Nicolás Albarracín
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1993 (31 anos) Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 21 de novembro de 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 20 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Agustín Albarracín | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nicolás Gabriel Albarracín Basil, máis coñecido como Nicolás Albarracín, nado en Montevideo o 11 de xuño de 1993, é un futbolista profesional uruguaio. Formado nas categorías inferiores do Montevideo Wanderers, xoga na posición de extremo no Club Atlético Peñarol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Montevideo, capital do Uruguai, Nicolás Albarracín comezou a súa carreira nas categorías inferiores do City Park, para posteriormente na etapa xuvenil co Montevideo Wanderers. O seu debut como profesional sería o 21 de novembro de 2010, saíndo nos últimos minutos do partido do seu equipo ante Club Atlético River Plate da primeira división uruguia. Descontando unha cesión ao Spezia da Serie B italiana en 2013, onde non puido xogar máis que catro partidos debido a unha lesión de longa duración, nas catro temporadas que xogou nos Wanderers fixo un total de 11 goles en 56 partidos, conseguindo o título de liag (Clausura) en 2014. Para a temporada 2015−16 asina co Club Atlético Peñarol, un dos clubs máis laureados do mundo. No torneo apertura desde memo ano xogou 12 partidos de 15 conseguindo o título de campión. O 9 de abril de 2016 xogou como titular no primeiro partido oficial do club aurinegro no Estadio Campeón del Siglo, anotando no minuto 20 o primeiro gol oficial da historia do estadio.[1] Ademais, brindou unha asistencia que finalmente propiciou o triunfo do seu equipo por 2−1. Debido á súa achega foi escollido mellor xogador do partido. No torneo clausura xogou 10 partidos e anotou dous goles, coroándose campión da temporada. O 3 de xaneiro de 2017 foi anunciada a súa cesión ao Deportivo Cali Categoría Primera A colombiana. Alí disputa 15 partidos e anota un gol. No verán, o 1 de setembro, é cedido de novo, esta vez ao Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Clubs
[editar | editar a fonte]Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2010–2011 | Montevideo Wanderers | Primera (1ª) | 1 | 0 |
2012–2013 | Montevideo Wanderers | Primeira (1ª) | 11 | 1 |
2013–2014 | Spezia Calcio | Serie B (2ª) | 4 | 0 |
2014 | Montevideo Wanderers | Primeira (1ª) | 11 | 5 |
2014–2015 | Montevideo Wanderers | Primera (1ª) Copa Libertadores |
25 8 |
3 2 |
2015–2016 | CA Peñarol | Primeira (1ª) Copa Libertadores |
22 3 |
2 1 |
2016 | CA Peñarol | Primeira (1ª) Copa Suramericana |
10 2 |
3 0 |
2017 | Deportivo Cali | Primeira A (1ª) Copa Suramericana |
15 1 |
1 0 |
2017 | CA Peñarol | Primeira (1ª) | 1 | 0 |
2017−2018 | CD Lugo | LaLiga 2 (2ª) | 26 | 1 |
Palmerés
[editar | editar a fonte]- Campión dos Xogos Panamericanos (2015). Uruguai.
- Campión do Torneo Clausura (2014). Montevideo Wanderers.
- Campión do Torneo Apertura (2015). Peñarol.
- Campión da Liga do Uruguai (2016). Peñarol.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gol con historia propia". Tenfield (en castelán). 09-04-2016.