Metro-Goldwyn-Mayer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A MGM Tower, a antiga sede da empresa.

Metro-Goldwyn-Mayer Inc. (ou simplemente MGM) é unha gran compañía, involucrada principalmente na produción e distribución de películas de cine e programas de televisión. Os seus principais subsidiarios foron MGM Studios Inc., United Artists Corporation e Orion Pictures Corporation (adquirida en 1997). Nunha importante operación mercantil, a empresa foi vendida a un grupo de compañías encabezadas por Sony Pictures Entertainment que é tamén propietaria de Columbia Pictures. MGM ten a súa sede en Beverly Hills dende o 22 de agosto de 2011. Antes desta data, MGM tiña a súa sede na MGM Tower de Century City, Os Ánxeles.[1]

O nome nace das tres compañías que formaron unha fusión corporativa para crear MGM Studios en 1924; Metro Picture Corporation (fundada en 1915), Goldwyn Pictures Corporation (fundada en 1923), e Louis B. Mayer Pictures (fundada en 1918). Louis B. Mayer converteuse no xefe do estudio e Irving Thalberg en xefe de produción. O seu lema é Ars Gratia Artis (arte pola arte mesma) e o seu emblema, creado en 1928, é un característico león.

Metro-Goldwyn-Mayer non está afiliado con MGM Mirage, MGM Distribution, MGM Resorts, MGM Grand Garden Arena nin con MGM Grand Las Vegas.

A empresa declarouse en bancarrota e botou o peche o 30 de xuño de 2010, tras non poder pagar unha débeda duns 3.500 millóns de dólares, o que significaba a fin dunha traxectoria de case 90 anos de existencia, éxito e filmes como Foise co vento (1939), Singin' in the Rain, 2001: A Space Odyssey, The Wizard of Oz (1939) ou Ben-Hur (1959).[2] A MGM informou o 14 de xullo do 2010 que obtivo unha nova prórroga para pagar parte da débeda de 3.700 millóns. O 11 de novembro do 2010, Metro-Goldwyn-Mayer declárase en quebra, presentando a declaración de insolvencia ante un Tribunal de Manhattan. Baixo a protección da Lei de Quebras estadounidense, MGM poderá liberarse das súas deudas, que ascendían a preto de 4.000 millóns de dólares por JP Morgan.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MGM HOLDINGS INC. For the quarterly period ended June 30, 2011." (Arquivo) Metro-Goldwyn-Mayer Inc. Consultado o 6 de febreiro de 2012. "10250 Constellation Boulevard Los Angeles, California 90067 (Address of corporate headquarters through August 19, 2011)" y "245 North Beverly Drive Beverly Hills, California 90210 (Address of corporate headquarters beginning August 22, 2011)"
  2. La empresa declara su bancarrota.