Katie Holmes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Katie Holmes
Katie Noelle Holmes.jpg
Nome completoKate Noelle Holmes
Nacemento18 de decembro de 1978
LugarToledo, Ohio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enUniversidade de Columbia
Cónxuxe(s)Tom Cruise
FillosSuri Cruise
Profesiónactriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, directora de cine, produtora e actriz
editar datos en Wikidata ]
Katie Holmes

Kate Noelle Holmes, máis coñecida coma Katie Holmes, nada o 18 de decembro de 1978, e unha actriz estadounidense. Acadou a fama polo seu papel de Joey Potter en WB Television Network na serie de drama adolescente, Dawson's Creek de 1998 a 2003. Os seus papeis en películas abranguen xéneros coma o cine arte con películas como The Ice Storm, thriller coma Abandon, a éxitos de público coma Batman empeza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Holmes naceu en Toledo, Ohio, sendo a máis nova nunha familia de cinco fillos (catro fillas e un fillo), de Kathleen A. Stothers, unha ama de casa, e Martin Joseph Holmes, Sr. (nado en 1945), un avogado especializado en divorcios. Os seus irmáns son Tamera (nada en 1968), Holly Ann (nada en 1970), Martin Joseph, Jr. (nado en 1970), que traballaba coma avogado en Ohio, e Nancy Kay (Blaylock), unha mestra (nada en 1975).

Cando aínda era cativa, asistiu á “Convención Internacional de Talento e Modelaxe”, en Nova York, e foi alí onde coñeceu a Al Onorato, un produtor e representante de artistas, quen notou o talento de Katie e convenceuna a viaxar a Os Ánxeles para actuar nun papel para a televisión. Finalmente, conseguiu o papel que a levaría á fama: converteuse en "Doce Joey", da popular serie Dawson's Creek.

A comezos do ano 2005, semanas despois de terminar a súa relación co actor Chris Klein, Holmes iniciou unha relación altamente publicitada co actor Tom Cruise, dezaseis anos maior ca ela. En xuño, dous meses despois do seu primeiro encontro, Holmes e Cruise formalizaron o seu compromiso de futuro matrimonio. Esta relación converteu a Holmes no branco da atención dos medios de comunicación internacionais, sendo moitos dos comentarios de corte negativo, incluíndo a especulación de que a relación era unha montaxe publicitaria para promover as películas protagonizadas pola parella. Malia que Holmes foi criada baixo a relixión católica ingresou na Igrexa da Ciencioloxía pouco despois de que a parella comezara a frecuentarse. O 18 de abril de 2006, deu a luz a Suri Cruise. O 18 de novembro ela e Cruise casaron en Italia.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]