael Rodríguez Villarino.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A ourensá Noela Blanco, nova deputada no Parlamento de Galicia". Galiciapress. 26 de maio de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Parlamento de Galicia.