Mocasín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mocasíns no Museo Británico

O mocasín[1] é un zapato baixo, flexible e lixeiro , con ou sen cordón, feito de pel ou coiro que historicamente constituía o calzado tradicional de boa parte dos pobos amerindios de América do Norte e que adoptaron moitos dos cazadores, comerciantes e colonos europeos que se estableceron nesa rexión.

Etimoloxía e nomes tradicionais[editar | editar a fonte]

Mocasín deriva do algonquino, e así na maioría das linguas dese grupo empréganse formas semellantes:

Outras linguas da rexión empregan formas ben diferentes:

A palabra chegou a Europa, concretamente a Francia, a primeiros do século XVII procedente do Quebec baixo a forma de mekezen vía o algonquino canadense makizin. Aínda que se mantivo o seu uso en francés, non era unha palabra de uso xeral e no século XIX popularizouse a través do inglés moccasin [20] que procedía tamén do algonguino, mais doutro dialecto, mocksain.

Historia[editar | editar a fonte]

Especie de mocasín do calcolítico que se atopou en Armenia de máis de 5 500 anos de antigüidade

En 1940 atopouse en Spirit Cape en Nevada, un home parcialmente momificado, e calzaba mocasíns de coiro; nun primeiro momento estimouse a súa antigüidade en 1500 ou 2000 anos. Novas investigacións déronlle unha antigüidade de 9 400 anos[21]. Os mocasíns son de sola branda con tres pezas con dobras na punteira preto da empeña e na boca cosíase o enrolamento do nocello, só se utilizaron fibras vexetais e encaixes. Tamén se empregaron insercións de tea feitas de tule.

Aínda que fóra da área xeográfica de expansión do mocasín tamén se atopou nunha cova da rexión de Vayots Dzor, en Armenia, non moi lonxe da fronteira actual con Irán e Turquía [22] unha especie de mocasín dunha antigüidade de máis de 5 500 anos.

En 1968 en Hogup Cave en Utah descubriuse un achado posterior, un total de 23 mocasíns datados no ano 420 d. C. e pertencentes a tres estilos: Fremont, xarrete e Hogup[23]. Os mocasíns Fremont presentan un corte diagonal inusitado feito de pata de cervo (ou antílope) cosidas e deixábanlle rudimentarias gadoupas, unha especie de esporón, que servían de punteiros na sola. Os mocasíns tipo xarrete facíanse a partir da pel de bisonte, quitándolle o xarrete do animal cinguindo a pata en dous puntos e retirando a pel en forma de tubo, especialmente cortados para que o ángulo natural en forma de L da pel servise como calcañar do mocasín. Os mocasíns calsificados como Hogup realizábanse a partir dunha única peza de pel que se dobra sobre o pé e que se cose na punta das dedas e engadíase unha sola exterior separada da peza básica e cosíase unha cobertura arredor do nocello para darlle unha aparencia semellante a unha bota. Outros achados en lugares cubertos de xeo no Yukón e un mocasín nunha cova de Colorado tamén se datan na mesma época.

A primeiros da década de 1930 descubriuse un tesouro de 800 anos de antigüidade con máis de 250 mocasíns nunha cova en Promontory Point, un cabo do Gran Lago Salgado, situados cronoloxicamente entre a cultura prehistórica Fremont e a histórica dos shoshone. Os achados van dende o ano 1100 ou 1150 ata o 1600 porén a maioría sitúanse no ano 1275. Os calzados son de estilo "punteiro engurrado", máis tarde característico das tribos da costa noroeste, tlingit e tsimshians, e distínguense por unha insersión ampla pero curta; algúns parecen mocasíns con costuras laterais, e tamén hai zapatos, que consisten só na parte inferior, que se xunta no pé mediante unha tira enfiada en moitos orificios. O material que se empregou era pel de bisontes, pero tamén de cérvidos, alces, antílopes américanos e osos. Cosíanse con veas e fibras vexetais, con puntos moi grandes e hai vestixios de numerosas reparacións. Moitos mocasíns teñen soletas feitas con casca de cimbro moída e algúns teñen flocos e restos de bordados de pugas de porco espiño [24][25].


Tipos[editar | editar a fonte]

O mocasín é un zapato cunha sola suave, feito de coiro sen curtir ou curtido ao xeito amerindio. Hai múltiples estilos de mocasíns segundo os diversos pobos que os elaboran, tanto tendo en conta o propio patrón como os adobios que levan. No modelo máis coñecido, a sola chega aos bordos e por riba das dedas, onde se une, mediante unha costura pregada, a unha peza en forma de U na parte superior do pé.

Mocasíns de sola branda[editar | editar a fonte]

Mocasín de sola branda

Nas zonas boscosas e ao primeiro nas Grandes Planicies os mocasíns facíanse por completo de coiro sen curtir de veado e sen a superficie frontal. A pel orientábase co bakhtarma cara ao interior. Os patróns e en consecuencia os produtos que elaboraban as diferentes tribos diferían en deseño, pequenos detalles e ornamentación. Non obstante, as tribos podía tamén usar diferentes tipos de mocasíns ao cambiar as preferencias co tempo e ademais cada par de mocasíns adoitaba ter características únicas.

Con frecuencia os mocasíns cortábanse dunha única peza de material. A versión máis antiga e a máis sinxela levaba unha costura vertical formando dobras no medio da parte elevada Tamén contan cunha segunda costura na parte posterior. Os mocasíns dos salish, nuu-chah-nulth, cherokees, semínoles, alabamas e muskogee deste estilo, coñecidos como mocasíns de pantano, uníanse principalmente con correas de coiro ás dedas é o nocello e ao tempo, no canto de realizar un nó na propia punteira, quedaba unha punta estendida lisa ou dentada da correa. No sueste, as solas dos mocasíns podíanse recubrir con resina da árbore como protección. Entre os muskogee, logo de morrer, os corpos queimábanse coa mellor parella de mocasíns do morto[26].

Os apaches empregaron ata mediados do século XVIII mocasíns con costura central e aínda os utilizan os navajos para determinadas danzas rituais e os curandeiros dos kiowas e mais os osages para algunhas cerimonias. Estes mocasíns cosíanse con catro pares de buratos na parte dianteira e dous na traseira usando anacos de veas grosas. En diferentes cortes, a costura central localízase só na empeña ou un pouco por riba da sola.

Nas chairas do norte e do centro, así como na zona boscosa e na Meseta, moitas tribos usaban dende antigo mocasíns de costura lateral, cortados dunha peza de coiro suave e cunha costura lateral a percorrer a punteira e logo ía só dende o exterior ata o talón. Moitas veces tiñan un copete dunha soa peza aínda que tamén podía estar cosida ou estar totalente ausente. Poderían ser estes mocasíns de costura lateral os que, por influencia do calzado europeo, os que se converteron no modelo do macasín de sola dura; así e todo, estes mocasíns brandos de costura de verdade non deixaron de ter uso, os pés negros denominábanos niit-tsi-tsi-kiin (mocasíns de verdade) en oposición os máis novos, de dúas pezas e de sola dura, que se difundiron coa chegada dos cabalos[27].

Mocasíns de sola dura[editar | editar a fonte]

Mocasíns apaches datados contra 1880

A partir das décadas de 1830 e 1840 os mocasíns de sola dura comezan a se espallar polas chairas, en especial no sur e particularmente entre os comanches aínda así non se xeneralizaron ata a década de 1850. Nas chairas do norte non apareceron ata as décadas de 1850 e 1860. As solas ríxidas facíanse de coiro cru máis groso e coa conservación da superficie frontal, que se orientaba cara ao interior do mocasín. As solas aínda eran bastante suaves e delgadas, arredor de 3 mm, ao se coser os mocasíns de dentro cara a fóra e logo darlle a volta. A forma das solas variaba segundo as diferentes tribos. En xeral, non era habitual mendar os mocasíns de sola branda desgastados pero os modocs e mais os pawnees si que lles cosían solas duras aos vellos de sola branda. Si era máis habitual nos mocasíns bordados reutilizar a parte superior co bordado tras estragarse a sola dura. No suroeste entre os pueblos, navajos, apaches, paiutes, yumas, hualapai as solas eran moi grosas para se protexeren contra das espiñas dos cactos, as serpes e as pedras afiadas. Algúns mocasíns de sola dura teñen unha inserción estreita en forma de cuña na empeña, entre os apaches mescaleros é longa e estreita, entre os utes é máis curta e entre os osages a incisión queda aberta, sen lingüeta, mais na súa parte inferior hai buratos para un encaixe.

Mocasíns altos[editar | editar a fonte]

mocasíns de muller dos arapaho do sur. Contra 1910

En moitas ocasións os mocasíns carecen de adobíos pero presentan lapelas no nocello que, de non estaren bordados, pódense levantar ou envolver e cando esta lapela está decorada sempre se levantaba, no que constituía a cana do mocasín que podía chegar ata o xeonllo. Ás veces as canas cosíanse ao calzado sen un corte por diante e estaban medio dobrados cara a fóra. Os mocasíns de costura central pregada cortábanse nunha soa peza coas canas. As canas altas ás veces alongábanse na parte dianteira e as canas moi altas atábanse con amallós longos.

Dende finais do século XIX existen exemplares pechados lateral ou frontalmente con cobre ou calquera outro tipo de botón. A correa frontal fíxase cun botón. Con canas estreitas correntes, púñase un botón e unha lazada situadas nas esquinas superiores. Nas canas cosidas, o botón e a botoeira de reberete tamén estaban nas súas esquinas. Nas canas máis altas os botóns estaban nas súas extensións, en xeral eran de dous a cinco aínda que se coñece entre os nez perce mocasíns cunha ringleira de once pezas. Unha variante rara é o fixador dun par de mocasíns cheyenne que presentan unha correa con abelorios cosida ao tecido redondeado que se eleva só na zona da costura do calcañar.

Para as mulleres solteiras dos kiowas, comanche, cheyennes do sur, tonkawas que habitaban as Grandes Chairas e tamén no caso dos apaches, xa no suroeste, elaboraban mocasíns (tanto con solas suaves como duras) con canas cosidas, fixadas con lazadas baixo os xeonllos. As canas adoitaban ter unha fenda lateral ou preto da parte dianteira que se pecha con botóns, ás veces formando unha ringleira axustada, encordadas con lazos de coiro ou simplemente enrolados con cordóns. Cando se utilizan ligaduras pódense coser un par de ringleiras de botóns de latón ao xeito de enfeite. A parte superior da cana adoitaba estar envolveita e decorada con franxas. Algunhas tribos das chairas, da Meseta do Columbia e da Gran Conca non cosían os mocasíns ás canas. Os arapaho e os pés negros utilizan ámbalas opcións. Ás veces as canas cosidas eran de tea.

Os mocasíns do suroeste (pueblo, navajo, apache, paiute, hualapai, yuma) tiñan canas altas que se ataban ou abrochaban lateralmente con 1-3 botóns que procedían de grandes placas de alpaca ou prata traballados polos navajo. Así e todo, a principios do século XX había mocasíns apache con peche frontal, complementado cun encaixe que rodeaba os mocasíns polo pregamento do pé. Entre os pueblo, os mocasíns femininos teñen unha cana moi longa de coiro branco groso, que se enrola varias veces arredor da perna e se amalloa cunha correa por debaixo e por riba do xeonllo. As canas formadas dese xeito tamén se poden atar coa axuda de tres pezas de correas, nunha lazada ao longo da pel. En moitas ocasións os mocasíns, masculinos e femininos, do suroeste son botas ata os xeonllos con canas dunha soa peza e presas no lateral. Entre os navajos e pueblo, por veces, chegan só á altura do papo da perna.

Mocasín pantalón atapascano

Nas rexións forestais, entre os atapascanos e micmacs, ademais dos mocasíns comúns que eran de sola branda, tamén se coñecían as botas ata os xeonllos, e os atapascanos tamén tiñan mocasíns con cana ata a cintura e tamén cosían os pantalóns cos mocasíns, o que tamén facían os tlingit. Entre os atapascanos, o modelo invernal era habitual coselo con peles con pelame no seu interior. Segundo as tribos atapascanas, eses pantalóns só os utilizaban as mulleres no inverno ou tanto por homes como mulleres en diferentes épocas do ano. Nalgúns casos os mocasíns tamén se podían elaborar con pel de peixe, como o melgacho ou tamén de beluga, como no caso dos atapascanos da costa.

Algo máis tarde, os cazadores brancos canadenses e os cree comezaron a usar botas altas de mocasín (mistikwaskisin) con amallós de tipo europeo por diante por toda a parte superior.

Amallós[editar | editar a fonte]

Mocasíns seneca con amalló por baixo da boca

Unha característica dos mocasíns é que polo xeral non teñen un amalló cruzado por medio de fileiras paralelas de agulletos. Nos tipos lisos os amallós, unha tira de coiro, pásanse por dous ou catro, e ocasionalmente máis, agulletos emparellados localizados a media altura do mocasín. Os amallós amarran na bóveda plantar ou mesmo soben un pouco máis arriba ata os cantos da abertura por medio dun par de ollais dobres. É menos frecuente que todo o amalló pase por debaixo da boca do mocasín e ás veces os amallós tamén pasan por un par de buratos no copete ou por orificios individuais nos cantos superiores opostos ao corte. Os amallós non cobren a parte traseira dos mocasíns, senón que se fixan nos buratos laterais coa axuda de nós. Se só hai dous buratos nos cantos da zona frontal pásanse por eles dous lazos curtos e amarrados.

Moitas veces utilízase unha fita de tea, estreito ou longo, para a funda que tamén pode pasar por baixo da lapela rebaixada. Tamén se cose unha fita de tea ao loongo do bordo de toda a boca do mocasín, como unha franxa e os seus extremos libres forman lazadas. Unha cinta de tea tamén está cosida ao longo do bordo de todo o pescozo como unha franxa, e os seus extremos libres forman lazos mais no mesmo lugar, a lapela pode forman un amalló cosido con fíos polo que pasa un encaixe de coiro e nalgún caso, pouco frecuente, as fitas curtas cósense nos cantos dianteiros do mesmo lugar, a solapa pode formar un cordón cosido con fíos, polo que se pasa un encaixe de coiro.

Os mocasíns de cana alta teñen un cordón moito máis longo para que se poidan enrolar arredor da canela para manter a cana levantada. Tamén se fan pasar por buratos pareados ou únicos, na parte inferior da cana. Os mocasíns dos innu e naskapi poden ter presillas de coiro en lugar de buratos, o que contribúe á súa hermiticidade.

No caso dos mocasións ao xeito de botas, qu están amarrados na unión entre o pé e a parte inferior da perna non requiren amallós longos e ademais de por agulletos poden pasar a través de lazos formados por tiras de coiro ou cordeis con catro fíos de doas. Se as tapas se fan con coiro suave tamén teñen lazadas de suxeición ao longo da parte superior desas tapas e se a parte superior conta con lapela entón o encaixe ocúltase debaixo.

Os klamath utilizaban ligas nos seus mocasíns de sola dura e así cosían dous lazos longos na costura lateral da sola e o lazo que sae libremente do talón atravésaos e amarra na empeña. Tamén existen exemplos de imitación da forma europea de enlazar a través dos buratos como no caso dos huróns ou por medio de tres pares de aneis de latón que se cosen na sección central como bno caso dos iroqueses. O amalló de estilo europeo distingue as botas mocasíns tardías, carecen de corte por diante e teñen dúas dobras ou tiras de coiro cosidas con buratos ao longo dos bordos, polo que os amallós van cruzados.

Decoración[editar | editar a fonte]

Mocasíns comanches con flocos; aproximadamente da década de 1880

O deseño do mocasín seguiu o estilo imperante en cada tribo, cos seus propios símbolos e asemade os mocasíns tamén incorporaban símbolos específicos do propietario. Os mocasíns bórdanse polo xeral con abelorios, plumas de porco espiños tinguidas e pelo de alce, para alén doutros diversos materiais aos que lle aplicaban motivos diversos pintados, e isto último era típico no século XVII das tribos da costa nordés dos actuais Estados Unidos e mais o Canadá. Os diversos deseños teñen un significado simbólico. Amais os mocasíns tamén se tinguían, total ou parcialmente. A cor tamén se aplicaba coa técnica da afumadura aínda que tamén existía unha moda recorrente de uso do coiro branco, mesmo na época das reservas. Ás veces tamén se bordaban as lapelas dos mocasíns, habitualmente coas pugas dos porco espiños, e tamén podíanse facer con tea ou revestidas con apliques de tecido. Entre algunhas tribos, como os huróns, tamén era común a decoración das canas altos, permanentemente erguidas e noutras, pola contra, non as decoraban como era o caso dos pawnee. As canas que adoitaban estar desencartadas e amarradas con cordóns, bardante algunha excepción, non se decoraban. As contas, ás veces borlas, tamén se usaban para decoraren as longas lingüetas dos mocasíns. Unha costura con abalorios pode cubrir o encaixe que percorre a boca, e formar unha especie de amalló, sólido ou a partir de anacos separados. Os propios amallós tamén se poden decorar. A parte de atrás, que non se amarra, ocasionalmente envólvese con pugas de cores de porco espiño, e os encaixes dos modernos mocasíns atapascanos decóranse nos cabos con borlas de fíos de la de diversas cores.

Entre os sioux, pero tamén entre os arapaho e os cheyennes, a partir de 1880 mesmo as solas dos mocasíns estaban bordadas con abelorios e máis raramente con pugas de porco espíño, utilizábanse en ocasións especias como funerais ou vodas como un agasallo no que o destinatario tiña que desfacer o bordado da sola durante o baile de honra.

Os pobos das chairas do sur: comanches, kiowas, apaches das chairas, cheyennes, arapahos, wichitas ou tonkawas, aínda que non os apaches, caracterizábanse por usar mocasíns cun longo floco na empeña e unha costura vertical no calcañar, que tamén tiña un floco e quedaba unha ampla lapela na boca do mocasín. Ás veces floco na empeña substituíase por unha fileira de colgantes de folla de lata en forma de cono.

Tamén se engadiron flocos, como no caso dos nlakapamuk, ao longo da costura lateral circular dos mocasíns de sola branda. Colocábase enriba da costura ou cosíase como unha banda. O floco facíase circular, limitado ao lado exterior, ou ocupadba só unha parte da costura do lado exterior; podía ser uniformemente curto ou ampliarse gradualmente cara ao calcañar; que tiña unha costura que tamén se decoraba cun floco. O floco tamén se podía coser na costura que ligaba o mocasín coa cana. Ademais algúns dos mocasíns de sola branda ojibwe tamén teñen un floco non moi longo ao longo da costura central.

Ocasionalmente, os mocasíns lisos con sola dura están decorados cun floco curto ao redor de toda a sola, que está cortada dunha tira de reberete que sobresae. Ademais, para mocasíns de sola dura, e tamén para os brandos cunha costura lateral exterior, este floco pode ser ben longo. Ao mesmo tempo, complícase pola conexión transversal de todas as franxas cun amalló que se enrola na base con pugas de porco espiño.

Os mocasíns dos xefes e outras autoridades cheyennes decorábanse con rabos de bisonte cosidos os calcañares ou con guechos de pelo dos bisontes que arrastraban polo chan. Nos mocasíns tamén se podían reflectir un sistema de gradación de proezas, con rabos de coiote, mofeta ou raposo cosidos aos mocasíns e que simbolizaban o núnero de inimigos mortos. As pinturas de Karl Bodmer mostran como estaban unidas á parte traseira dos tacóns, á boca, no lateral ou no canto exterior da lapela. Tamén representou as decoracións dos mocasíns mandan e hidatsa: lapelas amplas tanto con pelo curto como mo longo e cabos moi longos das lapelas que arrastran unha fita de pel, pintada de vermello e decorada con bordados ao longo do bordo. Ás veces esas lapelas non estaban unidas aos mocasíns senón fixadas sobre elas con cordas. Decoracións con pel de oso, xunto coas farpas tamén os usaban os xamáns síux.

Entre os pobos das chairas do sur, os altos mocasíns das mulleres adoitaban decorarse cunha ou tres filas de placas de metal que se facían de alpaca, cobre, latón ou prata e podían ser lisas ou con ornamento. No reverso cosíanse as cordas para a súa fixación. Os artesáns navajos realizaban placas con lingotes de pratas, mentres o resto efectuábanas a partir da reutilización de moedas. Os mocasíns dos pobos do suroeste nunha alta proporción carecían de decoración, agás placas redondas de prata ou alcapa que fan de broches; non obstante, o que é característico nestes pobos é o uso da cor, así entre os pueblos os mocasíns femininos teñen a sola tinguida de negrou ou ocre avermellado, e a parte superior e a cana son brancas, mentres a punta pode estar colorada. Os mocasíns masculinos entre os zuñís, acoma pueblo, hopi e navajo pola contra teñen unha sola branda e a parte superior da punte e, ás veces, a parte superior é castaña, vermella, azul e menos frecuentemente netro. Os atavíos dos mocasíns de baile hopi e zuñí para hoes poden ser máis elaborados; co uso de abelorios e core outros elementos, como lapelas na parte superior, franxas. Presentan tamén unha lingüeta decorativa de coiro no medio da empeña, e a parte traseira cúbrese cunha especie de decoración en forma de fita de coiro solta e bordada con fíos de cores mediante a técnica de macramé, abelorios ou pugas de porco espiño; tamén se poden pintar completamente de branco na parte superior, agás as lapelas superiores, de cor vermella co bordo amarelo, e a lingüeta multicolor.

Calzado dos pobos de América do Norte[editar | editar a fonte]

Calzado dos pobos nativos norteamericanos antes do século XX
Pobo Sempre descalzos Principalmente descalzos Mocasíns de pantano Mocasíns de sola branda Mocasíns de sola dura cosida Mocasións de sola dura Mocasíns tecidos Sandalias
Sueste
Alabama
Caddo
Calusa
Cherokee
Chickasaw
Choctaw
Muskogee
Natchez
Seminole
Síux do leste (catawba e waccamaw)
Тimucua
Yuchi
Nordés
Abnaki
Ojibwa
Lenape
Meskwaki
Hurón
Iroqueses
Menominee
Miami
Otawa
Penobscot
Potowatomi
Sauk
Shawnee
Hoocągra
Pobos nativos de Virxinia
Powhatan
Secotan
Grandes Planicies
Аrapaho
Аrikara
Assiniboine
Pés negros
Cheyenne
Comanche
Crow
Quapaw
Dakota
Iowa
Кiowa
Mandan
Оmaha
Osage
Pawnee
Nêhiyaw
Lakota
Pobos nativos de Техаs
Suroeste
Apache occidental, Chiricahua, Jicarilla
Mescalero
Тaos, Хемес-пуэбло
Jemez
Hopi
Navajo
Pima
Gran Cunca
Paiute do norte
shoshone
Paiute do sur
Ute
Meseta
Klamath
Cayuse
Nlaka'pamux
Modoc
Sinkiuse-Columbia
Bitterroot salish
Salish do interior
Kutenai
Nez perce
Wasco-Wishram
Yakama
California
Аtapascanos de California
Chumash
Ohlone
Hupa
Maidu
Pobos do sur de California
Miwok
Mohave
Pomo
Shasta
Wintu
Yana/яхи
Yokuts
Yuki
Quechan
Yurok
Noroeste Pacífico
Nuxalk
Chinook
Salish da costa
Haida
Kwakwakaʼwakw
Nuu-chah-nulth/makah
Pobos nativos de Оregón
Pobos nativos de Puget Sound|
Quinault
Tinglit
Tsimshian
Pobos nativos da costa do estado de Washington
Аlasca e norte do Canadá
Atapascanos
Costa norte
Aleutiano
Esquimó


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mocasín.
  2. Random House Dictionary. — Random House, Inc., 2014.
  3. 3,0 3,1 American Heritage. Dictionary of the English Language. — Houghton Mifflin Harcourt Publishing Company, 2010.
  4. 4,0 4,1 4,2 Online Etymology Dictionary Arquivado 05 de decembro de 2015 en Wayback Machine..
  5. Lenape Talking Dictionary Arquivado 16 de marzo de 2014 en Wayback Machine..
  6. 6,0 6,1 Webster’s New World College Dictionary. — Cleveland, Ohio: Wiley Publishing, Inc., 2010.
  7. Harper D. Online Etymology Dictionary. — 2010.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 8,8 8,9 Canadian Museum of History.
  9. Морган Л. Г. Лига ходеносауни, или ирокезов / Пер. с англ. — М.: Глав. ред. восточной лит-ры изд-ва «Наука», 1983. — pp. 139, 141, 189.
  10. Oneida Language.
  11. The Tuscarora Language.
  12. Cherokee-English Dictionary Online Database.
  13. Cherokee Word of the Week: Moccasin.
  14. Dakota Vocabulary // Curtis E. S. The North American Indian. — p. 155.
  15. Riggs, S. R. A Dakota-English dictionary. — St. Paul: Minnesota Historical Society Press, 1890. — p. 124.
  16. Williamson J. P. An English-Dakota school dictionary: Wasicun qa Dakota ieska wowapi. — Yankton Agency, D. T., Japi Oaye press, 1886. — p. 121.
  17. 17,0 17,1 Константин Е. (Wiolowan). Лакота-русский словарь. — 1999 Arquivado 23 de outubro de 2014 en Wayback Machine..
  18. Catawba Language.
  19. School of Choctaw Language.
  20. Kurtz, Jean-Paul (2014). Dictionnaire Etymologique des Anglicismes et des Américanismes 2. p. 821. 
  21. Sutton, Mark Q. (2015). Archaeology: The Science of the Human Past. Routledge. p. 186. 
  22. AFP, « Découverte d'une chaussure de 5.500 ans, la plus vieille connue au monde Arquivado 06-09-2012 en Archive.is » sur Le Parisien, 10 de xuño de 2010
  23. Aikens, C. Melvin (1970). "Hogup Cave". University of Utah Anthropological Papers (93): 97-109. 
  24. "Finding Footprints: Museum Restores Moccasins From a Mysterious People". Daily Utah Chronicle. 25 de marzo de 2002. [
  25. "The Promontory Culture: Subarctic Canadian People Living in Utah Caves". Natural History Museum of Utah. 
  26. Kostelnik, Michael (maio-xuño de 2017). "Early 19th century men's Southeast moccasins in the Creek style". Whispering Wind 45 (3). 
  27. "British Museum Belt". Blackfoot Digital Library.