Lilia Podkopayeva
Lilia Podkopayeva | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de agosto de 1978 |
Donetsk | |
Nacionalidade | Ucraína |
Alma máter | Serhiy Bubka College of Olympic Reserve |
Ocupación | ximnasta artística |
Premios | Order of Princess Olga, 3rd class, Honorary Diploma of the Cabinet of Ministers of Ukraine, Order of Merit (Ukraine), 2nd class, Honored badge of merit of the President of Ukraine, sen etiquetar e Honored Master of Sports of the Ukraine |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lilia Alexandrivna Podkopayeva (en ucraíno Лілія Олександрівна Подкопаєва; en ruso: Лилия Александровна Подкопаева), nada en Donetsk o 15 de agosto de 1978 é unha ex-ximnasia ucraína, campioa olímpica en 1996. É coñecida como a ximnasta completa, por posuír movementos técnicos e de expresión artística fundidos, ou sexa, as súas rutinas contiñan coreografía expresiva, ballet, postura e execucións limpas e competencias de dificultade elevada. Alén diso, posuía unha gran proba do concurso xeral e deu nome a movementos da Federación Internacional de Ximnasia como o salto Podkopayeva, que se realiza no chan.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Podkopayeva comezou na ximnasia incentiva pola súa avoa. De nena, chegou a adestrar co equipo da Unión Soviética con Leonid Arkaev. Xa na Ucraína independente, comezou a practicar no National Training Center en Kiev, con Ludmilla Tourischeva, campioa olímpica e mundial.[2] Os seus maiores resultados chegaron entre 1994 e 1996, nas disputas olímpicas e mundiais. Podkopayeva é trimedallista olímpica,[3] con dúas de ouro e unha de prata en Atlanta e tetramedallista en mundiais, na edición de Sabae.[4]
Trala súa retirada casou co empresario ucraíno Timofei Nagorny, co que adoptou un fillo, Vasim, e tivo unha filla, Karolina.[5] Dende entón, continúa relacionada coa ximnasia:[2] é a embaixadora ucraína do Consello Europeo Deportivo, foi xuíza da modalidade en 2004 e técnica no seu país e nos Estados Unidos. En Ucraína fundou o Golden Lily Tournament en 2002, cunha cerimonia ximnástica de gala.
Principais resultados[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biography". The Lilia Podkopayeva Shrine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2009. Consultado o 7 de decembro de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 "Lilia Podkopayeva". GymMedia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2008.
- ↑ "Perfil - Lilia PODKOPAYEVA". BestSports (en portugués). Consultado o 7 de decembro de 2008.
- ↑ "The Lilia Podkopayeva Shrine - Awards". The Lilia Podkopayeva Shrine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2009. Consultado o 7 de decembro de 2008.
- ↑ "Lilia Podkopayeva gives birth to baby girl". GymMedia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2008.