Olga Korbut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olga Korbut
Olga Korbut Milan 1972.jpg
Nacemento16 de maio de 1955
 Hrodna
NacionalidadeUnión Soviética
Alma máterYanka Kupala State University of Grodno
Ocupaciónximnasta artística
PremiosOrde da Insignia de Honra, Order of Friendship of Peoples e Mestre Honorário de Desportos da União Soviética
editar datos en Wikidata ]

Olga Valentinovna Korbut[nb 1], nada en Hrodna o 16 de maio de 1955 é unha ex-ximnasta belarusa. Apodada o "pardal de Minsk", gañou catro medallas de ouro e dúas de prata nos Xogos Olímpicos, nos que competiu en 1972 e 1976, para o equipo da Unión Soviética,[1] e foi a primeira seleccionada para o International Gymnastics Hall of Fame en 1988.

A pesar de que se retirase da ximnasia en 1977 con vinte e dous anos, considerada aínda nova para a ximnasia,[2] a influencia de Korbut foi ampla.[3] Os seus exercicios nos Xogos de 1972 están considerados como redefinitorios da ximnasia, cambiando o deporte para dar máis énfase á acrobacia e á técnica en vez de ao ballet e a elegancia, ademais de converter a ximnasia nun dos deportes máis populares do mundo.[2]

Innovacións[editar | editar a fonte]

A nivel técnico os dous elementos máis importantes que introduciu Korbut na ximnasia artística son o "salto Korbut" (salto mortal atrás sobre a barra de equilibrios) e o "flip Korbut" (solta nas barras asimétricas en que a ximnasta se dá a volta no aire antes de volver a agarrarse á barra). O salto Korbut foi vetado debido á súa perigosidade.

A nivel popular Korbut sempre soubo atraer a atención do público e aínda que o seu palmarés non pode compararse co de Ludmilla Tourischeva, foi un ídolo de masas e contribuíu a unha difusión inédita da ximnasia. Korbut inaugurou unha nova xeración de ximnastas delgadas e con pouca estatura (medía 1,49 metros e pesaba 38 quilos), mais con gran potencia muscular e movementos explosivos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. belaruso: Во́льга Валянці́наўна Ко́рбут, Volha Valancinaŭna Korbut; ruso: Ольга Валентиновна Корбут

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]