Consellería de Medio Ambiente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Consellería de Medio Ambiente foi unha antiga consellaría da Xunta de Galicia. As súas competencias actuais foron incorporadas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Historia[editar | editar a fonte]

As competencias sobre o medio ambiente foron tradicionalmente exercidas na década dos oitenta e nos primeiros noventa pola consellería de Agricultura que incorporaba, explícita ou implicitamente a xestión dos recursos forestais. A primeira consellería de Medio Ambiente de forma independente créaa Manuel Fraga en 1997 e o seu primeiro titular foi Carlos del Álamo. A consellería perdería a súa autonomía en 2009 ao integrarse na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Conselleiros[editar | editar a fonte]