Elena Espinosa
| Elena Espinosa | |
|---|---|
| Elena Espinosa Mangana | |
| Datos persoais | |
| Nacemento | 21 de marzo de 1960 |
| Organización | Partido Socialista Obrero Español |
| Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
| Profesión | Economista |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Elena Espinosa Mangana, nada en Ourense o 21 de marzo de 1960, é unha política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 afiliouse ó PSG-PSOE, facéndose responsable, desde 1985 a 1988, da Zona de Urxente Reindustrialización de Vigo. Entre 1988 e 1996 ocupou o cargo de Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo.
Trala derrota do PSOE nas eleccións de 1996, traballou dous anos no Instituto Galego de Medicina Técnica e incorporouse á empresa Rodman Polyships como Directora Financeira Administrativa. Desde maio de 2002 ata xuño de 2004, foi Adxunta a Presidencia do Grupo Rodman.
O día 14 de marzo de 2004 houbo novas eleccións que deron a vitoria ó PSOE. En xuño de 2004 foi nomeada ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, e a partir de 2008 viu aumentadas as súas competencias coas do extinguido Ministerio de Medio Ambiente de España.
| Predecesor: José Martínez Torea |
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo 1988 – 1996 |
Sucesor: Juan Corral Pérez |
| Predecesor: Miguel Arias Cañete |
Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación 2004 - 2008 |
Sucesor: Fusión con Medio Ambiente |
| Predecesor: Cristina Narbona |
Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño 2008 - 2010 |
Sucesor: Rosa Aguilar |
|