Construído en 1986 para albergar o Gran Premio de España, a súa localización apartada dificultou o éxito en asistencia do público. A pesar dalgunhas grandes carreiras, como a vitoria de Ayrton Senna por só 14 milésimas de segundo en 1986, un terrible accidente protagonizado por Martin Donnelly a 200km/h durante as cualificacións da carreira de 1990 apartou ao circuíto do calendario oficial.
Con todo, en 1994, Xerez realizou algúns cambios de seguridade no circuíto, incluíndo unha nova chicane na curva Senna. Debido a iso, Xerez volveu ser sede de Fórmula 1, esta vez do Gran Premio de Europa nos anos 1994 e 1997, carreira esta última na que se viviu un intenso duelo entre Michael Schumacher e Jacques Villeneuve que terminou co abandono e a descualificación do primeiro.
O circuíto atópase na estrada A-382 á altura de Monte Castillo, un lugar con boas infraestruturas coa recente construción da nova autovía.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Xerez