Arturo Marquina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArturo Marquina
Biografía
Nacemento1933 Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 2024 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde do Carballiño
1995 – 2005 – Pachi Vázquez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempregado de banca , político Editar o valor em Wikidata

Juan Arturo Marquina Vázquez, nado en 1933 e finado no Carballiño o 1 de xaneiro de 2024, foi un político galego que chegou a ser alcalde do Carballiño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesionalmente foi empregado de banca, primeiro na Caixa de Aforros provincial de Ourense, e logo director da sucursal do BBVA no Carballiño, que foi o posto en que se xubilou.[1]

Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro polo PPdeG nas listas que encabezaba José Luis García Rodríguez e que sería elixido alcalde tras un pacto con Converxencia Centrista. Rodríguez dimitiu en decembro de 1993 e foi substituído por Marquina, que continuou de alcalde ata as municipais de 1995. Neses comicios encabezou a candidatura do PPdeG e foi superado polo PSdeG de Pachi Vázquez, o cal pasou a ostentala alcaldía e gobernar en coalición co BNG. Continuou como líder da oposición carballiñesa, pero non se presentou aos seguintes comicios.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou e tivo cinco fillos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pinal, Sabela (2024-01-01). "Muere Juan Arturo Marquina Vázquez, exalcalde de Carballiño". La Región (en castelán). Consultado o 2024-01-02. 
  2. Redacción (2024-01-02). "Luto en O Carballiño: fallece Juan Arturo Marquina Vázquez a los 90 años, alcalde de la localidad". Noticias Ourense Hoy (en castelán). Consultado o 2024-01-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Luis García Rodríguez
 
Alcalde do Carballiño
 
1995 - 2005
Sucesor:
Pachi Vázquez