Sawao Kato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sawao Kato
Sawao Kato 1970.jpg
Kato en 1970
Información persoal
NacionalidadeXaponesa
Nacemento11 de outubro de 1946
Flag of Japan.svg Niigata, Xapón
Alma materNiigata Prefectural Niigata Minami High School
Altura1,63 metros
Peso59 kg
Deporte
DeporteXimnasia artística
Retiro1977
editar datos en Wikidata ]

Sawao Kato (加藤 沢男 Katō Sawao?), nado o 11 de outubro de 1946, é un ximnasta xaponés retirado. Foi un dos máis laureados atletas olímpicos, obtendo entre 1968 e 1976 once medallas, das cales oito foron de ouro.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kato naceu na prefectura de Niigata e estudou na Universidade Tokyo Kyoiku. Competiu por primeira vez nuns xogos olímpicos en 1968, xunto co seu irmán maior Takeshi. Gañaron na competición, con Sawao conseguindo medallas en ximnasia rítmica e sobre o chan. Quedaron terceiros nos aros.[1]

Catro anos despois o equipo de ximnasia masculina xaponés dominou as Olimpíadas de 1972, obtendo 15 das 21 medallas individuais. Kato gañou medallas de ouro nas barras paralelas e de prata na barra horizontal e cabalo con alzas. Tentou obter unha terceira medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de verán de 1976, pero foi derrotado por Nikolai Andrianov. A competición do equipo estaba rematada, pero os xaponeses derrotaron os soviéticos por catro décimas de segundo, gañando o seu quinto título consecutivo. Kato pechou a súa carreira olímpica retendo o seu título nas barras paralelas.[1]

Kato é un dos dez atletas que gañaron oito ou máis medallas olímpicas de ouro. É un dos ximnastas masculinos de maior éxito nos Xogos Olímpicos: as súas oito medallas de ouro e doce medallas en total marcan un mellor rexistro cas sete de ouro de Nikolai Andrianov e quince en total, sete de ouro e trece en total de Boris Shakhlin, e que Takashi Ono con cinco de ouro e trece en total. Gañou máis medallas de ouro olímpicas que calquera outro deportista olímpico xaponés e é o segundo tras Ono no número total de medallas. En 2001, Kato foi introducido no International Gymnastics Hall of Fame (Salón da Fama Internacional de Ximnasia).[2]

En 2010, Kato foi nomeado profesor emérito da Universidade de Tsukuba.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Sawao Kato. sports-reference.com
  2. "SAWAO KATO". International Gymnastics Hall of Fame. Consultado o 12 de maio de 2007. 
  3. The Statue of Dr. Jigoro Kano Unveiled. University of Tsukuba. 1 de decembro de 2010.