Ludmilla Tourischeva
Ludmilla Tourischeva | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1952 |
Lugar de nacemento | Grozni |
Nacionalidade | Unión Soviética e Ucraína |
Alma máter | Rostov State Pedagogical University |
Ocupación | ximnasta artística |
Cónxuxe | Valeriy Borzov |
Premios | Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo e Mestre Honorário de Desportos da União Soviética |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ludmilla Ivanovna Tourischeva (en ruso: Людми́ла Ива́новна Тури́щева), nada en Grozni o 10 de setembro de 1952, é unha ex-ximnasta rusa que competiu pola Unión Soviética. Foi nove veces medallista olímpica (catro delas de ouro), once veces medallista en mundiais (oito ouros) e catorce veces en campionatos europeos (oito ouros). Tourischeva foi a única ximnasta en unir os títulos de campioa europea, mundial e olímpica, trala checa Vera Caslavska. Despois dela, só a ucraína Lilia Podkopayeva o logrou de novo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tourischeva fíxose ximnasta en 1965, aos trece anos de idade, e comezou a competir dous anos máis tarde, cando obtivo a súa primeira medalla na Copa Soviética, na que conquistou o ouro do concurso xeral, feito non repetido no ano seguinte, ao acabar a súa participación co bronce. Adestrada polo soviético Vladislav Rastorotsky, ex-técnico de Natalia Yurchenko, Ludmilla representou á Unión Soviética nas Olimpíadas da Cidade de México, competición en que conquistou a súa primeira medalla nun evento internacional importante, o ouro por equipos.
No ano seguinte, a ximnasta disputou outros tres campionatos. No Soviético, Ludmilla subiu ao podio catro veces: foi bronce na individual xeral e prata nas finais por aparellos do salto, barra fixa e chan. Na Copa Soviética, a atleta volvou á primeira posición perdida anteriormente e, deseguido, participou por primeira vez no Campionato Europeo. Nel, conqusitou a terceira posición do corcurso xeral, das barras asimétricas e do chan.
En 1970, Tourischeva converteuse na líder do equipo nacional soviético. Dende este ano até 1974, venceu todos os concursos xerais dos campionatos internacionais que tiveron lugar. No Mundial de Ljubljana, a ximnasta logrou, ademais do ouro da individual xeral, as medallas de bronce no salto, prata nas paralelas asimétricas e ouro no chan. En 1971, no Campionato Europeo, foi ouro no concurso xeral, no salto e no chan, seguida das pratas nas barras asimétricas e na barra fixa. No ano seguinte, na súa segunda participación olímpica, nos Xogos de Múnic, conquistou o seu terceiro individual xeral na súa terceira competición, alén de vencer a disputa por equipos e conquistar dúas medallas nas finais por aparatos (bronce no salto e prata no chan), no que foi superada pola súa compañeira de equipo Olga Korbut. No ano de 1973, na nova edición do Campionato Europeo, a atleta conquistou todas as medallas de ouro individuais, ademais de manter o bicampionato da competición. Xa en 1974, no Mundial de Varna, foron seis medallas nas seis probas disputadas para a ximnasta de 22 anos. A primeira, o ouro por equipos, foi seguida dun novo bicampionato no concurso xeral. Nas finais por aparellos, ouro no chan e na barra fixa, prata no salto e bronce nas paralelas asimétricas. Como consecuencia das súas presentacións e resultados, Ludmilla foi considerada o exemplo da ximnasia soviética na época: graciosa, elegante, de forma impecábel e técnica audaz.
No Campionato Europeo de 1975 conquistou un bronce no chan e non foi ao podio da individual xeral, vencido pola debutante romanesa Nadia Comăneci, mentres que a súa compañeira de equipo Nellie Kim, ficou coa prata. En cambio, na Copa do Mundo, a ximnasta logrou todas as medallas de ouro disputadas, alén de vencer a proba do salto, no Campionato Nacional Soviético. Na Copa do Mundo, disputada no estadio de Wembley, a súa interpretación nas asimétricas, marcaron o público como consecuencia da rotura dos cabos de suxeición. Trala presentación, as barras caeron mentres Tourischeva saudaba os xuízes.[1]
O ano seguinte foi o seu último como profesional. Nel, a ximnasta disputou os Xogos de Montreal e acabou a súa participación con catro medallas. A primeira, de ouro, chegou no evento por equipos, seguida do bronce no concurso xeral (superada por Comaneci e Kim) e das pratas no salto e no chan, ambas as probas vencidas pola súa compatriota Nellie Kim.
(ela) nunca tivo as fazulas dalgunhas das súas rivais, mais pola serenidade, era supremaDavid Hunn
Tourischeva tamén foi coñecida pola súa conduta deportiva. Durante os Xogos de Montreal, a ximnasta foi até a vencedora, Comăneci, para saudala persoalmente despois de que recibise a medalla de ouro no concurso xeral.[2] En 1977, a soviética casou con Valeri Borzov, dúas veces medallista olímpico en 1972. No ano de 1981, foi elixida membro do Comité Técnico da Ximnasia Artística Feminina, da Federación Internacional de Ximnasia e comezou a traballar como adestradora en Ucraína, onde permanece como técnica. Entre as súas ximnastas, está a campioa olímpica Lilia Podkopayeva.[3]
En 1998, Tourischeva foi introducida no International Gymnastics Hall of Fame.[4]
Principais resultados[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ And the steel was broken. Olympic Panorama, xullo-setembro de 1990. páx. 33 e 34. ISBN 0204-2177
- ↑ COMANECI, Nadia. Letters to a young gymnast. Basic Books, Nova York, 2003. ISBN 0-465-01276-0
- ↑ "Lilia Podkopayeva". GymMedia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2008.
- ↑ "LUDMILLA TOURISCHEVA". International Gymnastics Hall of Fame (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Chechenia
- Nados en 1952
- Ximnastas de Rusia
- Medallistas olímpicos en ximnasia
- Ximnastas olímpicos da Unión Soviética
- Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1968
- Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de bronce pola Unión Soviética